Xa non (Franck Meyer)

1 comentário 🕔20:02, 14.Jan 2014

xa non ter argumentos
para demostrar que tes razón
(disque te rexes polo resentemento
e o que non conseguiches)
non ter ganas de deitarte
(mais sen fe na verticalidade)
non ter ganas de erguerte
(ignorando o sentido do descanso)
e ver que nada do importante
importa
un día tras outro
tanto ten
definirse polo que non hai
nin é
malvivir na chapuza
vivir fóra
vivir…

Sobre o autor / a autora

1 comentário

Escrever um comentário 

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios são marcados *