Amar, crear, sandar

Amar, crear, sandar

0 comentários 🕔18:15, 15.Jan 2014

Nacer, existir; non abonda. Cómpre non romper o vínculo.

Unhas das cousas da arte rupestre que máis o lembran son a representación da vulva no Abri Cellier ou a Venus da Cova de Chauvet. Deixo que outra xente acredite na tese de calquera chamada á fertilidade -obsesión se cadra anacrónica, esa da fertilidade humana, dunha fertilidade hipoteticamente fráxil.

Falamos dunha vulva nunha cova, ou sexa dunha primitiva mise en abîme. A femia dentro da femia. Duns cantos humanos introducidos nunha angosta galería nunha viaxe vital invertida, na procura da ligazón coa Nai. Semellante mestría anterior á técnica supón bastante máis amor do que sempre se falou. Se a luz se atopa dentro, de onde xorde, podemos intuír que o trazo nace de quen xa coñecera, estivera xa unha vez e non deixou de amar.

2014-01 François venus chauvet

2014-01 François DSCN7566

2014-01 François DSCN7568

Sobre o autor / a autora

François Davo

François Davo

(França-Galiza)

Sem comentários

Ainda não há comentários

Ninguém deixou um comentário para este post ainda!

ESCREVA UM COMENTÁRIO SOBRE ESTE POST

Escrever um comentário 

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios são marcados *