Músicas de Auel 2. Primeira etapa da incubadora. Ugia Pedreira & Pierrot Rougier

Músicas de Auel 2. Primeira etapa da incubadora. Ugia Pedreira & Pierrot Rougier

0 comentários 🕔11:00, 12.Fev 2014

Lua Auel vivía nun útero, nun pequeno mundo acuático, con ruídos de burbullas onde chegan os sons adozados do exterior. Lua Auel podía desfrutar da voz da mamá que lle cantaba. E mesmo inventámoslle unha nana nunha praia de Ortegal aló nun día quente do inverno. Gustáballe muito e reaccionaba cos pés cada vez que lle chegaba ao ouvido esta melodia.

Nunha triste noite Lua Auel foi posta nun camarote de plástico (a incubadora) arredor dun mundo cheo de aparatos con timbres estresantes: a unidade neonatal. Dentro deste “abrigo de fortuna”, o son parece, ao contrario, moi seco, como se fose dentro nunha caixa de guitarra.

Non había outra maneira para gardar un contacto carnal con ela durante estas dúas primeiras semanas de incubadora nas que ainda non se permitía o canguro, antes de que puidese descubrir a pel de papá e mamá. Logo chegamos a estar até seis ou sete horas xuntos cada día, escoitando os corazóns de tu a tu. Nunca rematamos de ofrecerlle este cariño musical das nosas voces. Foi entón onde cada canto podía acariñar todo o seu corpo sen sordina.

Cada unha das nosas visitas eran novas caricias musicais. Quizais isto deulle gañas de batallarse cada día, de ficar viva ata a proxima volta. Quen sabe! A incubadora transformouse en sala de espectáculo para Lua. Cada un dos seus pais cantando a través da súa pequena xanela e ela movéndose como unha anémona de mar.

Pierrot:  A primeira canción que lle cantei na incubadora foi “She moved trough the fair”, unha canción irlandesa que aprendín había moito tempo nun vinilo do meu pai. Dise que a sua melodía vén da Idade Media. A súa letra en inglés é do poeta irlandés Padraic Colum. Propóñovos escoitar a interpretación de Josh Groban, un cantante californiano… porque el é baritono coma min.

SHE MOVED THROUGH THE FAIR

Sobre o autor / a autora

Ugia Pedreira

Ugia Pedreira

(Galiza)

Sem comentários

Ainda não há comentários

Ninguém deixou um comentário para este post ainda!

ESCREVA UM COMENTÁRIO SOBRE ESTE POST

Escrever um comentário 

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios são marcados *