Omar Kessel, “Betanzos en mí”

Omar Kessel, “Betanzos en mí”

0 comentários 🕔13:00, 12.Fev 2014

A exposición “Betanzos en mi”, de Omar Kessel, pode ser visitada no Edificio Liceo de Betanzos ate o 4 de marzo.

Omar naceu na Habana no ano 1953, leva máis de 20 vencellado a Galicia e 15 de xefe de taller do Centro Internacional de Estampa Contemporánea de Betanzos. É precisamente esta última relación co territorio e as súas xentes o que dá título á exposición “Betanzos en min”. Kessel en esencia impregnado do seu camiñar polas rúas brigantinas, tempos nos que son moitos os discípulos aos que conseguiu iniciar e perfeccionar nas técnicas de estampación, especialmente litografía e xilogravado.

2014 02 Omar Kessel 01132OKsNesta mostra fai unha breve revisión retrospectiva do seu traballo, na que se aprecia un discurso coherente e mantido, dende os carboncillos do traballo de fin de carreira ate os últimos iconos policromados.

Os carboncillos son os únicos traballos en branco e negro da mostra, verdadeiras pezas de coleccionista nas que a liña xa ten unha linguaxe que lle é propia, unha composición tensionada entre a vida, o eros, que nos inunda nos corpos femeninos, e a morte, tánatos, agachado na escuridade das miradas de Orishas e nas mans profanadoras, traslucindo un sincretismo relixioso moi definitorio da espiritualidade cubana, onde os trazos dan saida a rasgos místicos entre o ioruba do oeste africano e o cristián de procedencia española.

2014 02 Omar Kessel 01127OKsA continuación veñen impresionantes lapis a cor sobre fondo negro, óleos e unha pequena sección de litografías da súa prolífica produción. En todos eles as curvas voluptuosas acompáñanse con explosións cromáticas que encarnan o desexo en forma de muller ou de froita tropical –as súas papaias, sempre presentes- en planos de complicadas perspectivas superpostas, veladuras suxerentes e un tratamento delicado dos pregues das teas. Horror vacui, neste neobarroco criollo excesivo, que invade ao espectador. Rostros moitas veces fóra de encadre ou agachados en complexos escorzos, pero que cando aparecen se amosan serios, trascendentes ou malintencionados. E aínda entre eles algún rostro coñecido, ocultando ou descubrindo, facendo exótica á súa musa de pelo vermello.

2014 02 Omar Kessel 00015OKsMención aparte precisan 3 pezas que el denomina ”Iconos”, que son unha evolución conceptual innovadora, sobre as matrices de xilogravado. Grandes planchas de DM tallado e coreado con unha tinta plana, unha vez seca segue sacando outra capa de material e aplicando despois unha nova man de tinta e así sucesivamente. Non hai estampado sobre papel, o que se expón semella unha matriz de tamaño enorme, unha escultura en negativo policromada –dúas delas presentadas como biombo- onde se expresa toda a espiritualidade de Omar Kessel.

Cecebre, 9 de febreiro de 2014.

Sobre o autor / a autora

Xacobe Meléndrez Fassbender

Xacobe Meléndrez Fassbender

(Galiza, 1963) Fotógrafo, criador polifacetado no contexto das artes visuais, curador de exposições e comprometido agitador sócio-eco-cultural. Leva mais de 25 anos publicando esporadicamente artigos, entrevistas, críticas, etc, em diversos meios galegos.

Sem comentários

Ainda não há comentários

Ninguém deixou um comentário para este post ainda!

ESCREVA UM COMENTÁRIO SOBRE ESTE POST

Escrever um comentário 

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios são marcados *