Paulino Pereiro: <em>Poemas nepalís</em> e dúas composicións para cuarteto de corda

Paulino Pereiro: Poemas nepalís e dúas composicións para cuarteto de corda

0 comentários 🕔11:00, 26.Fev 2014

Poemasnepalis_titulo

Paulino Pereiro

Poemas nepalís

Poemasnepalis_1

I
Atardecer
Cara ao atardecer, a tristeira cor laranxa
queima os ollos coma nunha despedida.
De vagar, a nube violeta viaxa
no columpio do vento.
O recordo da tarde entra
pola porta que lle abre a noite.
Da sombra regresaron as preguntas
para arderen nos meus ollos
coma frías navallas

Poemasnepalis_2

II
Coma min
No sangue do ceo
que leva os meus soños
unha persoa coma min
bebeu o lamacento diamante
dunha nova vida.
O son brillante desa estrela
apagou o seu lume
no lago escuro dos meus ollos.
Ascendeu o sangue coma a brétema
e diluíuse na cor da noite.

Poemasnepalis_3

III
Montaña

Resido no medio do camiño.
Detéñome nas palabras elementais
con que construír a procura.
Indeciso, como a montaña, agardo.
Son.!
Como a brétema delicada
que viste, con lizgairo pano de seda,
o cumio,
como a montaña,
co seu chapeu de neve
e co seu traxe de néboa,
para ninguén.
Nada importa a palabra escura da montaña.
No seu cumio, a música convértese en vento.

Poemasnepalis_4

IV
Lúa chea

Hoxe hai lúa chea.
De vagariño viaxa o día
nos ombros da noite.

O asombro ante a grandiosidade
desacouga, por un instante,
o corazón aberto de par en par.

Non detén a neve a súa caída
aínda que ninguén a mira.
Nova pel que nos oculta da noite.

Na inmobilidade do pensamento
a imaxe dos campos paséase
por diante dos ollos.

Poemasnepalis_5

V
Cremación
Con lume, os recordos mataron a distancia.
Regresaron as imaxes no avión da memoria.
Na pira funeraria o cadáver esnaquizouse.
Convertido en fume grisallo, quen foi home
foxe ceo arriba.
Formará parte do vento frío.

Poemasnepalis_6

VI
A linguaxe da escuridade
Xusto despois do atardecer algo arde no meu corazón.
Con voracidade as arañas esnaquizan o tempo.
Gobernan as nubes o reino do solpor.
Nese preciso momento, o día enteiro
entrégame unha longa carta de xeo.

Tras romper a xanela da noite
a linguaxe da escuridade
emprende viaxe no voo dun corvo solitario.
Desde moi lonxe, até a miña casa
veu o convidado de tinta.

Poemasnepalis_7

VII
Flores de meu
Ao meu xardín ninguén se achega.
A quen ei mostrar as flores?
Cara ás montañas retorna, con présa,
o resplandor roubado á natureza.
Coma un paxaro multicolor
emprende o voo das nubes,
mergúllase na auga dos ríos
e morre no interior dun cántaro.
E eu morro con el.
Ao final, renacerei
para alimentar novas flores
nun xardín alleo.

Poemasnepalis_8

VIII
Montañas e luces
Atardecer.
Vive a luz do sol no cumio das montañas de cúrcuma.
O lume, no medio do bosque encosta,
apenas pronuncia a súa palabra.
A brétema descende a montaña,
en silencio,
para reunirse co fume gris.
Atardece.
Nada ocorre.
As montañas son corpos impotentes,
corpos tristeiros
incapaces de recordar
cando estaban nus.

Poemasnepalis_9

IX
Choiva intensa
Unha extensa mancha grisalla
viaxa co ruído do motor do vento gris.
Chove en liñas coma navallas
golpeando a terra.
Non hai acubillo ante o sombreiro
de auga selvaxe.

***

Estas dúas composicións do propio autor para cuarteto de corda sobre unha melodía tradicional nepalí (Resham Firiri) foron interpretadas na estrea en Lugo polo Grupo Instrumental Siglo XX dirigido por Florian Vlashi.

Florian Vlashi naceu en Durres (Albania) en 8 de Novembro de 1963. Desde 1992 é membro da Orquestra Sinfónica de Galicia.

Para Lokesh. Op. 129

      Op. 129 Para Lokesh LUGO

Variación sobre o himno de Nepal. Op. 167

      Op. 167 Var Himno Nepal (Florian)

 

Sobre o autor / a autora

Sem comentários

Ainda não há comentários

Ninguém deixou um comentário para este post ainda!

ESCREVA UM COMENTÁRIO SOBRE ESTE POST

Escrever um comentário 

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios são marcados *