<em>de baleas</em>, libro en construción

de baleas, libro en construción

0 comentários 🕔12:00, 26.Mar 2014

Em Palavra Comum estimamos que cada hora do dia é um momento ajeitado para a escritura dum poema, por isso quando o poeta Eduardo Estévez nos anunciou a criação duma nova obra e nos propôs referenciar o processo em andamento na revista, não quisemos deixar de apoiar o projeto. A seguir poderão ler a apresentação que o autor fez para a ocasião, e na coluna direita a partir de hoje serão assinaladas as anotações novas do seu blogue de baleas:

hai un par de anos aceptei a encarga de escribir un poema para un libro colectivo. acontéceme sempre o mesmo coas encargas: acéptoas de contado e despois resúltame complicado atopar unha solución satisfactoria. por fin, acabei por dar co texto que procuraba: no último momento, un agasallo de celso fernández sanmartín, un día que iamos no coche pola costa da morte, axudoume a darlle ao texto esa luz necesaria. o presente foi nunha historia de baleas.

hai uns meses recibín unha nova encarga, desta volta para un proxecto sonoro que acabará sendo outro libro colectivo. tiña tamén a súa complicación e conseguín resolvela case fóra de prazo. a balea de celso volveu darlle ao texto ese resol que precisaba unha aposta cun trasfondo épico pero en xeral bastante escura.

vou confesar que, cando lle abrín a porta dese segundo poema á balea que petaba para entrar, xa xermolaba a idea de que, detrás dese texto viñesen outros.

nace así este proxecto.

a idea de poñelo no escaparate explicariase polas ganas impacientes de compartilo, polo que me divirten estes proxectos e por emprender algo diferente do que levo facendo estes anos.

non me anima espírito pedagóxico: mal podo explicar como se fai un libro de poemas se eu mesmo non o teño claro. falei disto xa hai tempo, cando me embarquei nesoutra singradura que foi “en contrución” e que derivou no libro construcións: eu fíxenme escritor en obradoiros literarios. xa que logo, non é que estea afeito a escoitar e procesar as lecturas críticas dos meus borradores, moitas veces sonme necesarias. por iso adoito dar a ler os meus libros aos amigos que me devolven esas lecturas. moitas veces delas aparece ese detalle que eu sabía que ao libro lle faltaba pero non era quen de atopar.

de ter sentido pedagóxico, pois, terao para min: se a cousa marcha como me gustaría, son eu quen vai aprender dos comentarios que a xente vaia deixando no blog. e será o libro final o que gañe. con todo, igual que acontece sempre, doume por satisfeito se alguén atopa nestas páxinas ese poema que lle permite descubrir unha fiesta para ver a paisaxe dun xeito diferente

Eduardo Estévez

Sem comentários

Ainda não há comentários

Ninguém deixou um comentário para este post ainda!

ESCREVA UM COMENTÁRIO SOBRE ESTE POST

Escrever um comentário 

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios são marcados *