<em>Vínculos</em>, de Helena Segura-Torrella

Vínculos, de Helena Segura-Torrella

0 comentários 🕔11:30, 26.Mar 2014

14 de marzo – 4 de maio 2014
Espacio Moret Art – A Coruña

“Vínculos” é a última exposición que a fotógrafa ferrolá Helena Segura Torrella presenta no Espazo Moret Art da Coruña até o 4 de maio.

Fiel2014 Xacobe Meléndrez Helena Segura 03107HST ao seu universo persoal presenta imaxes pechadas en si mesmas pero que suxiren múltiples interpretacións. As súas fotografías-historia son lendas que nos envolven en atmosferas con referencias á liguaxe cinematográfica. Están construídas con minuciosidade a través dunha moi pensada iluminación e unha exhaustiva dirección dos personaxes. A escea detense nun tempo indeterminado, en decorados de estudo ou exteriores fortemente intervidos polas luces, e mantén a tensión sobre unha acción que perturba o espectador, abocado a resolvela no tempo, deducindo o que pasou e proxectándoa cara o futuro.

Inevitable2014 03 Xacobe Meléndrez Helena Segura 2 buscar as súas referencias entre outras grandes fotógrafas que renuncian á pretendida autenticidade da fotografía e renegan do documentalismo na súa obra e optan por construír a imaxe, como Tracey Moffatt ou Cindy Sherman que percorren ese camiño indagando no individual, ou o traballo de Jeff Wall, aínda que este, utilizando recursos semellantes, vira o seu encadre cara a identidade máis colectiva, remexendo nas señas propias da comunidade.

Nun rincón barroco da exposición, calificativo que tamén se podería usar para adxectivar algunhas das súas fotografías, sitúa unha pequena colección de retratos fundamentados nun estudo psicolóxico do personaxe, imaxes nas que teñen peso fundamental os ollos (abertos ou pechados), a mirada, sen esquecer unha escenografía coidadosamente elexida para cada un.

16-III-2014

Sobre o autor / a autora

Xacobe Meléndrez Fassbender

Xacobe Meléndrez Fassbender

(Galiza, 1963) Fotógrafo, criador polifacetado no contexto das artes visuais, curador de exposições e comprometido agitador sócio-eco-cultural. Leva mais de 25 anos publicando esporadicamente artigos, entrevistas, críticas, etc, em diversos meios galegos.

Sem comentários

Ainda não há comentários

Ninguém deixou um comentário para este post ainda!

ESCREVA UM COMENTÁRIO SOBRE ESTE POST

Escrever um comentário 

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios são marcados *