<em>Lugar de incendios (III)</em>, por Paco Souto e Serxio Moreira

Lugar de incendios (III), por Paco Souto e Serxio Moreira

0 comentários 🕔08:40, 09.Abr 2014

2014 Paco Souto ilustración 5

De nena
Chamar as vacas do verán

Ei morena be!
Careta ao rego!

Traballo simples
De atinar
Cuestión de ritmo

O tío Avilés
Cravando fondo o arado milenario
Nas veas da terra
Atrás
A xente
E Sofía dos mil anos
Apañando as patacas
De entre o sangue

2014 Paco Souto 5 12014 Paco Souto 5 2

2014 Paco Souto ilustración 6

Ás veces
A gata méteseme dentro
E lámbeme coa súa lingua de coitelos
E cando me decato
Teño o corpo todo ensanguentado
E xa nen sei onde estou
Nen como

Sinceramente
Que escribo
Seino
Polas moitas follas que atopo
Cando acordo
Mas non estou certo de ser eu
E se debuxo
A gata no papel
Tan adentro
Coa súa lingua de coitelos
Avivando a carne

2014 Paco Souto 6

Sobre o autor / a autora

Francisco Souto

Francisco Souto

(Galiza) A Coruña, 1962. Coeditor das edicións do Dragón nas que publica os cartóns colectivos Ao mar de adentro, A rota dos baleeiros e Dous bocetos. Coeditor tamén de Letras de Cal nas que publica Fado, 1998. É autor ademais de As árvores do incesto, Espiral Maior, 1995; Crebar cristais coa lingua, Caldeirón, 2003 e As horas de María, Espiral Maior, 2007. Ten no seu haber, entre outros, os premios Espiral Maior 1994, Johán Carballeira 2006, e foi accesit do III premio de poesía erótica Illas Sisargas co libro E alentar na túa rosa que verá a luz proximamente na colección Caldeirón. En 1993 realiza xunto a Kukas e Laura Quintillán o espectáculo pluridisciplinar América. En 2001 na sala galán do Compostela xunto ao piano de Serxio Moreira a montaxe Como águas de maio co que repite en Aviléscanto, 2003; As horas de María, 2007 e na homenaxe a Xelucho Abella por encargo da A. C. Monte Branco para a festa das letras 2008. Ilustra os libros Tortillas para os obreiros de Fran Alonso, Xanela ao bío de Paco de Tano, Arredor do teu corpo de Antonio García Teijeiro e Baile Átha Cliath de Alberte Momán e realiza portadas para o libro de Miro Villar, Ausencias pretéritas e Um corpo para a infância de Celeste Craveiro. Participa en exposicións colectivas como Botella ao Mar, ou as organizadas por adega arredor do lixo ou Artnatura, e individuais como Poemas suxos, ou no restaurante Mar de Ardora, Lugar de incéndios. Colaborou en teatro cos Monicreques de Kukas en Don Gaiferos e con Matarile en Hamletmaschine. Fai crítica teatral para A Nosa Terra, a día de hoxe ten un programa semanal de literatura A Escrita en Radio Roncudo, única radio libre da Costa da Morte.

Sem comentários

Ainda não há comentários

Ninguém deixou um comentário para este post ainda!

ESCREVA UM COMENTÁRIO SOBRE ESTE POST

Escrever um comentário 

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios são marcados *