<em>Lugar de incendios (IV)</em>, por Paco Souto e Serxio Moreira

Lugar de incendios (IV), por Paco Souto e Serxio Moreira

0 comentários 🕔08:00, 23.Abr 2014

2014 Paco Souto ilustración 7

A FADA DO VENTO

Traía a noite nas costas
E nos pés como nun soño
Bebeu da cidade
O licor indeciso dos neóns
E mirou
Por se o vento nos portais
Como nun soño
Pero nas cidades
Nunca se soubo onde o vento

Da chuvia
Sabíase que mollaba
Como nun soño
Achou nas esquinas tesouros de palla
E lixos de laranxa como nun soño
E bonecas preciosas sen brazos
Mais nunca vento

Uliu
Nas horas da alba
Como se viña o día a carón dela
Sen saber
Que suroeste ameazaba auga

2014 Paco Souto 7 12014 Paco Souto 7 2

2014 Paco Souto ilustración 8

CARTA ÚLTIMA

Querido Manuel
Dous puntos
Mándoche esta
Para que saibas que estamos ben
Os rapaces medran como liño
E cando te queres dar de conta
Xa é tempo de mazalo
A besta vai parideira
E non deixa andar de a cabalo
A roxa e a morita están secas
Dúas crías trouxo a Linda
E claro
Non xuntamos un cuartillo
Polo demais
Todo ben

O Andresiño
Vai aprender de zapateiro á Coruña
Quintas e sextas
Pola noite
Á escola que di o tolo de Froxel
Cas Lola

A nena
É un caravel que me sae do peito
E non se me quita de diante
Vou ao río ala vén ela
Estro as cortes alá está ela
Chamo ao gando
E nin podo coller herba
Con mamá calquera a deixa!
Agora mesmo
Non para de andarme entre as letras
E a ti
Como che vai a guerra?

Tápate!

Sobre o autor / a autora

Francisco Souto

Francisco Souto

(Galiza) A Coruña, 1962. Coeditor das edicións do Dragón nas que publica os cartóns colectivos Ao mar de adentro, A rota dos baleeiros e Dous bocetos. Coeditor tamén de Letras de Cal nas que publica Fado, 1998. É autor ademais de As árvores do incesto, Espiral Maior, 1995; Crebar cristais coa lingua, Caldeirón, 2003 e As horas de María, Espiral Maior, 2007. Ten no seu haber, entre outros, os premios Espiral Maior 1994, Johán Carballeira 2006, e foi accesit do III premio de poesía erótica Illas Sisargas co libro E alentar na túa rosa que verá a luz proximamente na colección Caldeirón. En 1993 realiza xunto a Kukas e Laura Quintillán o espectáculo pluridisciplinar América. En 2001 na sala galán do Compostela xunto ao piano de Serxio Moreira a montaxe Como águas de maio co que repite en Aviléscanto, 2003; As horas de María, 2007 e na homenaxe a Xelucho Abella por encargo da A. C. Monte Branco para a festa das letras 2008. Ilustra os libros Tortillas para os obreiros de Fran Alonso, Xanela ao bío de Paco de Tano, Arredor do teu corpo de Antonio García Teijeiro e Baile Átha Cliath de Alberte Momán e realiza portadas para o libro de Miro Villar, Ausencias pretéritas e Um corpo para a infância de Celeste Craveiro. Participa en exposicións colectivas como Botella ao Mar, ou as organizadas por adega arredor do lixo ou Artnatura, e individuais como Poemas suxos, ou no restaurante Mar de Ardora, Lugar de incéndios. Colaborou en teatro cos Monicreques de Kukas en Don Gaiferos e con Matarile en Hamletmaschine. Fai crítica teatral para A Nosa Terra, a día de hoxe ten un programa semanal de literatura A Escrita en Radio Roncudo, única radio libre da Costa da Morte.

Sem comentários

Ainda não há comentários

Ninguém deixou um comentário para este post ainda!

ESCREVA UM COMENTÁRIO SOBRE ESTE POST

Escrever um comentário 

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios são marcados *