Músicas de Auel 4. Canto difónico. Ugia Pedreira & Pierrot Rougier

Músicas de Auel 4. Canto difónico. Ugia Pedreira & Pierrot Rougier

1 comentário 🕔11:00, 21.Mai 2014

Canto difónico?

Mais, que é esta cousa exótica ?

É un arte vocal popular que se encontra sobre todo nas estepas de Asia Central. É a arte de facer saír da voz as súas diferentes harmónicas físicas grazas á colocación de lingua, labios e padal.  Cada un faino desde neno sen darse conta, pois dicir as vogais faladas é máis ou menos ” canto difónico”, xogar con  a e é i o u …

Unha nota continua é feita dunha suma de ondas simples de tipo «asubío», chamadas harmónicas. Se a nota ten unha frecuencia f, a primeira harmónica ten a frequencia 2*f, a segunda 3*f… etc., e así ata o infinito… A nosa boca serve de filtro musical «ecualizador», e pasando a nosa voz con este filtro de baixo ata agudo con moita precisión, podemos atenuar o son xeral e deixar botar por diante algunhas destas harmónicas. Non son todas afinadas (afinación moderna), as melodías feitas coas harmónicas teñen unha estética moi especial.

Sendo estudiante descubrino nun disco de musicoloxia, e por ter tempo a perder nesta  época, eu e mais dous amigos músicos pasamos momentos intentando facer saír as nosas harmónicas. Tamén fomos a unha conferencia do etnomusicólogo Trần Quang Hải, especialista en canto difónico.

Conseguimos os nosos primeiros pasos vocais con moita alegría, pensando que non pode haber unha cousa máis inútil e divertida á vez para nós, musicos ocidentais. Mais a vida aprendeume que o que parece inútil pode ter a súa utilidade un dia.

O canto difónico chegou a ser un modo de expresión entre Lua e mais eu. Un día, estando desfrutando da auga cálida dun spa coa súa nai grávida, canteille á Lua através da barriga. A nosa pequena raniña respondeu de repente cos brazos e pernas nun pequeno saltiño visíbel. Por esta reacción inmediata nunca deixei de cantarlle desta maneira.

Continuei cantando a Lua cando estaba na súa incubadora, e despois en casa á saída do hospital. Este canto funciona sobre ela como ningunha outra cousa musical a nivel de amor e protección. Por agora non sei se este canto ten realmente unha eficiencia terapéutica admitida ou se é só a voz dun pai namorado á súa filla. Seguramente a concentración e respiración que me esixe a min é tamén vector de paz para a miña filla.

O que sei ben é que cando Lua está molesta, triste, doente ou estresada, comezo a cantarlle unha gama harmónica e funciona sempre, pois Lua chega á contemplación ou á concentración en si mesma.

Tiña un pouco de vergoña a facelo en espazos públicos, mais agora cántolle en calquera lugar que sexa.

Teño para ela un colo corporal e un colo de son.

Exemplos:

-  Mp3 Pierrot canta:

      2014 05 Pierrot Rougier - Cantodifonico

-  Huun-Huur-Tu (banda tradicional de Touva en Siberia) … hai un canto difónico espectacular aos 6:20 mn.

Sobre o autor / a autora

Ugia Pedreira

Ugia Pedreira

(Galiza)

1 comentário

  1. 🕔 0:10, 23.Mai 2014

    Bruno

    Espectacular

    Responder comentário

Escrever um comentário 

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios são marcados *