José Luis Abalo / Fotografía con retorno / 3 – Recibo unha fotografía, Xosé Enrique Acuña / Texto

0 comentários 🕔12:00, 10.Set 2014

Recibo unha fotografía. O método arcaico. O correo, ordinario. Na apertura do sobre, a sorpresa. A imaxe, para provocar un xa sei onde a sacou. E sei tamén que o fotógrafo é viaxado, que goza coa captura de xente e facianas de terras alleas. Mesmo coñezo que viaxou por Alemaña. E debeu facelo, imaxino, polas dúas. Aquelas doutro tempo, a do Leste e a do Oeste. Aposto, aseguro, que a fotografía foi realizada durante a eterna espera dun autobús que non dá chegado. Que a suposta puntualidade xermánica conduce desta vez ao reporteiro a soportar tedios nunha baleira e gris estación de autobuses dunha cidade mediana, oriental e alemá calquera. E pasaron por diante del. Alí chegaron, aparecéronselle. A semellar, razoaba eu, unha parella de funcionarios, o diabo sabe en que escura función oficial, como matrimonio entrado en anos e os dous vestidos no gusto estatal. A arquitectura —influencia da Bauhaus, idealizaba—, as sombras cal vixilancia perpetua e secreta…, como non, as reixas, os números… Chamada de teléfono. Ao da casa. O autor ao aparato: Alemaña do Leste?, non home… saqueina na estación de autobuses de Pontevedra. Unha tarde de outono de 1997.

Sobre o autor / a autora

Sem comentários

Ainda não há comentários

Ninguém deixou um comentário para este post ainda!

ESCREVA UM COMENTÁRIO SOBRE ESTE POST

Escrever um comentário 

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios são marcados *