Entrevista a Xoán Curiel

Entrevista a Xoán Curiel

0 comentários 🕔16:35, 01.Out 2014

- Palavra Comum: Que é para ti a música?

- Xoán Curiel: É unha das mellores formas de conexión con un mesmo e cos demais.

- Palavra Comum: Como entendes -e praticas- o processo de criação artística?

- Xoán Curiel: Pois para min ten que ver co pracer, podo utilizar calquera momento do día no que me apeteza poñerme a crear.. Tenmo que pedir o corpo máis que a mente.

- Palavra Comum: Quais são os teus referentes criativos?

- Xoán Curiel: Moitos, todas as artes, mais se tivese que especificar, diría que me estimulan moito as músicas do mundo, a música clásica, o teatro, o cine e a danza.

- Palavra Comum: Que músicas/músicos reivindicarias por não serem suficientemente conhecidos (ainda)?

- Xoán Curiel: Talvez non sexa xusto mencionar a un só, porque hai moito talento por aí e non sempre se corresponde cun coñecemento máis ou menos masivo. Mais vou a citar a Alba María, que está comezando, ten 19 anos e acaba de gañar o primeiro Certame de Canción de Autor en Galego do Concello de Teo.

- Palavra Comum: Qual achas que é a relação existente entre a música galega e as da lusofonia e o que potencialmente podem desenvolver? Como valoras as tuas experiências nesse sentido?

- Xoán Curiel: A relación existente é dinámica e tamén hai moitas gañas por ambas partes de partillar..; penso que aínda queda seguir abrindo pontes de comunicación artística porque a lingua o permite dun xeito moi fluído. É máis que interesante redescubrise a un mesmo a través dos ollos dun artista portugués, brasileiro ou caboverdiano.. e sentir esa irmandade de primeira man.

Para min foi unha grande experiencia poder compartir escenario en Portugal co João Afonso ou o Rui David (de Lisboa e Porto) ou tamén en Brasil con Socorro Lira ou Julio Santin (da Paraíba e do interior de São Paulo), e poder apreciar o cariño que habita entre nós á marxe das nosas diferentes particularidades.

- Palavra Comum: Que caminhos (estéticos, de comunicação das suas criações à sociedade, etc.) estimas interessantes para a música hoje?

- Xoán Curiel: Estamos na era da comunicación e podemos descubrir nun só día tantas músicas, publicidade, vídeos ou outros estímulos dos que noutras épocas se precisaría de toda unha vida para chegar a telos.

Por iso cada vez interésame mais o traballo creativo no que se procura a esencia… como que estamos nun tempo no que vale máis simplificar do que complicar. Non digo que eu sexa capaz aínda de chegar a ese punto, mais gostaria moito! Nese sentido valoro moito o traballo de António Zambujo, por poñer un artista lusófono, ou de José González ou Ani DiFranco.. Poderíamos dicir que “menos é máis”.. mais non é fácil chegar a ese “menos”.

- Palavra Comum: Tens colaborado em projetos para público infantil e juvenil. Como valoras as tuas experiências neste campo?

- Xoán Curiel: A experiencia cos rapaces e cos adolescentes alimenta partes de min que doutro xeito non podería producirse. Opino que os rapaces e rapazas son un público moi directo ao que lle tes que dicir a verdade porque eles tamén exercen a verdade como público. Ten que ser unha relación sincera, mais tamén están moi abertos ao xogo e a case que calquera proposta que poñas enriba do escenario. Eu levo dende o ano 2000 traballando co público infantil dende o meu ingreso na compañía de teatro Os Quinquilláns cos que estiven actuando 8 ou 9 anos de grandes experiencias, cantando e bailando en cinco das súas obras.

- Palavra Comum: Que projetos tens e quais gostarias chegar a desenvolver?

- Xoán Curiel: Este ano foi moi rico en proxectos, estreamos Charo Pita e eu, xunto coa editorial Galaxia o libro disco Estamos no verán! e tamén organicei e dirixín o primeiro Certame de Canción de Autor en Galego do Concello de Teo (que comentaba antes que gañou Alba María). Na actualidade sigo coa miña xira, á que chamei Peregrinación Magnética, mentres van saíndo novos temas para un novo disco que se vai a chamar Estou lá, que terá algunha composición en portugués, e que, se todo vai ben, verá a luz ao longo do 2015.

- Palavra Comum: Que achas de Palavra Comum? Que gostarias de ver também aqui?

- Xoán Curiel: Pois digo que parabéns!. É de agradecer o voso traballo e desexo que sigades aí respostando a unha necesidade de ir mais aló.

Sobre o autor / a autora

Ramiro Torres

Ramiro Torres

(Galiza) Ramiro Torres nasceu na Corunha no 1973 e estudou Graduado Social. Tem publicado poemas na revista 'Poseidónia' e 'Agália', assim como no blogues 'A fábrica' e 'A fábrica da preguiça'. Inaugurou as edições do Grupo Surrealista Galego com o seu livro "Esplendor Arcano".

Sem comentários

Ainda não há comentários

Ninguém deixou um comentário para este post ainda!

ESCREVA UM COMENTÁRIO SOBRE ESTE POST

Escrever um comentário 

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios são marcados *