Entrevista a O Leo i Arremecághona

Entrevista a O Leo i Arremecághona

0 comentários 🕔13:32, 08.Out 2014

- Palavra Comum: Que é para ti a música?

- O Leo: Un xeito de comunicarme, indisoluble da palabra e da lingua desa palabra, a miña-nosa. Á vez, un xeito de intentar que aconteza algo, partindo desa necesidade de comunicación, que o acto comunicativo vire en acontecemento.

- Palavra Comum: Como entendes o processo de criação artística?

- O Leo: Non creo muito na palabra “creación”. Acredito máis na capacidade de observación, na educación e o adestramento da propia ollada, tanto para dentro coma para fóra, para que sexa quen de apreciar o acontecemento, que pode producirse en calquera momento e pode tamén propiciarse.

- Palavra Comum: Também escreves poesia, qual consideras que é a relação entre estas duas artes?

- O Leo: Absolutamente solidaria. Tampouco creo na división ou distinción entre xéneros literarios ou mesmo artísticos. A palabra permíteche repetir unha mesma frase musical ad-eternum e que sexa distinta a cadora, coma nas coplas tradicionais, no blues ou nos cantares de cego.

- Palavra Comum: De quem te sentes, criativamente, filho ou irmão?

- O Leo: Fillo, e volvo rexeitar “creativamente”, ético-estético, de Mini e Mero. Tamén de Woodie Guthrie. Irmán dunha chea de xente coa que traballo nisto, cos que, efectiva e literalmente, me trato de “irmán/ao”.

- Palavra Comum: Que músicas/músicos reivindicarias por não serem suficientemente conhecidos (ainda)?

- O Leo: O concepto de ser coñecido “suficientemente” tamén me resulta esvaradío. O/a músico/a que goza dunha certa invisibilidade goza tamén dunha grande vantaxe, penso, e persoalmente gosto de cultivar esa ausencia relativa. Agora ben, se queredes dígovos artistas que me gustan e que son coñecidos por unha amplísima minoría e se cadra descoñecidos para unha exigua maioría: Jonathan Richman, o primeiro cantautor punk; Son House, o cantante máis imprevisible que teño escoitado; Leadbelly, que fixo o mesmo ca Dylan, xuntar as tradicións branca e negra; Robert Johnson, poeta e músico analfabeto e vangardista; Hasil Adkins, que comezou a esnaquizar o rocanrol no mesmo lustro en que naceu; Flat Duo Jets, duo batería-guitarra e influencia recoñecida por Jack White; António Variações, cunha estética tremendamente rechamante na súa época e asombrosamente coincidente co actual look hipster; Xosé Manoel Conde, cantautor alófono que sacou un dos discos máis impecables da transición, “Bule, berra, chora”; Miguel Seoane e Nacho Muñoz e toda a súa traxectoria, que agora mesmo se enfoca en Igmig; o Bitxobola, cantautor ácrata dos de verdade… eu que sei, hai muita máis xente interesante “descoñecida” ca coñecida, supoño.

- Palavra Comum: Que propõe um punk para arranjar o mundo?

- O Leo: Volvelo facer (rebentándoo primeiro). Destroy, y’know.

- Palavra Comum: Que projetos tens e quais gostarias chegar a desenvolver?

- O Leo: Pois sempre hai ideas por aí. Agora a Lara Rozados e mais eu estamos pondo en escena o Berlin de Lou Reed cantado en galego e dramatizado, coa dirección de Chiqui Pereira e produción de Histeria Teatro. Estou gravando tamén disco con Labregxs do Tempo dos Sputniks e maqueta previa con Das Kapital. Con Arremecághona’s Produçións aparecerá un ou dous heterónimos novos e os que hai van levar unha evolución, un xiro nas súas personalidades e carreiras, con espectáculos e temas novos, seguramente para o comezo do ano que vén. E de resto, respirar.

- Palavra Comum: Que achas de Palavra Comum? Que gostarias de ver também aqui?

- O Leo: Acho que é un sitio de referencia para as artes da palabra, e o seu carácter multidisciplinar e aberto fai que non bote nada en falta, e si que o espere todo con ilusión.

Ver, nomeadamente, entre os minutos 13′ 28” e 26′ 40”.

Sobre o autor / a autora

Ramiro Torres

Ramiro Torres

(Galiza) Ramiro Torres nasceu na Corunha no 1973 e estudou Graduado Social. Tem publicado poemas na revista 'Poseidónia' e 'Agália', assim como no blogues 'A fábrica' e 'A fábrica da preguiça'. Inaugurou as edições do Grupo Surrealista Galego com o seu livro "Esplendor Arcano".

Sem comentários

Ainda não há comentários

Ninguém deixou um comentário para este post ainda!

ESCREVA UM COMENTÁRIO SOBRE ESTE POST

Escrever um comentário 

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios são marcados *