“Cantares”, poema mecanografado e asinado por Celso Emilio Ferreiro

“Cantares”, poema mecanografado e asinado por Celso Emilio Ferreiro

1 comentário 🕔10:45, 15.Out 2014

Nunha ocasión sorprendéronme unhas declaracións de José Luis Baltar nas que o barón popular de Ourense, afirmaba que Longa noite de pedra era un dos seus libros de cabeceira. -Será a riqueza da diversidade de interpretacións, da que me falan amigxs artistas e poetas e que moitas veces non acabo de compartir-, pensei.
Algún tempo despois comecei acalorados debates na rede cun curmán meu situado ideoloxicamente nas miñas antípodas. Axudoume a ver con claridade as distintas percepcións da realidade que campan pola nosa sociedade, tan diferentes que parecerían corresponder a espazos e tempos distintos; vivíamos, vivimos universos diferentes. Pasados uns meses o meu familiar ofreceume iste poema mecanografado e asinado por Celso Emilio Ferreiro, pensaba que sen dúbida eu o valoraría máis.
Descoñezo como puido chegar ás súas mans, mais o conto acabou nun troco no que lle fixen chegar unha foto da miña serie de “As mans do vento”. Parece ser que os dous quedamos ben satisfeitos.

O poema, “Cantares”, publicouse no libro Onde o mundo se chama Celanova.

Cantares poema de Celso Emilio foto Xacobe Meléndrez

Sobre o autor / a autora

Xacobe Meléndrez Fassbender

Xacobe Meléndrez Fassbender

(Galiza, 1963) Fotógrafo, criador polifacetado no contexto das artes visuais, curador de exposições e comprometido agitador sócio-eco-cultural. Leva mais de 25 anos publicando esporadicamente artigos, entrevistas, críticas, etc, em diversos meios galegos.

1 comentário

  1. 🕔 11:52, 20.Out 2014

    Xacobe Meléndrez

    Meu curmán achega nova información: O seu avó paterno (Fernando Herce y Vales) académico da R.A.G, tratou con intelectuais de distintas cores de pensamento. O papel estaba xunto con moitos outros, no seu arquivo da Lagoa. Ao que el tivo acceso para clasificalo e conservalo.

    Responder comentário

Escrever um comentário 

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios são marcados *