Entrevista a Roberto Sobrado

Entrevista a Roberto Sobrado

0 comentários 🕔17:45, 15.Out 2014

- Palavra Comum: Que é para ti a música?

- Roberto Sobrado: A música é un sistema de comunicación emocional que trascende o explicable en termos científicos.

- Palavra Comum: Como entendes o processo de criação artística?

- Roberto Sobrado: O proceso de creación é tan misterioso como a música en si mesma. A canción (letra e música) vaise manifestando pouco a pouco según lle prestas a atención o traballo e o cariño necesarios, como se xa existira nalgún sitio antes e estivera ela mesmo buscando un camiño para nacer a través de ti.

- Palavra Comum: Qual consideras que é a relação -ou qual pode chegar a ser- entre a música e outras artes (literatura, fotografia, artes plásticas, etc.)?

- Roberto Sobrado: Como tamén escribo as letras, non atopo diferencia ningunha coa poesía a nivel creativo, por exemplo e considero fundamental que todas as disciplinas artísticas dialoguen, se mesturen, se relacionen e medren xuntas. Isto é algo natural na música á hora de editar un disco ou facer un concerto: o deseño, a fotografía, a posta en escena, o discurso que defendes enriba dun escenario. Acaso non é todo a mesma cousa?

- Palavra Comum: De quem te sentes, criativamente, filho ou irmão?

- Roberto Sobrado: Daqueles creadores que me cautivaron en diferentes momentos da miña vida. En orde cronolóxica: Fuxan os ventos, Os Resentidos, Sabina, Silvio, La Polla Records, Siniestro, Andrés Calamaro…

- Palavra Comum: Que músicas/músicos reivindicarias por não serem suficientemente conhecidos (ainda)?

- Roberto Sobrado: Teño debilidade por un grupo colombiano: Aterciopelados e gustaríame darvos unha lista de grupos e autores galegos que penso merecen máis recoñecemento, claro! Abe Rábade, Xosé Constenla, Terbutalina (son fan incondicional), o mestre Pablo Vidal, Colloada salvaxe (se inda existen), Das Kapital, Granpurismo…

- Palavra Comum: Como ves a música e quais os caminhos prioritários que deveria transitar?

- Roberto Sobrado: A música é un reflexo da sociedade na que vivimos: nunha porcentaxe que xa molesta, hai xente dun inmenso talento gañándose a vida a duras penas e mediocres ben posicionados pola súa ascendencia xenética e/ou política facendo o gran negocio da man das multinacionais do sector ou excesivamente apoiados por ser parte da marca cultural dalgún imperio.

Os camiños que debería transitar son os de todas as artes que queiran estar vivas: os da liberdade e os de nunca deixar de experimentar e cuestionar o establecido.

- Palavra Comum: Quais são as tuas experiências com as diversas formas musicais que levas posto em prática -rock, etc.-?

- Roberto Sobrado: Eu son un roqueiro que non atopou xente acorde para formar unha banda nos principios e por iso comecei como cantautor. Pouco a pouco, a banda foi tomando forma ata a formación actual inda que, nos últimos tempos, estou traballando principalmente en acústico co meu guitarrista e amigo Rafa Campoy.

- Palavra Comum: Qual é a tua perspectiva sobre a língua (e a relação com a lusofonia)? Que influência tem sobre o teu trabalho musical?

- Roberto Sobrado: Eu creo e escribo na lingua na que sinto, penso e existo. Só sei ser honesto e natural á hora de crear, así que usar calquera outra lingua (a non ser algo anecdótico) non me parece máis ca unha pose.

Falando máis como filólogo que como músico, estou convencido de que a converxencia co Portugués (a mesma lingua que o galego) é a vía natural do noso idioma.

- Palavra Comum: Com que instrumentos musicais te sentes mais cômodo?

- Roberto Sobrado: Coa miña gorxa, a miña guitarra acústica e coa telecaster!

- Palavra Comum: Que projetos tens e quais gostarias chegar a desenvolver?

- Roberto Sobrado: Estamos rematando as mesturas do que vai ser o 4º traballo como banda: Atlas de anatomía. Gustaríame presentalo con toda a banda por todo o país e pola península para comezar ;)

Tamén sigo operativo como segunda voz dos Resentidos e agardo que retomemos as mini-xiras polo país adiante. Sería histórico chegar a sacar un disco novo! (isto é un barrene meu)

- Palavra Comum: Que achas de Palavra Comum? Que gostarias de ver também aqui?

- Roberto Sobrado: Paréceme completísima e encántame que sexa tan actual e tan vivo. Quizais sería interesante convidar a participar a algúns creadores que non usen o galego para saber cal é o seu sentir con respecto á lingua e así chegar a un outro público.

Sobre o autor / a autora

Ramiro Torres

Ramiro Torres

(Galiza) Ramiro Torres nasceu na Corunha no 1973 e estudou Graduado Social. Tem publicado poemas na revista 'Poseidónia' e 'Agália', assim como no blogues 'A fábrica' e 'A fábrica da preguiça'. Inaugurou as edições do Grupo Surrealista Galego com o seu livro "Esplendor Arcano".

Sem comentários

Ainda não há comentários

Ninguém deixou um comentário para este post ainda!

ESCREVA UM COMENTÁRIO SOBRE ESTE POST

Escrever um comentário 

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios são marcados *