<em>Tradución-homenaxe ao Marqués de Sade no bicentenario do seu pasamento (III)</em>, por Xesús González Gómez

Tradución-homenaxe ao Marqués de Sade no bicentenario do seu pasamento (III), por Xesús González Gómez

0 comentários 🕔15:00, 05.Nov 2014

Se, como acabo de dicir, ningunha paixón ten máis necesidade de toda a extensión da liberdade que esta, ningunha sen dúbida é tan despótica. Nela ao home gústalle mandar, ser obedecido, rodearse de escravos obrigados a satisfacelo. Ora, sempre que non outorguedes ao home o medio secreto para que exhale a dose de despotismo que a natureza puxo no fondo do seu corazón, guindarase para exercelo sobre os obxectos que o arrodean, inquietará ao goberno. Se queredes evitar este perigo, permitide unha libre expansión deses desexos tiránicos que, a pesar del, o atormentan continuamente. Contento de poder exercer a súa pequena soberanía no medio do harén de icogláns (9) ou de sultanas que os vosos coidados e os seus cartos poñen á súa disposición, sairá satisfeito e sen ningún desexo de perturbar un goberno que lle asegura tan compracentemente todos os medios para a súa concupiscencia. Pola contra, se exercedes procedementos diferentes, se impoñedes a estes obxectos de luxuria pública as ridículas trabas inventadas outrora pola tiranía e pola lubricidade dos nosos Sardanapais (10), entón o home, exasperado decontado contra o voso goberno, axiña sentirá ciúmes do despotismo que vos ve exercer e sacudirase o xugo que lle impoñedes e, canso da vosa maneira de gobernalo, a cambiará tal como acaba de facelo.
Vede como os lexisladores gregos, convencidos destas ideas, trataban a libertinaxe en Lacedemonia, en Atenas. Moi lonxe de prohibila, encirrábana nos cidadáns. Ningún xénero de lubricidade lle estaba vedado e Sócrates, declarado polo oráculo o máis sabio dos filósofos da terra, pasaba indiferentemente dos brazos de Aspasia aos de Alcibíades, e non por iso deixaba de ser a gloria de Atenas. Vou ir máis lonxe, e por moi contrarias que sexan as miñas ideas aos vosos costumes actuais, como o meu obxecto é probar que debemos apresurarnos a cambiar estes costumes se queremos conservar o goberno que adoptamos, vou intentar convencervos de que a prostitución das mulleres coñecidas co nome de honestas non é máis perigosa que a dos homes, e que non soamente debemos asocialas ás luxurias exercidas nas casas que propoño, senón que mesmo debemos erixir casas para elas, casas onde os seus caprichos e as necesidades do seu temperamento, moito máis ardente que o noso, poidan tamén satisfacerse con todos os sexos.
Ante todo, con que dereito pretendedes que as mulleres fiquen excluídas da cega submisión que a natureza lles prescribe respecto dos caprichos dos homes? E logo, con que outro dereito pretendedes sometelas a unha continencia imposíbel para o seu físico e absolutamente inútil para a súa honra?
Vou tratar separadamente unha e outra cuestión.
É certo que, no seu estado natural, as mulleres nacen vulgivages, é dicir, que gozan das vantaxes dos animais femias e pertencen, como elas e sen ningunha excepción, a todos os machos. Tales foron, sen dúbida ningunha, as primeiras leis da natureza e as únicas institucións dos primeiros agrupamentos que formaron os homes. O interese, o egoísmo e o amor degradaron estas primeiras nocións tan sinxelas e tan naturais. Pensouse que ao tomar unha muller, e con ela os bens da súa familia, era posíbel enriquecerse. Eis satisfeitos os dous primeiros sentimentos que acabo de indicar. Moitas máis veces aínda era frecuente raptar esa muller e a ela sentirse ligado. Eis a obra do segundo motivo, en calquera caso da inxustiza.
Un ser libre nunca pode ser obxecto dun acto de posesión. Tan inxusto é posuír exclusivamente unha muller como é posuír escravos. Todos os homes nacen libres, todos son iguais de dereito: non perdamos de vista estes principios. Por tanto, non pode ser, segundo isto, outorgar dereito lexítimo a un sexo para apoderarse exclusivamente do outro, e nunca un deses sexos ou desas clases pode posuír á outra arbitrariamente. Mesmo unha muller, segundo as puras leis da natureza, non pode alegar, como motivo de rexeitamento a quen a desexa, o amor que ten por outro, porque tal motivo se converte nunha exclusión, e ningún home pode ser excluído da posesión dunha muller desde o momento en que é evidente que pertence a todos os homes. O acto de posesión só pode ser exercido sobre un inmóbel ou sobre un animal, nunca pode selo sobre un individuo semellante a nós, e todos os vínculos que poden encadear unha muller a un home, sexa da especie que poidades imaxinar, son tan inxustos como quiméricos.
Se é, pois, innegábel que recibimos da natureza o dereito a expresarmos os nosos desexos indiferentemente a todas as mulleres, é tamén innegábel que debemos obrigalas a se someter aos nosos desexos, non de forma exclusiva. Contradígome, mais só momentaneamente (11). É indiscutíbel que temos dereito a instituír leis que as obriguen a ceder ao ardor de quen as desexa; como tamén podemos mesmo empregar legalmente a violencia, ao ser un dos efectos deste dereito. Ai! a natureza non probou que tiñamos este dereito ao concedernos a forza necesaria para sometelas aos nosos desexos?
En van as mulleres deben apelar, para se defenderen, ou ao pudor ou aos seus vínculos con outros homes. Estes recursos quiméricos son nulos. Vimos máis enriba como o pudor era un sentimento facticio e desprezábel. O amor, que se pode chamar a loucura da alma, non ten xa títulos para lexitimar a súa constancia. Ao non satisfacer máis que a dous individuos, o amado e o amante, non pode servir para a felicidade dos outros, e as mulleres nos foron dadas para a felicidade de todos e non para unha felicidade egoísta e privilexiada. Todos os homes teñen, por tanto, igual dereito de gozo sobre todas as mulleres; non existe, xa que logo, ningún home que, segundo as leis da natureza, poida reclamar sobre unha muller un dereito único e persoal. A lei que as obrigará a se prostituíren, tanto como nós desexamos, nas casas de libertinaxe das que falabamos, e que as obrigará a facelo se elas se negan, que as castigará se faltan a iso, é, por tanto, unha lei das máis equitativas e contra a cal non poderán invocar ningún motivo lexítimo ou xusto.
Un home que queira gozar dunha muller ou dunha rapaza calquera poderá, por tanto, se as leis que promulgades son xustas, intimala a se presentar a unha das casas das que falei. E alá, baixo a vixilancia das matronas deste templo de Venus, seralle entregada para satisfacer, con tanta humildade como submisión, todos os caprichos que lle praza concederse con ela, sen medo a extravagancias ou irregularidades que poidan exhibir, porque non hai ningunha que non exista na natureza, ningunha que esta non confirme. Non se trataría tampouco de fixar un límite de idade, pois sosteño que non se pode dificultar a liberdade daquel que desexa o gozo dunha rapaza de tal ou cal idade. Quen ten dereito a comer o froito dunha árbore pode seguramente collelo maduro ou verde, seguindo as inspiracións do seu gusto. Mais, obxectarase, hai unha idade en que os procedementos do home lesionarán indubidabelmente a saúde dunha rapaza. Esta consideración non ten ningún valor. Desde que me concededes o dereito de propiedade sobre o gozo, este dereito é independente dos efectos producidos polo gozo; desde ese momento é indiferente que ese gozo sexa vantaxoso ou prexudicial para o obxecto que se debe someter. Non probei xa que era legal obrigar a vontade dunha muller sobre ese punto, e que tan cedo como ela inspirase o desexo do gozo debería someterse a ese gozo, a facer abstracción de todo sentimento egoísta? O mesmo acontece respecto á súa saúde. Posto que as consideracións que puideron terse neste sentido podería destruír ou debilitar o gozo de quen a desexe, e que ten o dereito a se apropiar dela, esta consideración de idades tórnase nula, porque aquí non se trata de ningunha maneira do que pode experimentar o obxecto condenado pola natureza e pola lei á satisfacción momentánea dos desexos do outro. Só é cuestión, no presente exame, do que convén ao que desexa. Xa restabeleceremos o equilibrio.
Si, restabelecerémolo, debémolo facer sen dúbida. Esas mulleres que acabamos de someter tan cruelmente, debemos indiscutibelmente recompensalas, e é o que vai formar a resposta á segunda cuestión que me formulara.
Se admitimos, como acabamos de facelo, que todas as mulleres deben estar sometidas aos nosos desexos, seguramente podemos permitirlles satisfacer amplamente todos os seus. As nosas leis deben favorecer neste punto o seu temperamento de fogo, e é absurdo que a súa honra e a súa virtude foran postas na forza antinatural que empregan para resistiren as inclinacións que recibiron con maior profusión que nós. Esta inxustiza dos nosos costumes é tanto máis rechamante canto consentimos ao mesmo tempo en debilitalas pola sedución e a castigalas logo por ceder perante todos os esforzos que fixemos para provocar a súa caída. Paréceme que todo o absurdo dos nosos costumes está inscrito nesta desigual atrocidade, e unicamente con expola deberíanos abondar para percibirmos a extrema necesidade que temos de cambialos por outros máis puros. Digo, pois, que as mulleres, ao recibiren inclinacións moito máis violentas que nós para os praceres da luxuria, poderán entregarse a eles tanto como queiran, absolutamente libres de todos os vínculos do himeneo, de todos os falsos prexuízos do pudor, absolutamente reintegradas ao estado de natureza. Quero que as leis lles permitan entregarse a tantos homes como lles pete. Quero que o gozo de todos os sexos e de todas as partes do seu corpo lles sexa permitido igual que aos homes. E, baixo a cláusula especial de se entregaren a todos os homes que as desexan, é necesario que teñan a liberdade de gozaren igualmente de todos os que elas coiden dignos de satisfacelas.
Cales son, pregunto, os perigos desta licenza? Fillos que non terán pais? Ei, que importa iso nunha república onde todos os individuos non deben ter outra nai que a patria, onde todos os que nacen son todos fillos da patria? Ah!, canto mellor a amarán os que, ao non coñeceren outra que ela, saberán desde que nacen que só dela deben esperar todo! Non pensedes en facer bos republicanos en tanto que illedes na súa familia os fillos que só deben pertencer á república. Ao dar soamente a algúns individuos a dose de afecto que deben repartir entre todos os seus irmáns, adoptan inevitabelmente os prexuízos moitas veces perigosos deses individuos. As súas opinións, as súas ideas íllanse, particularízanse e todas as virtudes dun home de Estado resúltanlles absolutamente imposíbeis. Ao, finalmente, abandonar todo o seu corazón aos que os fixeron nacer, non teñen no seu corazón ningún afecto para a que os debe facer vivir, coñecer e ilustralos, como se estes segundos dons non fosen máis importantes que os primeiros! Se existe o máis grande inconveniente en deixar que os nenos mamen deste modo nas súas familias intereses moitas veces moi diferentes dos da patria, é extremadamente vantaxoso separalos. Non son os medios que propoño naturais, porque destruíndo absolutamente todos os vínculos do himeneo, non nacen xa outros froitos dos praceres das mulleres que uns fillos aos que o coñecemento de seu pai está absolutamente prohibido, e con isto destruiranse os medios para que poidan pertencer a unha soa familia, no canto de ser, como deben, unicamente os fillos da patria?
Haberá, por tanto, casas destinadas á libertinaxe das mulleres e, como as dos homes, baixo a protección do goberno. Aquí seranlles fornecidos todos os individuos dun e doutro sexo que poidan desexar, e canto máis frecuenten estas casas, máis serán estimadas. Non existe nada tan bárbaro e tan ridículo como asociar a honra e a virtude das mulleres á resistencia que opoñen aos desexos que reciben da natureza e que excitan continuamente a aqueles que cometen a barbarie de censuralas. Desde a idade máis tenra (12), unha rapaza liberada dos vínculos paternos, non tendo xa nada a conservar para o himeneo (absolutamente abolido polas sabias leis que propoño), superado o prexuízo que outrora encadeaba o seu sexo, poderá, xa que logo, entregarse nas casas estabelecidas a todo o que o seu temperamento lle dite sobre este tema. Será recibida con respecto, satisfeita con profusión e, de retorno á sociedade, poderá falar publicamente dos praceres dos que gustou como o fai hoxe dun baile ou dun paseo. Sexo encantador, serás libre; gozarás como os homes de todos os praceres que a natureza te impón como un deber; non te reprimas ningún. A parte máis divina da humanidade debe ser encadeada pola outra? Ah!, rompede as cadeas, así o quere a natureza. Non teñades xa outro freo que as vosas inclinacións, outras leis que o voso desexo, outra moral que a da natureza. Non esmorezades xa máis tempo neses prexuízos bárbaros que estragaban os vosos encantos e escravizaban os divinos impulsos dos vosos corazóns (13). Sodes libres coma nós e a carreira dos combates de Venus está aberta tanto a vós como a nós. A pedantaría e a superstición foron eliminadas. Non vos verán ruborizarvos polos vosos encantadores extravíos. Coroadas de mirtos e de rosas, a estima que sentiremos por vosoutras xa só será proporcional á maior extensión que permitirades conceder a eses extravíos.
O que acabamos de dicir debería, sen dúbida, dispensarnos de examinarmos o adulterio. Botémoslle, con todo, unha ollada, por nulo que sexa segundo as leis que institúo. Que ridículo era consideralo criminal nas antigas institucións! Se algo absurdo existía no mundo, era seguramente a eternidade dos vínculos conxugais. Abondaba, penso, con examinar ou sentirmos todo o peso deses vínculos para deixar de considerarmos un crime a acción que os aliviaba. A natureza, como dixemos hai un momento, ao dotar ás mulleres dun temperamento máis ardente, dunha sensibilidade máis profunda que aos individuos do outro sexo, sen dúbida para elas o xugo dun himeneo eterno era máis pesado. Mulleres tenras e posuídas polo lume do amor, recompensádevos agora sen temor; convencédevos de que non pode existir ningún mal en seguir os impulsos da natureza, que nos vos creou para un único home, senón para compracer indistintamente a todos. Que non vos deteña ningún freo. Imitade os republicanos de Grecia; nunca os lexisladores que lles deron leis imaxinaron que o adulterio puidese ser un crime e case todos autorizaron a desorde das mulleres. Tomás Moro, en Utopía, proba que é vantaxoso para as mulleres entregárense á libertinaxe, e as ideas dese grande home non eran sempre soños (14).
Entre os tártaros, máis unha muller se prostituía, máis era honrada. Levaba publicamente no colo as marcas do seu impudor e non se estimaba en nada a aquelas que non levaban esa decoración. En Pegu (15), as propias familias entregan as súas mulleres ou as súas fillas aos estranxeiros: alúganas a tanto por día, como os cabalos e as carruaxes! En fin, volumes enteiros non chegarían para demostrar que nunca a luxuria foi considerada como criminal en ningún dos pobos sabios da terra. Todos os filósofos saben ben que só aos impostores cristiáns debemos o considerala como un crime. Os sacerdotes tiñan o seu bo motivo para prohibirnos a luxuria: esta recomendación, ao reservar para eles o coñecemento e a absolución deses pecados secretos, conferíalles un incríbel dominio sobre as mulleres e abríalles unha carreira de lubricidade cuxa extensión non tiña límites. Sábese como se aproveitaron dela e como abusarían aínda se o seu creto non se perdera irremediabelmente.
O incesto, é máis perigoso? Non, sen dúbida; estende os vínculos das familias e por conseguinte fai máis activo o amor dos cidadáns pola patria. Énos ditado polas primitivas leis da natureza, sentímolo, e o gozo dos obxectos que nos pertencen sempre nos parece máis delicioso. As primeiras institucións favorecen o incesto; está na orixe das sociedades; está consagrado en todas as relixións; todas as leis favoréceno. Os negros da costa de Pementa e de Río Gabón prostitúen as súas mulleres cos seus propios fillos. No reino de Xudá, o fillo maior debe casar coa esposa de seu pai. Os pobos de Chile déitanse coa nai e coa filla. En poucas palabras, atrévome a asegurar que o incesto debía ser a lei de todo goberno baseado na fraternidade. Como homes razoábeis chegaron ao absurdo de acreditar que o gozo de súa nai, da súa irma ou da súa filla podería algunha vez ser criminal? Pregúntovos, non é acaso un abominábel prexuízo considerar como un crime que un home estime máis para o seu gozo o obxecto de cuxo sentimento a natureza o coloca máis preto? Sería como dicir que nos está prohibido amar demasiado aos individuos que a natureza nos ditamina que amemos máis e máis nos inclina para un obxecto, pero ordénanos ao mesmo tempo que nos afastemos del! Estas contradicións son absurdas: só os pobos embrutecidos pola superstición son quen de acreditaren nelas ou de aceptalas. A comunidade de mulleres que instituín provoca necesariamente o incesto, queda moi pouco a dicir sobre un pretendido delito cuxa necesidade está demasiado demostrada para continuarmos a mallar nel. Pasaremos á violación que, a primeira vista, parece ser de todos os extravíos da libertinaxe aquel en que está mellor estabelecida, en razón da aldraxe que parece perpetrar. Non obstante, é certo que a violación, acción tan rara e tan difícil, fai menos dano ao próximo que o roubo, posto que este invade a propiedade que a outra se contenta con deteriorar. Que poderiades obxectar, por outra parte, ao violador que vos responde que en realidade o mal que cometeu non é moi importante, xa que non fixo máis que pór un pouco antes o obxecto do que abusou no mesmo estado en que cedo o porían o himeneo ou o amor?
Mais a sodomía, ese pretendido crime que atraeu o fogo do ceo sobre as cidades a que el se entregaron, non é un extravío monstruoso cuxo castigo nunca podería ser duro de abondo? É sen dúbida moito máis doloroso para nós ter que reprochar aos nosos devanceiros os asasinatos xudiciais que ousaron permitirse sobre este tema. É posíbel ser bastante bárbaro para se atrever a condenar a morte ao infeliz individuo cuxo crime é non ter os mesmos gustos que vós? Estarrezo cando penso que non hai nin corenta anos que o absurdo dos lexisladores aínda se ocupaba diso. Consoládevos, cidadáns, tales absurdos non volverán: a sabedoría dos vosos lexisladores garántevolo. Perfectamente ilustrados sobre esta debilidade dalgúns homes, hoxe percibimos que tal erro non pode ser criminal e que a natureza non daría tanta importancia ao fluído que corre polos nosos lombos como para se alporizar polo camiño que nos gusta que faga este licor.
Cal é o único crime que podería existir aquí? Seguramente non é meterse en tal ou cal parte, agás que queira sosterse que as partes do corpo non son semellantes e que as hai puras e impuras; mais como é imposíbel propor tales absurdos, o único presunto delito só podería consistir neste caso na perda da semente. Ora ben, pregunto se é verosímil que esta semente sexa tan preciosa a ollos da natureza que é imposíbel perdela sen cometer un crime. Se así fose, procedería todos os días a tales perdas? Non é autorizalas permitilas nos soños, no acto de gozo dunha muller embarazada? É posíbel imaxinar que a natureza nos dese a posibilidade dun crime que a aldraxaría? É posíbel que consinta que os homes destrúan os seus praceres e se volvan máis fortes que ela? Resulta inaudito o abismo de cousas absurdas ao que nos guindamos cando, para razoarmos, abandonamos o facho da razón! Teñamos, pois, como cousa certa que é tan simple gozar dunha muller dunha maneira como da outra, e que está probado que non poden existir en nós outras inclinacións que as que as que temos da natureza, esta é demasiado sabia e demasiado consecuente para pór en nós o que algunha vez podería ofendela.
A inclinación á sodomía é o resultado da organización e nós non contribuímos en nada a esta organización. Nenos desde idade moi tenra anuncian ese gusto e nunca se corrixen del. Ás veces é froito da saciedade; mais, mesmo nese caso, deixa de pertencer á natureza? Desde todos os puntos de vista é obra dela e, en todos os casos, o que inspira debe ser respectado polos homes. Se se fixese un censo rigoroso, chegaríase a probar que este gusto afecta infinitamente máis que o outro, que os praceres que produce son moito máis intensos e que por iso os seus seguidores son mil veces máis numerosos que os seus inimigos. Non sería posíbel entón concluír que, lonxe de aldraxar á natureza, este vicio estará ao servizo dos seus propósitos, e que esta tende moito menos á procreación do que temos a loucura de acreditar? Pois ben, percorrendo o universo, cantos pobos vemos que desprezan as mulleres! Hainos que só as utilizan para ter o fillo necesario para substituílos. O costume que teñen os homes de viviren xuntos nas repúblicas fará sempre este vicio máis frecuente, mais non certamente perigoso. Se xulgasen que era perigoso, os lexisladores de Grecia teríano introducido na súa república? Lonxe diso, achábano necesario a un pobo guerreiro. Plutarco fálanos con entusiasmo do batallón de amantes e de amados; eles sós defenderon durante moito tempo a liberdade de Grecia. Ese vicio reinou na asociación dos irmáns de armas; cimentouna, os máis grandes homes a el estiveron inclinados. Cando se descubriu, América enteira encontrábase poboada de xentes que tiñan este gusto. En Luisiana, entre os illinois, os indios, vestidos de mulleres, prostituíanse como cortesás. Os negros de Benguelé divirten publicamente aos homes; case todos os serrallos de Alxeria hoxe só están poboados por raparigos. En Tebas non se contentaban con tolerar o amor polos raparigos, senón que era obrigatorio; o filósofo de Queronea (16) prescribiuno para suavizar os costumes dos novos.
Sabemos até que punto reinou en Roma: había lugares onde os raparigos se prostituían vestidos de rapazas e as raparigas facíano vestidas de rapaces. Marcial, Catulo, Tibulo, Horacio e Virxilio escribían a homes como ás súas queridas e, por último, lemos en Plutarco (17) que as mulleres non debían participar no amor dos homes. Os amasios da illa de Creta adoitaban raptar os raparigos coas máis singulares cerimonias. Cando amaban a un, comunicábanlle aos pais o día en que o raptor quería roubalo; se o seu amante non lle gustaba, o mozo opuña algunha resistencia; en caso contrario partía con el e o sedutor devolvíao á familia tan pronto como se servira del. Porque nesta paixón, como na das mulleres, cando se ten bastante, tense xa de máis. Estrabón dinos que nesa mesma illa os serrallos só se enchían cos rapaces: eran prostituídos publicamente.
Quérese unha última autoridade destinada a probar o útil que é este vicio nunha república? Escoitemos a Xerónimo o Peripatético. O amor dos rapaces, dinos, espallouse por toda Grecia porque outorgaba coraxe e forza, e servía para expulsar os tiranos. As conspiracións formábanse entre amantes, deixábanse torturar antes de revelaren o nome dos seus cómplices, dese modo o patriotismo sacrificaba todo á prosperidade do Estado. Existía a certeza de que esas relacións consolidaban a república, declamábase contra as mulleres e era unha debilidade reservada ao despotismo vincularse con tales criaturas.
A pederastia foi sempre o vicio dos pobos guerreiros, César ensínanos que os galos eran extraordinariamente dados a el. As guerras que tiñan que emprender as repúblicas propagaron ese vicio ao separar os dous sexos, e cando se recoñeceron as súas consecuencias tan útiles para o Estado, a relixión apresurouse a consagralo. É sabido que os romanos santificaban os amores de Xúpiter e Gamínedes. Sexto Empírico asegúranos que esta fantasía era obrigatoria entre os persas. Por último, as mulleres celosas e desprezadas ofreceron aos seus maridos os mesmos servizos que recibían dos raparigos; algúns tentaron o cambio e volveron aos seus antigos costumes ao non achar posíbel tal ilusión.
Os turcos, moi inclinados a esta depravación que Mahoma consagra no Corán, afirman, non obstante, que unha virxe moi nova pode substituír bastante ben un rapaz e raramente as súas mulleres chegan a ser tales sen antes pasar por esa proba. Sixto Quinto e Sánchez permitiron esa libertinaxe; este último propúxose mesmo probar que era cousa útil á propagación e que un fillo creado despois desta digresión previa estaba mellor constituído. Por último, as mulleres resarcíanse entre si. Esta fantasía, sen dúbida, non ten máis inconveniente que a outra, porque o resultado só é a negativa a procrear, mentres que os medios daqueles que gustan da poboación son bastante máis poderosos para que os adversarios nunca poidan estorbalos. Os gregos baseaban tamén ese extravío das mulleres en razóns de Estado. Del resultaba que, bastándose entre si, as súas comunicacións cos homes eran menos frecuentes e así non estorbaban nos asuntos da república. Luciano ensínanos que progreso experimentou esa licenza e non sen interese a vemos en Safo.
En poucas palabras, todas estas teimas non entrañan ningún tipo de perigo: aínda que se levasen máis lonxe, aínda que chegasen até acariñar monstros e animais, como vemos polo exemplo de varios pobos, non habería o menor inconveniente en todas esas parvadas, porque a corrupción dos costumes, moitas veces moi útil nun goberno, non podería prexudicalo en ningún aspecto, e debemos esperar dos nosos lexisladores a suficiente sabedoría para estarmos ben seguros de que non emane deles ningunha lei que reprima esas miserias que, ao derivar absolutamente da organización, non poderían facer máis culpábel a quen a elas está inclinado que non o é o individuo que a natureza creou contrafeito.

NOTAS
(9) Paxe do sultán (Ndt.)
10) Sábese que o infame e depravado Sartine, para alimentar a luxuria de Luís XV, facía que a Dubarry lle lese tres veces por semana o detalle privado e enriquecido por el de todo o que acontecía nos malos lugares de París. Esta póla da libertinaxe do Nerón francés custaba tres millóns ao Estado!
(11) Que non se diga que me contradigo aquí e que despois de estabelecer máis enriba que non tiñamos ningún dereito a ligar unha muller a nós, destrúo estes principios ao dicir agora que temos o dereito a obrigala. Repito que só se fala aquí do gozo e non da propiedade. Non teño ningún dereito á propiedade desa fonte que encontrei no meu camiño, mais teño todos os dereitos ao seu gozo, teño o dereito a me aproveitar da auga límpida que ofrece á miña sede. Da mesma maneira non teño ningún dereito real á propiedade de tal ou cal muller, mais téñoos indiscutíbeis ao seu gozo. Téñoos de obrigala a ese gozo se mo nega polo motivo que for.
(12) As mulleres de Babilonia non esperaban sete anos para levaren as súas primicias ao tempo de Venus. O primeiro movemento de concupiscencia que experimente unha rapaza é o momento que a natureza lle indica para se prostituír e, sen ningunha outra clase de consideración, debe ceder desde o momento en que a súa natureza fala. Se se resiste, aldraxa as súas leis.
(13) Non saben as mulleres até que punto as embelecen as súas lascivias. Compárense dúas mulleres de idade e beleza aproximadamente semellantes, unha das cales vive no celibato e a outra na libertinaxe: verase canto máis brillo e frescura terá esta última. Toda violencia feita á natureza gasta moito máis que o abuso dos praceres. Non hai ninguén que non saiba que os partos embelecen a unha muller.
(14) Este quería que os noivos se visen completamente nus antes de casaren. Cantos casamentos deixarían de se consumar se se executase esta lei! Admitirase que o contrario é o que se chama comprar a mercadoría sen vela.
(15) Cidade medieval, situada na actual Myanmar (Birmania), berce da civilización «mîn». (Ndt.)
(16) Sócrates. (Ndt.)
(17) Obras morais, Tratado do amor.

Sobre o autor / a autora

Xesús González Gómez

Xesús González Gómez

(Galiza-Catalunha)

Sem comentários

Ainda não há comentários

Ninguém deixou um comentário para este post ainda!

ESCREVA UM COMENTÁRIO SOBRE ESTE POST

Escrever um comentário 

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios são marcados *