José Luis Abalo / Fotografía con retorno / 5 – Non é que se quixesen parar…, Xosé Enrique Acuña / Texto

0 comentários 🕔11:31, 19.Nov 2014

Non é que se quixesen parar, é que xa estaban paradas. Alí as dúas, e non precisamente a agardar por el, falando calquera cousa parva ou seria; o de que morreu non sei quen, hai tempo que non te vexo, como vai a túa nai ou un xa marcho que teño présa. E claro que o viron… e as dúas á vez. E como non o ían mirar se plantou diante delas, a fitalas descarado xa coa ferramenta na man. O home coa présa propia da ocasión, subiuna á altura dos ollos para facer o que o seu instinto, tan semellante ao dun cazador ante a peza descuberta, lle marcaba e indicaba. Detectou historia e, sobre todo, olladas. Tan directas como as que, el e elas, se intercambiaron durante a miseria de segundos que o home precisou para amañar este mínimo e oportuno relato fotográfico. A minúscula narración dun camiño detido, paralizado en creación, por dous simples rostros de rúa, e que, visto o visto, non eran, só hai que velas, simples nin menos correntes. O caso é que a cousa saíu como saíu e as dúas mulleres, as dos ollos, nunca máis souberon do home da cámara. O que, pacificamente, as asaltara, enfocara e retratara. Tampouco o negativo mereceu mellor sorte e pasou a ser carne dun sempre frío e desagradecido arquivo de non positivados ou copiados. E alí malvivía, na súa gris vida plástica, cando, tamén a conta dun porque si, o instinto bateu nel para salvar e retomar, tempo que era, estas tan sinceras e femininas olladas de 1995.

Sobre o autor / a autora

Sem comentários

Ainda não há comentários

Ninguém deixou um comentário para este post ainda!

ESCREVA UM COMENTÁRIO SOBRE ESTE POST

Escrever um comentário 

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios são marcados *