Abe Rábade expón Covas de luz no Centro Oncolóxico de Galicia, na Coruña

0 comentários 🕔12:00, 17.Dez 2014

Abe 2014 12 Abe Rábade por Xacobe MeléndrezRábade expón “Covas de luz” no Centro Oncolóxico de Galicia, na Coruña, do 1 de decembro de 2014 ao 31 de xaneiro de 2015.

Abe Rábade é ben coñecido no mundo musical como pianista, intérprete e compositor; é moi valorado nos círculos jazzísticos contemporáneos. Mais nesta ocasión amosa outra das súas paixóns artísticas, á que lle vén tomando o pulso nos tres ou catro útlimos anos, a fotografía. Colga vinte e seis instantáneas nas que reivindica a procura da beleza, da harmonía, nos recovecos máis inesperados do cotián. Entre elas está a portada do seu ultimo disco, “Versóns”. En “Covas de luz” hai follas no chan, pucharcas, detalles urbanísticos, valeiros… composicións visuais que o pianista, xogando coa cámara, compara coa música nos seus planos, na orde elexida, as magnitudes de presentación, o aire e o silencio; onde o criterio estético fixa na auga a harmonía ou destaca a melodía central nunha folla. A todo isto hai que engadir unha peculiaridade técnica: a maioría das fotografías foron realizadas co teléfono móbil.

Abe2014 12 TarxetonWEBAbeRabade traballa na música cunha simbiose das súas necesidades de investigación interior, persoal, e de comunicación pública. Dinos que no canto diso, na súa fotografía predomina a comunicación, pero unha comunicación cunha certa carga de ambigüidade, aberta ás distintas interpretacións, cun fondo de realismo máxico na procura de espectadores activos que traballen sobre a propia imaxe.

A exposición vén acrecentar o proxecto artístico “… na espera”, que conta xa cunha traxectoria de 4 anos, 3 no caso do Centro Oncolóxico de Galicia.

“…na espera” é un proxecto do Colectivo artístico arTeu, que busca achegar a arte a espazos de uso cotián, neste caso nas salas de espera de centros médicos.

2014 12 TarxetonATeresaCandalPaciente e acompañantes poden distraer as súas preocupacións máis inmediatas coa contemplación de obras “amábeis” nas que as e os artistas comunican o seu xeito de ver o mundo, as súas inquedanzas… aproveitando eses momentos da vida nos que a présa desaparece, o tempo se para, e a sensibilidade e espiritualidade cobran protagonismo.

A exposición “Covas de luz” de Abe Rábade estará no Centro Oncolóxico de Galicia ate finais de xaneiro e comparte cartel no proxecto “…na espera“ coa exposición “Horas de evocación” de Teresa Candal na clínica AIEMÁ de Santiago.

Sobre o autor / a autora

Xacobe Meléndrez Fassbender

Xacobe Meléndrez Fassbender

(Galiza, 1963) Fotógrafo, criador polifacetado no contexto das artes visuais, curador de exposições e comprometido agitador sócio-eco-cultural. Leva mais de 25 anos publicando esporadicamente artigos, entrevistas, críticas, etc, em diversos meios galegos.

Sem comentários

Ainda não há comentários

Ninguém deixou um comentário para este post ainda!

ESCREVA UM COMENTÁRIO SOBRE ESTE POST

Escrever um comentário 

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios são marcados *