Escritos sobre Galicia e recensións de libros galegos na prensa catalá: Xavier Costa Clavell (e II)

Escritos sobre Galicia e recensións de libros galegos na prensa catalá: Xavier Costa Clavell (e II)

0 comentários 🕔10:30, 21.Jan 2015

II

Hora de poesía foi unha revista dirixida, e financiada integramente, polo poeta, de profesión proctólogo, e viaxeiro Javier Lentini. Tiña a revista unha secretaria, a súa filla, tamén poeta, hoxe responsábel da Editorial Igitur: Rosa Lentini Chao; e un Comité de redacción, entre cuxos membros se encontraban, entre outros, xente como Carlo Fabretti, Ana María Moix, Francesc Parcerisas ou Marta Pessarrodona. Comité que se renovou cos anos, apareceron novos nomes e desapareceron outros. A revista, nun principio de carácter bimestral, naceu en 1979; a partir do número 49-50, co cambio de formato, pasou a ser cuatrimestral. Co número 100 desapareceu. Nesta revista colaboraron escritores galegos como Xosé Lois García (quen publicou un número monográfico dedicado á poesía portuguesa), así como diversas traducións de poetas de expresión portuguesa, e diversas recensións, e Xavier Costa Clavell, entre outros. Costa Clavell dedicou os seus empeños nesta revistas a recensións de libros de poesía.

HORA DE POESÍA
1979:
Nº 1. Xaneiro: Mar e naufraxio (A. Pexegueiro). Tempo de Compostela (S. García-Bodaño). Paisaxe de Glasgow (Vicente Araguas).
Nº 3. Marzo-xuño: Obra poética, de Luís Seoane.
Nº 4/5. Xullo-outubro: Antoloxía da poesía galega (Nordés), Abraio (Tomás Barros), Xornal de prisión (Ho-Chi-Minh, trad. Xosé Neira Vilas).
Nº 6. Novembro-decembro: Víspera do día (Xulio L. Valcárcel).

1980:
Nº 8. Marzo abril: Alfonso Pexegueiro, a la búsqueda de la autenticidad (sobre Circos de auga).
Nº 9. Maio-xuño: La poesía de Alexandre Cribeiro (sobre Indo para máis perto).
Nº 10/11. Xullo-outubro: Eduardo Moreiras, un poeta en plena madurez (sobre O libro dos mortos).
Nº 12. Novembro-decembro: Víctor Viqueira (sic), el lenguaje hecho poesía mítica (sobre Informe da gavilla, de Vítor Vaqueiro).

1981:
Nº 15. Maio-xuño: El primer libro del último poeta maldito (sobre Cabalum, de Carlos Oroza).

1982:
Nº 21/22. Xullo-outubro. La poesía amorosa de Claudio Rodríguez Fer (sobre Tigres de ternura).

1983:
Nº 25. Xaneiro-febreiro. La poesía de Méndez Ferrín (sobre O fin dun canto).
Nº 30. Novembro-decembro. La humanizada poesía de Avilés de Taramancos (sobre O tempo no espello).

1984:
Nº 33. Marzo-abril. La poesía de López Casanova (sobre Liturxia do corpo).
Nº 34/35. Maio-outubro: La autenticidad poética de Xoán-Manuel Casado (sobre O libro de Caldelas).

1985
Nº 38. Marzo-abril. La poesía amorosa de Fernán Vello (sobre Seivas de amor e tránsito).
Nº 40/41. Xullo-outubro. La profunda y laberíntica poesía de Rodríguez Barrio (sobre Os laberintos da xerfa).

1986:
Nº 43. Xaneiro-febreiro. La evocadora poesía de Manuel Rivas (sobre Baladas nas praias do oeste).
Nº 46/47. El esperpento en la poesía de Manuel Guede (sobre Contra Serenou).
Nº 48. Novembro-decembro. La entrañable poesía de González Tosar (sobre A caneiro cheo).

1987:
Nº 51/52. Maio-agosto. El bello y sugestivo mundo lírico de Ramiro Fonte (sobre Pensar na tempestade).

1989:
61/62. Xaneiro-abril. La majestuosa y dolorosa poesía de Novoneira (sobre Do Courel a Compostela).

(Apéndice)
Nº 4/5. Xullo-outubro de 1979: Manoel Antonio en el 50 aniversario de su muerte. La recuperación de la vanguardia. César Antonio Molina (coa tradución de 8 poemas do rianxeiro).
Nº 16/17. Xullo-outubro de 1981. Martín Codax. Código popular, Pires Laranjeira (adaptación e tradución dos poemas: Xosé Lois García).
Nº 19/20. Inéditos de J. M. Casado: «Recendos» – «Decúbito prono» (auto-tradución)

III

Á parte de Destino, La Vanguardia, Hora de poesía, Xavier Costa Clavell colaborou, como se dixo, noutros medios que se publicaban en Barcelona, entre eles salientan o xornal (vespertino) Tele/Expres e a revista Mundo, así como o mensuario, en catalán, Serra d’Or.

Tele/Expres, fundado en 1964 por franquistas procedentes do catalanismo como Ignacio Agustí, Joan Gich e outros, ao pouco tempo foi comprado in extremis polo Grupo Godó (La Vanguardia), que puxo como director a Manuel Ibáñez Escofet, procedente de El correo catalán, xornal que pertencera á Comunión Tradicionalista (carlista) e comprara Jordi Pujol, e que baixo a batuta de Ibáñez Escofet iría cambiando pouco a pouco. Dirixido por este último, Tele/Expres converteuse no xornal máis moderno de Barcelona, é dicir, Cataluña, na segunda metade da década de 1960, cun variado plantel de colaboradores e redactores: Joan Fuster, Ernest Lluch, Terenci Moix, Francisco Candel, Monserrat Roig, Jacint Ros Hombravella, José María Carandell, etc., entre os primeiros. Como redactores: Josep María Huertas Clavería, Jaume Guillamet, Joan de Sagarra, e xente que se ía incorporando: Josep Ramoneda, Manuel Campo Vidal, Lluís Bassets, etc. Dedicaba unha páxina ao teatro –publicada os martes–, dirixida primeiramente por Ricard Salvat (que dedicou ampla información ao teatro galego, desde espectáculos a novidades bibliográficas ou a representacións) e logo por Jaume Melendres e Ferran Monegal. Unha excelente páxina de cine –que aparecía os mércores– en que escribían, entre outros, Román Gubern, Joan Enric Lahosa, Félix Fanés ou o colectivo F. Creixells (althusserianos). E unha páxina dedicada ás letras que a principios do setenta deu paso a Tele/expres-Literario a catro páxinas, normalmente en papel salmón, dirixida por José María Carandell e José Luis Giménez-Frontín.

Ao colaborar en La Vanguardia, Costa Clavell comezou serodiamente a súa colaboración en Tele/expres-literario. Aínda que a súa primeira colaboración data de 1970, é a partir de 1975 que a súa firma comeza a ser asidua neste suplemento, no que deixará de colaborar en abril de 1977. No interín (en agosto de 1976), Tele/Expres fora vendido polo Grupo Godó a Sebastián Auger, propietario do Grupo Mundo. Nese abril de 1977, o Grupo Mundo empezaba a presentar síntomas de descomposición, descomposición que intentaba o seu propietario (Sebastián Auger pioneiro das tramas de enxeñaría financeira en España, aínda que non puido enganar ao xuíz encargado do caso e Auger, para non ir á cadea fuxiu de España) agachar mediante unha fuxida cara a adiante: descapitalización da «xoia da coroa», Mundo diario, para comprar outros xornais en «baixa», como Informaciones, de Madrid e Diario de Valladolid. Á parte doutro vespertino barcelonés de nula venda: Catalunya/Expres. Tele/Expres, como todas as publicacións do Grupo Mundo (incluída a Editorial Dopesa, para a que traballou como tradutor Justo G. Beramendi), desapareceu en 1980.

Con esta serie simplemente se quixo demostrar que o lector catalán puido, se quixo, estar atento á produción literaria galega, porque, cando menos, estaba informado. A estes datos habería que engadir as colaboracións na prensa catalá de Xosé Lois García: Diario de Barcelona, Canigó, Avui…, que, ademais de información e análise política, tamén comentou libros galegos.

COSTA CLAVELL EN TELE/EXPRES-LITERARIO
Neira Vilas en la nueva narrativa gallega, 9 de decembro de 1970.
Entrevista con Eduardo Blanco-Amor, 19 de marzo de 1975 (entrevista dunha páxina co escritor galego; na segunda páxina do suplemento aparecían os artigos: Eduardo Blanco-Amor y la emigración, de Luís Seoane e Novelista gallego, de Basilio Losada).
Os eidos-2 (de Uxío Novoneira), 4 de xuño de 1975.
Castelao y los refritos de Alonso Montero (sobre Castelao, de X. Alonso Montero, 25 de xuño de 1975) .
Galicia, andadura de una tierra sin fronteras (de José María Moreiro), 20 de agosto de 1975).
Olladas no futuro (de Ramón Piñeiro), 22 de outubro de 1975.
Las musarañas (de Eduardo Blanco Amor; autotradución d’Os biosbardos), 5 de novembro de 1975.
As cruces de pedra na Galiza (de A. R. Castelao), 17 de decembro de 1975.
Poesía gallega completa de Antonio (sic) Tovar, 28 de xaneiro de 1976.
La poesía gallega del Medievo al siglo XVIII (sobre Poesía galega. Dos devanceiros ao XVIII, de Xosé Landeira Irago), 11 de febreiro de 1976.
O libro das galerías galegas (de Xosé Castro Arines), 24 de Marzo de 1976.
Castelao en «El Sol» (edición de J. A. Durán), 14 de marzo de 1976.
Conflicto lingüístico e ideoloxía en Galiza (de F. Rodríguez), 26 de maio de 1976.
La poesía de Ramón Cabanillas (Escolma Poética, ao coidado de Marino Dónega), 9 de xuño de 1976.
Los partidos políticos y la autonomía en Galicia 1931-1936 (de Alfonso Alfonso Bozzo), 18 de agosto de 1976.
Sempre en Galiza (de A. R. Castelao), 20 de outubro de 1976.
Unha ducia de galegos (de Víctor Freixanes), 17 de novembro de 1976.
Méndez Ferrín, dieciocho años después (sobre a reedición de Perceval e outras historias), 1 de decembro de 1976.
El Estatuto Gallego de 1936 (Ed. Akal, con comentarios de Castelao), 12 de xaneiro de 1977).
Prosa Galega I, 9 de febreiro de 1977.
Memoria dunha edá (de A. López Casanova), 9 de marzo de 1977.
Con pólvora e magnolias, (de X. L. Méndez Ferrín), 21 de abril de 1977.
Santiago Álvarez y su «Alternativa democrática para Galicia», 30 de marzo de 1977.
La mujer y Galicia en la buena poesía ( Fiz Vergara Vilariño, Orfo de ti terra adentro), 22 de xuño de 1977.
Narradores galaicos (Catro narracións, 1º Premio Pedrón de Ouro), 29 de xuño de 1977.
Una visión de Galicia y su cultura (Los Gallegos, coordinado por Gustavo Fabra Barreiro), 20 de xullo de 1977.
A muller en Galicia (de María Xosé Queizán), 27 de agosto de 1977.

(Apéndice)
El rescate de Curros Enríquez, Robert Saladrigas, 24 de decembro de 1975 (sobre Curros Enríquez, de Celso Emilio Ferreiro)
Siempre con Galicia, José María Carandell (sobre Perfil conflictivo de Galicia, de Xavier Costa Clavell).
La gran novela de Blanco-Amor, José Luis Giménez-Frontín (sobre Aquella gente…, auto-tradución de Xente ao lonxe).

RECENSIÓNS DE XAVIER COSTA CLAVELL NA REVISTA MUNDO
Nº 1803, 23 de noviembre de 1974, Sombras elípticas (sobre Elipsis e outras sombras, de Xosé Luís Méndez Ferrín).
Nº 1810, 11 de xaneiro de 1975, O catecismo d’o labrego en castellano (sobre a tradución de Xesús Alonso Montero publicada por Ed. Júcar).
Nº 1835. Los Novísimos gallegos, 5 de agosto de 1975.
Nº 1837. Cómics para la denuncia, 19 de xullo de 1975 (sobre Duas viaxes, de Xaquín Marín e Reimundo Patiño).

(Apéndice)
Nº 1870. Curros Enríquez: el rescate de un poeta gallego, Robert Saladrigas.

XAVIER COSTA CLAVELL EN SERRA D’OR
Celso Emilio Ferreiro i la nova poesia gallega, 2º época, Ano VIII, nº 11, 15 de novembro de 1966.
L’assagisme gallec als darrers vint anys, 2º época, Ano, IX, nº 7, 15 de xullo de 1967.
La Nova Narrativa gallega, 2ª época, Ano XII, nº 1, 15 de xaneiro 1970.

(Apéndice)
Un assagista gallec, Alfred Badia (recensión de case dúas páxinas de Ensaios I, de Domingo García-Sabell), 2ª época, Ano VI, Xaneiro de 1964.

NOTA DO AUTOR: a primeira versión estes artigos fora publicada n’A Nosa Terra dixital, mais xa non poden encontrarse na rede.

NOTA DA REVISTA PALAVRA COMUM: a foto que acompanha este artigo provém da Biblioteca Virtual Galega.

Sobre o autor / a autora

Xesús González Gómez

Xesús González Gómez

(Galiza-Catalunha)

Sem comentários

Ainda não há comentários

Ninguém deixou um comentário para este post ainda!

ESCREVA UM COMENTÁRIO SOBRE ESTE POST

Escrever um comentário 

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios são marcados *