A literatura galega en <em>La Gaceta Literaria</em>

A literatura galega en La Gaceta Literaria

0 comentários 🕔09:40, 04.Fev 2015

La Gaceta literaria. Iberoamericana-Internacional foi unha das máis importantes revistas literarias que apareceron no tempo da ditadura de Primo de Rivera e que tivo continuación durante o primeiro ano do tempo republicano. Estaba dirixida por Ernesto Giménez Caballero, que acabou no fascismo, e o seu secretario era Guillermo de Torre. Cando Guillermo de Torre marchou a Buenos Aires, o secretariado pasou a mans de César M. Arconada, que acabaría militando no Partido Comunista de España, e que morreu exiliado na URSS. Os colaboradores e redactores desta importante revista abrangueron todas as tendencias políticas que abrollarían na República: de Ramiro Ledesma Ramos, que era o crítico dos libros de Filosofía e logo fundador das JONS, até Alberti, que acabaría no PCE. En canto á literatura, os máis importantes nomes da literatura española e catalá daqueles anos, e outros que serían importantes no futuro, de Rosa Chacel a Gil-Albert, déronse cita nas súas páxinas.
Non imos aquí salientar a importancia desta revista, que deu voz, e moita, a Cataluña (con escritos en catalán, e durante un tempo cunha páxina titulada «Gaceta Catalana») e a Portugal –tamén cunha páxina «Gaceta Portuguesa». Entre os colaboradores portugueses salientan os nomes de Almada Negreiros, que viviu un tempo en Madrid, António Ferro, José Régio, Gaspar Simões ou Adolfo Rocha –Miguel Torga pouco despois–, etc. Tampouco subliñaremos a importancia das traducións, informacións e colaboradores estranxeiros, só digamos que o primeiro texto de Walter Benjamin publicado en español apareceu nesta revista.
Mais hoxe o que nos trae2015 01 Gaceta Literaria 2 aquí son as recensións da presenza da literatura galega –non dos colaboradores nacidos en Galicia– nesta revista, que apareceu en xaneiro de 1927 e desapareceu o 1 de maio de 1932, co número 123 (a súa periodicidade era quincenal), cando xa os seus máis importantes colaboradores, debido á ideoloxía política que abrazara Giménez Caballero, se deran á fuga. Moitos dos últimos números da publicación foron redactados case que integramente por Giménez Caballero, e cando non foi así, a maioría dos colaboradores eran descoñecidos, que continuarían a ser descoñecidos, ou escritores que acabarían abrazando o fascismo e o franquismo.

Arelado (poema), Ev. Correa Calderón, nº 1, 8 de xaneiro de 1927.
Nouturnio (poema), E. Blanco-Amor, nº 3, 1 de febreiro de 1927.
Chançon de choiva (poema), Augusto María Casas, nº 6, 15 de marzo de 1927.
O estilo da renacencia galega, V. Paz-Andrade, nº 10, 15 de maio de 1927.
Verso gallego (poema), Augusto María Casas, nº 12, 15 de xuño de 1927.
A fiestra valdeira, de Rafael Dieste // Ardencias, de Lugrís Freire // A rosa de cen follas, de Ramón Cabanillas, por Augusto María Casas, nº 12, 15 de xuño de 1927.
POEMAS EN MAPA GALICIA. Poemas de: Evaristo Correa-Calderón: Prego da Mae que tén o Filho no Alén ao Noso Senhor Sant-Yago // Eduardo Blanco-Amor: Saudade, Ermo, Prego a um-a fonte // Luís Amado Carballo: Interior, Canto de arada de Terra de Montes // Luís V. F. Pimentel: Nouturnio // O cartafol do vento, Lied ohne Worte, Manuel Antonio, nº 13, 1 de xullo de 1927.
Matices del alma gallega, Victoriano García Martí (do libro Una punta de Europa), nº 24, 15 de xullo de 1927.
Letras Gallegas (sobre Airas Nunes), Antonio Valero de Berbané, nº 16, 15 de agosto de 1927.
El nuevo idioma gallego, Ev. Correa-Calderón, nº 16, 15 de agosto de 1927.
Alicor, de Juan Vidal Martínez, por Augusto María Casas, nº 20, 15 de outubro de 1927.
Grabados de Jaime Prada, E. Estévez Ortega, nº 29, 1 de marzo de 1928.
La nueva literatura gallega (I), Augusto María Casas (sección «Postales ibéricas»), nº 37, 1 de xullo de 1928.
La nueva literatura gallega (II), Augusto María Casas (sección: «Postales ibéricas»), nº 38, 15 de xullo de 1928.
La nueva literatura gallega (e III), Augusto María Casas, (sección: «Postales ibéricas»), nº 39, 1 de agosto de 1928.
Enlaces literarios de Galicia y Portugal, Correa-Calderón, nº 45, 1 de novembro de 1928 (número dedicado á «Exposición del libro portugués»).
Ontes, de Ev. Correa-Calderón, nº 46, 15 de novembro de 1918 (na sección: «Libros de la quincena»).
Paisajes y problemas geográficos de Galicia, de Ramón Otero Pedrayo, por G. S., nº 47, 1 de decembro de 1918.
Un libro de Otero Pedrayo (Paisajes y problemas geográficos de Galicia), E. Salazar y Chapela, nº 51, 1 de febrero de 1929.
Poemas sincopados (poema), Emilio Mosteiro, nº 53, 1 de marzo de 1929.
La literatura medieval en Galicia, de P. J. Mouriño, por F. C. Almada, 1 de marzo de 1929.
O Galo, de Luis Amado Carballo, por Augusto María Casas, nº 53, 1 de marzo de 1929.
Ramón Otero en Texas (sobre Paisajes y problemas geográficos de Galicia), Eugenio Montes, nº 61, 1 de xullo de 1929.
La trinidad literaria. Teatro gallego, Augusto María Casas, nº 67, 1 de novembro de 1929.
Los de la periferia, L. Santiso Girón, nº 83, 1 de xuño de 1930.
El problema político de Galicia, de Vicente Risco, por E. S(alazar). y Ch(apela)., nº 94, 15 novembro de 1930.
Galicia. Noticias, Augusto María Casas, nº 117, 1 de novembro de 1931.

CURIOSIDADES

Houbo, 2015 01 Gaceta Literaria 1como se avanzou, máis firmas de escritores nacidos en Galicia en La Gaceta Literaria ao longo dos seus cinco anos de vida. E artistas, como Maruja Mallo. Victoriano García Martí e Euxenio Montes escribiron sobre temas non galegos. No número 110 (15 de agosto de 1931), apareceu o artigo «En torno al concepto de cultura», de Carlos Martínez-Barbeito, comentáronse libros de Novoa Santos, Fernández Flórez, Julio Camba e García Martí. Deste último, por exemplo, La tragedia del caballero de Santiago, e o comentarista foi un colaborador galego da revista: Manuel Souto Vilas, que anos despois sería coñecido como «La voz gallega de las JONS», e que se «especializou» no campesiñado –seica vía labregos cando ían a Santiago e falaba con eles. Cando morre o filósofo Amor Ruibal, a súa necrolóxica (nº 95, 1 de decembro de 1930) –que é un intento de explicación da súa filosofía en poucas liñas– vai asinada polo comentarista dos libros de filosofía de La Gaceta Literaria: Ramiro Ledesma Ramos, o futuro fundador das Juntas Ofensivas Nacional-Sindicalistas (JONS). Na sección «Postales ibéricas» coméntanse varias veces actos literarios ou dase a noticia de publicacións de libros en Galicia, etc.

NOTA DO AUTOR: a primeira versión estes artigos fora publicada n’A Nosa Terra dixital, mais xa non poden encontrarse na rede.

Sobre o autor / a autora

Xesús González Gómez

Xesús González Gómez

(Galiza-Catalunha)

Sem comentários

Ainda não há comentários

Ninguém deixou um comentário para este post ainda!

ESCREVA UM COMENTÁRIO SOBRE ESTE POST

Escrever um comentário 

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios são marcados *