Proxecto ELO, por Rosalía Fernández Rial

Proxecto ELO, por Rosalía Fernández Rial

0 comentários 🕔11:00, 25.Mar 2015

ELO é un cruce de camiños, unha intersección entre os textos interpretados de Rosalía Fernández Rial e o sabio teclado de Serxio Moreira. Nunha estrada secundaria, perdida, fóra das cadeas que impiden esvarar, alén do asfalto establecido e os vehículos con dirección fixa e destino predeterminado. Eles, os de Elo, son dos que viaxan sen rumbo, intentando responder aos sinais do percorrido.

Escribo en terceira persoa porque Ela, a ela de Elo, é un personaxe, como todo “eu lírico”, ao igual que El, o el de Elo, que a acompaña cunha banda sonora digna dun filme de ficción, dos de 8 milímetros, especialmente apto para distancias curtas. Como as que nos separan de ti, lectora, ouvinte, compañeiro de traxectos poéticos.

AProxecto ELO 2 cartografía pola que se move o último traballo discográfico de ELO procede das paisaxes que conteñen os dous últimos libros de Rosalía: Vinte en escena e Ningún amante sabe conducir, publicados por Edicións Positivas. Tecendo mapas Di-versos: o primeiro, de carácter urbano, cosido por rúas ateigadas de indixentes sen guión nin teito baixo o que agocharse, mais cunha absoluta liberdade de existencia e o segundo, interurbano, pespuntado con fíos eróticos, acelerados, que deixan como ronsel unha road-movie de desexo asfaltado.

Mais o que El e Ela verdadeiramente anhelan é que ti –lector, ouvinte, compañeira de viaxe– te cruces con nós e te volvas outro ELO solto, alén das direccións marcadas. Queremos desencadear contigo un accidente de emocións, unha colisión de pensamentos compartidos, unha forma alternativa de amar. Querémoste. E gustaríanos dicircho a través do transistor, mentres conduces, cando te duchas, ao tempo que te declaras a outra persoa, xusto no medio das palabras coas que te confesas. No cruzamento mesmo dos vosos camiños, na intersección de texto e música, no centro das estradas secundarias. Querémosvos. E vós?

Rosalía Fernández Rial

Santiago de Compostela, 12/03/2014

ELO: Fin de nucleo urbano

PONTOS DE VENDA:

FORMATO FÍSICO
Santiago de Compostela:
– Libraría Lila de Lilith (R/ Travesa, 7).
– Miranda Cultura para levar (R/ de Trás Salomé, 1).
– Libraría Couceiro (Praça Cervantes).
– Libraría Follas Novas (R/ Montero Ríos).
A Corunha:
– Livraria Suévia (R/ Vila de Negreira, 32).
– Libraría Sisargas (R/ San Roque, 7).
Carvalho:
– Libraría Brañas (Gran Via, 79).

FORMATO DIGITAL:
Descarga online: bandcamp de ELO.

PEDIDO DIRECTO:
Consultar directamente com os membros do proxecto (Rosalía Fernández Rial e Serxio Moreira) ou com Edicións Positivas.

Sem comentários

Ainda não há comentários

Ninguém deixou um comentário para este post ainda!

ESCREVA UM COMENTÁRIO SOBRE ESTE POST

Escrever um comentário 

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios são marcados *