A literatura galega fóra de Galicia: os períodos de transición

A literatura galega fóra de Galicia: os períodos de transición

0 comentários 🕔12:30, 01.Abr 2015

As asociacións de escritores, os editores, os críticos, os afeccionados, etc., galegos sempre se preocupan de como saír ao exterior, como publicitar a nosa literaria alén do Padornelo. É unha tarefa, en certa maneira, ímproba: é unha especie de lotaría e nunca se sabe o que pode gustar a un lector e/ou o que pode interesar a un editor, polo que eu avogaría, antes de nada, por intentar promover a nosa literatura dentro das súas fronteiras naturais, que ben o necesita. Unha vez ben promovida e vendida dentro do cadrado que conforman esas fronteiras, talvez a saída ao exterior puidese ser máis doada, quen sabe. No entanto, haberá que advertir que as literaturas, guste ou non, non se promoven como se fose un deterxente: entran na constitución destas outros elementos moi diferentes, e o primeiro de todo é que non é un «obxecto» de «primeira necesidade». Con todo, non imos negar que unha boa publicidade sempre pode aproximar un lector a un libro dado, pero, non esaxeremos, tampouco a tantos. Haberá que ir afacéndose á idea, xa avanzada por Paul Valéry, da aleatoriedade da xustiza no que respecta á literatura. Noutras palabras, que o éxito chega ou non chega, e a xustiza literaria, dicía o escritor francés, non existe, nin mesmo despois de morto: quen pense nela, vai dado, era a conclusión do autor do Cemiterio mariño. Porque é evidente que moitos escritores triunfaron despois de mortos, mais, avisaba o poeta, quizais hai por aí centos deles, publicados xa, que nunca coñeceremos, e son grandes escritores. Mais estamos a nos afastar do noso tema. Queríamos dicir, ou afirmar, sucintamente, que por moitos congresos, reunións, etcétera, etcétera, que se fagan sobre como promover a nosa literatura no exterior, por moitas conclusións a que se cheguen, de nada van servir: o factor azar é determinante, e aquí o Herr Hegel non atinaría: neste sentido, o azar non é produto da necesidade, senón que é, pura e simplemente, azar.

Do que queriamos falar, e non moito, é de que a literatura galega foi durante décadas promovida fóra de Galiza da única maneira que, daquela, podía ser promovida: con recensións en xornais e revistas non ubicados no país. Penso que a serie de traballiños que se publiquen despois deste, e este incluído, demostra que unha pequena promoción se fixo da literatura galega. Promoción realizada por individualidades, certamente, mais promoción. Hoxe queremos, simplemente, enumerar as recensións que sobre libros galegos (ou cultura/literatura galega) apareceron en diversos xornais madrileños, de 1927 a 1936. (Non enumeramos os artigos de Antón Vilar Ponte, Correa Calderón, Paz-Andrade, Lustres Rivas e outros que enviaban a diversos xornais madrileños desde Galicia e daban noticia de publicacións de libros ou eventos culturais, como, por exemplo representacións teatrais: estas «noticias» eran, ás veces, verdadeiras recensións críticas.) Limitamos a nosa esculca a uns poucos anos, e o lector topará con datos curiosos que intentaremos explicar/analizar ao final da entrega. Velaí os datos:

EL SOL. Diario independiente

1927
A fiestra valdeira. Rafael Dieste, José Díaz Fernandez (7 de xullo).

1928
Grabados en Linóleum. Jaime Prada, José Díaz Fernández (1 de febreiro).
Dos días en Orense. Álvaro de las Casas. A. R. de L. (7 de abril)
Una excavación de arte rupreste en los márgenes de la ría de Arousa. F. Bouza Brey, R(afael). A (ltamira). (12 de xuño).
Prehistoria e folclore do Barbanza. F. Bouza Brey & F. López Cuevillas, R. A. (16 de xuño).
Resurgimiento de la literatura gallega, Eduardo Díaz Ontañón (21 de xuño).
Catálogo dos castros galegos. R. A. (6 de xullo).
Diccionario galego-castelán. Leandro Carré Alvarellos, J. Artiles Domínguez (19 de agosto).
De catro a catro. Manoel-Antonio, José Díaz Fernández (23 de agosto).
Ontes. E. Correa Calderón, J. Díaz Fernández (11 de outubro).
Antología de la lírica gallega. Álvaro de las Casas, A. R. de L. (12-X).
Poesías en gallego y castellano. Enrique Labarta Posse, S. O. (18 de novembro).

1929
Paisajes y problemas de la geografía de Galicia. Ramón Otero Pedrayo, R. A. (2 de febreiro).
A eirexa de Santa María de Mixos e as suas aras romanas. F. Bouza Brey, R. A. (3 de marzo).
Unha impresión da Galizia do sul no derradeiro ano do século XVIII. Ramón Otero Pedrayo, R. A. (30-III).
Economía rural gallega. Federico Manciñeira, D. F. (9 de abril).
Cantigas e verbas ao ar. Julio Sigüenza, J. D. F. (23 de abril).
A maorazga. Ramón Otero Pedrayo, R. A. (18 de maio)
Poemas sincopados. Emilio Mosteiro, José Díaz Fernández (25 de maio).
Segundo libro de Cousas. A. R. Castelao, J. D. F. (28 de xuño)
Elementos de metodología de la historia. Vicente Risco. R. A. (5 de xullo).
Os estroeminios, os sacies e a ofilatría en Galicia. F. Bouza Brey & F. López Cuevillas, R. A. (7 de agosto).
Vaosilveira. Gonzalo López Abente, J. D. F. (9 de agosto).
Santiago de Compostela. R. López y López, M (18-IX).
Lugo y su provincia. José Cao Moure, M. (2 de outubro).
Aportaciones a la historia de Galicia. Marcelo Macías, Luis Bello (3 de novembro).
Cuentos humorísticos. E. Labarta Pose. M.A. 13 de noviembre.
Aportaciones a la historia de Galicia. Marcelo Macías, R. A. (14 de novembro).

1930
Orballo de medianoite. Roberto Blanco Torres, J. D. F. (25 de xaneiro)
Diana de gaita. Juan Bautista Andrade, J. D. F. (21 de marzo).
Notable grupo de círculos lithicos y túmulos dolménicos de cuerno superior. Federico Manciñeira, R. A. (17 de maio).
As cruces de pedra na Bretaña, A. R. Castelao, R. A. (11 de xullo).
Pelerinaxes, Ramón Otero Pedrayo. R. A. (31 de xullo)
Nemancos, Gonzalo López Abente, J. D. F. (9 de agosto).
Doña Florinda, Castelao (tradución do relato, de Cousas, de Castelao «Dona Florinda casouse…», inserido na sección «Antalogía del hogar», da páxina titulada «La mujer, el niño y el hogar». Nesta páxina, que é publicada os domingos, apareceu durante moitos anos un artigo da xornalista galega afincada en Barcelona María Luz Morales. Ao non se consignar o nome do/a tradutor/a, podemos inferir que foi traducido por esta xornalista galega (1)).
50 homes por dez reás, A. R. Castelao. Reseña sen asinar (25 de setembro).
Cartones de Burgos. Jaime Prada. J. D. F. (9 de outubro).
Arquivos do Seminario de Estudos Galegos V, R. A. (1 de novembro).
Arte gallego. Enrique Estévez Ortega, J. D. F. (13 de novembro).
El problema político de Galicia. Vicente Risco, José Díaz Fernández (26 de novembro).
As églogas de Virxilio. tr. de A. Gómez Ledo, A. (31 de decembro).

1931
Viaje y fin de don Frontán. Rafael Dieste, Luis Bello (15 de xaneiro).
De esto y de lo otro, Roberto Blanco Torres, J. D. F. (18 de febreiro).
Universalidad y entraña. Los versos gallegos de Eugenio Montes, C. (13 de marzo).
Nós, por Castelao, Ramón Mª Tenreiro (2 de xuño).
El romanticismo gallego (sobre Romantismo e saudade en Nicomedes Pastor Díaz, Rosalía e Pondal, de Otero Pedrayo). Eugenio Montes (14 de novembro).

1932
Saudade, de J. V. Viqueira, Eugenio Montes (27 de xaneiro).
Menosprecio de corte y alabanza de aldea (sobre Vila de Calvos de Randin, de Xaquín Lorenzo e F. L. Cuevillas). Eugenio Montes (31 de maio).
La soledad confusa. R. Carballo Calero, V. Salas Viu (9 de agosto).

1933
A cultura en Galicia e a sua Universidade. Francisco Fernández del Riego (23 de xullo). Artigo publicado en galego.

1934
Ensayo histórico sobre la cultura gallega. Ramón Otero Pedrayo (11 de marzo). Reprodución, na sección «Letras», das páxinas iniciais deste libro de Otero Pedrayo.
O silenzo axionllado. R. Carballo Calero [reseña sen asinar] (21 de agosto de 1934).
Terra de Melide [reseña sen asinar] (27 de setembro).

1935
Cuarta sinfonía. Manuel García Paz, Fernández Mazas (30 de agosto).
O muíño albeiro. Ánxel Sevillano, Virgilio Novoa Paz (22 de novembro).

1936
Devalar. Ramón Otero Pedrayo (reseña sen asinar na páxina de «Letras»). (18 de xaneiro).

HERALDO DE MADRID

1927
Teatro gallego. [Dúas obras de H. Fariña.] L. Santiso Girón (26 de marzo).
Galicia y «La Gaceta literaria». Augusto María Casas (16 de agosto).
La trova renaciente. R. O. P. (29 de novembro).
Meditación compostelana. R. O. P. (6 de decembro).
«Cartel». Nueva trayectoria del espíritu galaico. L. Santiso Girón (13 de decembro).

1928
Letras gallegas. Los libros del año, Ramón Otero Pedrayo (10 de xaneiro).
El Seminario de Estudios Gallegos. L. Santiso Girón (1 de febreiro) [dúas páxinas].
Marinetti en Galicia. Roberto Blanco Torres (20 de febreiro).
El almenado de la catedral de Santiago. Jesús Carro Garcia (6 e 13 de abril).
Ramón Villar Ponte, educador del pueblo [reseña da Historia sintética de Galicia]. Augusto María Casas. (15 de maio).
El momento de la literatura gallega. Jacinto Santiago (23 de mayo).
Portugal desde Galicia. Ramón Otero Pedrayo (1 de xuño).
Los poetas galaicos de la nueva generación. L. Santiso Girón (5 de xuño).
Exposición de arte gallego. R. Marquina (10 artigos: 8-VI; 12-VI; 21-VI; 22-VI; 27-VI; 28-vi; 2-VII; 5-VII; 9-VII; 12-VII).
Dos días en Orense. Álvaro de las Casas. [reseña sen asinar] (26 de xuño).
Artistas de Galicia. R. Mosquera (entrevista). 3 de xullo
La nueva generación gallega. Augusto María Casas (3 de xullo).
Felipe Bello Piñeiro. Antón de Ribeira (12 de xullo).
El famoso Batallón Literario de la Universidad de Santiago. J. González Múñoz [dúas páxinas].
El arte de Francisco Asorey. L. Santiso Girón (21 de outubro).
Galicia y sus agrupaciones artísticas. Cómo logró su triunfo el coro De Ruada. L. Conde de Rivera (22 de novembro) [dúas páxinas].
La polifónica de Pontevedra. Ramón Otero Pedrayo (23 de novembro).
Paisajes y problemas geográficos de Galicia. Ramón Otero Pedrayo [reseña sen asinar]. (4 de decembro).
Paisajes y problemas geográficos de Galicia. Ramón Otero Pedrayo, R. Marquina (11 de decembro).

1929
El alma y el paisaje de Galicia, Roque Sanz (1 de marzo).
Los antiguos poetas galaico-portugueses y el origen de nuestra lírica. Emilio R. Aguilera (sobre La literatura medieval en Galicia, de José Mouriño) (14 de maio).
Caricaturistas gallegos. Castelao, Cebreiro y Maside, L. Conde de Rivera (25 de xullo) [dúas páxinas].
Aportaciones a la historia de Galicia. Marcelo Macías [reseña sen asinar] (1 de outubro).

1930
Índice de utopías gallegas. Evaristo Correa Calderón. [Reseña sen asinar] (6 de febreiro).
Arte gallego. Estévez Ortega [reseña sen asinar]. (22 de maio).

1931
Al cumplirse un año de la muerte del poeta Manuel Antonio. Luciano García de la Riva (23 de xaneiro).

LUZ

1931
Elizabeth Browning y Rosalía de Castro. Romanticismo de 1800. Carmen Conde (18 de febreiro).

1932
Amores e delores. Ernesto Padín, Sanchís y Zabalza (10 de marzo).

1933
Ante el Estatuto. M. Portela Valladares, Isaac Pacheco (14 de febreiro).
La joven literatura de Galicia, Eduardo Ontañón (28 de abril).
Antre dous séculos. Gerardo Álvarez Limeses, Juan Chabás (13 de xullo).

CRISOL

1931
Castelao, artista integral, José Díaz Fernández (sobre o álbum Nós) (15 de agosto).
Discurso de Castelao en defensa de la lengua gallega (19 de setembro) [Reprodución taquigráfica do discurso de Castelao en defensa da lingua galega pronunciado nas cortes Españolas).
Diccionario galego-castelán. Leandro Carré Alvarellos, Jenaro de Artiles (28 de outubro).
Libro de oro de la provincia de Pontevedra, BARB (7 de decembro).

LA LIBERTAD

1927
El bardo de Galicia, Luis de Zulueta [sobre Ramón Cabanillas] (4 de febreiro).

1928
Dos días en Orense. Álvaro de las Casas, Ángel Lázaro (4 de xullo).
Os camiños da vida. Ramón Otero Pedrayo. Fernández Armesto (4 de agosto de 1928).
Poetas de un navegante [reseña de De catro a catro, de Manoel-Antonio], Fernández Armesto (25 de agosto).
Una novela de Risco [Reseña d’O porco de pé], Fernández Armesto (22 de setembro).
Los pueblos hermanos. Galicia y Portugal. Guilherme de Filipe (22 de setembro).
Un libro de homenaje [reseña d’O galo, de L. Amado Carballo], Fernández Armesto (17 de novembro).

1929
Paisajes y problemas geográficos de Galicia. Ramón Otero Pedrayo, Ángel Lázaro (23 de abril).
Cousas. Castelao. F. F. A. (Felipe Fernández Armesto) (18 de agosto).
Orballo da medianoite. Roberto Blanco-Torres, Ángel Lázaro (16 de novembro).

1930
Índice de utopías gallegas. Evaristo Correa Calderón, Ángel Lázaro (14 de xaneiro).
El alma y las letras regionales. Ángel Dotor [sobre a literatura galega actual] (24 de xaneiro).
El problema político de Galicia. Vicente Risco [reseña sen asinar] (14 de novembro).

1936
O muiño albeiro. Ánxel Sevillano, Xesús Nieto Pena (2) (2 de xaneiro).

ENGÁDEGAS

La Libertad
La exposición de Castelao, Antonio de Lezama (27 de maio de 1920).

Non anotamos as diversas crónicas pubicadas neste xornal e asinadas, entre outros, por Juan Jesús González, Alfonso R. Kuntz ou Manuel Lustres Rivas en que falan de diversos temas relacionados coa cultura galega (Academia Galega, Ciencias sociais, etc.).

El Imparcial
El problema político de Galicia. Vicente Risco, A. G. A. (5 de xullo de 1931).
Acerca de la muerte de Bieito, Rafael Dieste [tradución do relato de Dieste incluído en Dos arquivos do trasno, feita por J. R. Santeiro] (20 de novembro de 1932).

La Voz
La novela en el idioma vernáculo. Manuel Lustres Rivas [sobre Os camiños da vida, de Ramón Otero Pedrayo] (7 de xaneiro de 1929).

OXGG 2015 02 primeiro «dato» que chouta á vista do lector é que a preocupación (sic), ou interese, pola nosa literatura fóra das nosas fronteiras se produce antes da arribada da República. Se cotexamos estes datos con outros que apareceron en anteriores traballos (os dedicados a Costa Clavell, a Fabra Barreiro, a Celso Emilio, etc., non podemos incluír aquí Gaceta Literaria, porque esta desaparece, precisamente, en 1931) podemos lanzar unha primeira hipótese. A literatura galega interesa en Madrid (ou Barcelona) en épocas que se poden denominar de transición, é dicir, cando está a piques de se producir un cambio de réxime. Heraldo de Madrid, El Sol, La Libertad, falan de libros galegos nos anos 1928-1931: en canto se produce a arribada da República, o interese pola literatura galega desaparece das páxinas deses xornais (deixando fóra, claro, as famosas excepcións da regra). O mesmo aconteceu nos anos 1973-1978, cando xornais e revistas madrileños ou barceloneses dedicaban certo espazo á recensión de libros galegos. Anotemos que ese interese, todo o restrinxido que se queira, se circunscribe a cinco anos, un lustro, nos dous casos. É dicir, ao tempo en que o vello réxime está por desaparecer e o novo aínda non se consolidou. No momento en que o novo réxime se consolida, a República, a monarquía constitucional, ese interese desaparece.

Para afirmarnos no que estamos a dicir, vexamos, por exemplo, o caso dunha revista «especializada» para un público xeral: Tiempo de Historia, unha revista de divulgación histórica publicada polo mesmo grupo que editaba o semanario Triunfo e a revista humorística Hermano Lobo. Un «lobby» xornalístico de esquerdas.

O primeiro número desta revista apareceu en decembro de 1974, cando periclitaba o réxime franquista, aínda que non se albiscaba o que podía vir e, finalmente, veu. O derradeiro número, 92-93, leva a data de 1 de xullo de 1982. Meses despois gañarían as eleccións os socialistas, en realidade, como afirmou un semanario estadounidense, xoves nacionalistas españois.

As colaboracións sobre Galicia neste mensuario foron as que seguen:

Historia de José Hermida, aristócrata aldeano y libre pensador, J. A. Durán, nº 10, setembro de 1975.
La lucha antiseñorial de los hermandiños gallegos, Isabel Beceiro, nº 11, outubro de 1975.
Ricardo Mella: nacimiento y muerte de un anarquista, J. A. Durán, nº15, febreiro 1976.
Una mala edición de Prisciliano [reseña de Tratados y cánones, de Prisciliano, a cargo de Bartoloné Segura], José Antonio García Cotarelo, nº 17, abril de 1976.
El estatuto gallego del 36, Fernando Salgado, nº 22, setembro 1976.
En el centenario de su nacimiento: la poesía antiseñorial de Ramón Cabanillas, J. A. Durán, nº 25, decembro 1976.
Esplendor y decadencia de Monforte de Lemos, Pedro de Frutos G., nº 25, decembro 1976.
El carlismo gallego, de J. R. Barreiro, Fernando Salgado, nº 25, decembro 1976.
1923-1936. La iglesia gallega y la lucha de clases, Juan Hernández Les, nº 29, abril de 1977.
El problema de la Galicia Medieval [Reseña de Señores y campesinos en Galicia. Siglos XIV-XVI, de María Xosé Rodríguez Galdo], Adeline Rucquoi, nº 29, abril 1977.
Tras el «Día das letras galegas». Villar Ponte y la fundación del nacionalismo gallego, Baldomero Cores Trasmonte, nº 31, xuño 1977.
Una biografía intelectual de Gustavo Fabra Barreiro. V. M. R., nº 31, xuño 1977.
Miguel Hernández: «Un año de guerrillas en Galicia». Introdución de Eutimio Martín, nº 34, setembro 1977.
La Mano Negra en Galicia, J. A. Durán, nº 34, setembro 1977.
El agrarismo gallego [reseña de Agrarismo y movilización campesina en el país gallego 1875-1912, de J. A. Durán], Bel Carrasco, nº 37, decembro de 1977.
La otra flor de la caballeria. Noticia de don Pedro Madruga, José Antonio García Cotarelo, nº 39, febreiro 1978.
Revueltas populares en la Galicia del siglo XV [Reseña de La revolución irmandiña, de Isabel Beceiro], José Antonio García Cotarelo, nº 41, abril 1978.
Aníbal Otero, filólogo y campesino, Alfonso Magariños, nº 46, setembro 1978.
La Iglesia en la Galicia contemporánea, de Alfonso Magariños & Francisco Carballo, Baldomero Cores Trasmonte, nº 46, setembro 1978.
Verdad y ficción en la historia de la Bella Otero, Xavier Costa Clavell, nº 55, xuño 1979.
Una reveladora carta inédita de Castelao, Xavier Costa Clavell, nº 59, outubro 1979.
Primer centenario de «Aires d’a miña terra» y otros aires de un proceso, Francisco López Rodríguez, nº 75, febreiro 1981.

Como pode decatarse o lector, en cinco anos, nesta revista, as colaboracións sobre Galicia non son moitas, pero existen: a partir de 1978 case desaparecen, e nos últimos tres anos da revista, 1980-1982, só unha colaboración trata de tema galego.

Podiamos, que non o imos facer, continuar con outras revistas, xerais ou especializadas, e veriamos que o «dato» se repite. A que é debido, xa que logo, a que durante un tempo determinado, o que denominamos período de transición, en revistas editadas fóra do cadrado que constitúe o noroeste ibérico se interesen pola literatura, pola cultura, mesmo pola historia de Galicia e, de súbito, este interese morra afogado (ou estrangulado)? Como pode supor o amábel e paciente lector, todo é un problema político.

Durante os anos en que o vello réxime periclita e o novo está por se consolidar, desde o centro considérase que hai que xuntar forzas (aquilo de «a unión fai a forza»), tanto para «apuntillar» ou rematar o vello réxime como para consolidar o novo e que se manteña a paz. Para rematar co vello réxime e consolidar o novo, o centro chama en axuda (ao cabo, non o percibimos con claridade, mais talvez só sexa unha esmola) a axentes da periferia, que adoitan actuar de boa fe –deixemos de lado a verdade que proclamaba Joan-Baptista Humet: «a todos nos mueve el dinero y la vanidad»– ou «especializa» a un dos seus axentes nas culturas periféricas.

Cando 2015 03 XGG Aníbal Otero 54o novo está consolidado, as forzas «centrais» perciben que as forzas periféricas son, máis unha vez, o novo inimigo a abater, de aí o desinterese, e mesmo a negación, de todo o que diferencie o centro da periferia. De aí, por tanto, que unha información máis ou menos continuada da cultura, da literatura, e mesmo da política, da periferia sexa censurada (autocensurada) nas publicacións do centro: agora o inimigo é a periferia, non só por, digamos, considerar as forzas periféricas separatistas ou antigregarias, senón porque, tamén, son, poden ser, potencialmente, competidoras (no que respecta á literatura). Ou como moito, consideran que esas culturas, esas literaturas periféricas só interesan (ao cabo non son máis que restos antropolóxicos ou arqueolóxicos) a unha parte dos habitantes do lugar en que naceron e se desenvolven.

Unhas literaturas periféricas (a nosa, a catalá a vasca) potentes e a ser traducidas non só ao español senón ao inglés e outros idiomas, é o que máis temen os escritores (e, case se pode afirmar) os editores españois. De aí, acho, que a «promoción» da nosa literatura máis alá do Padornelo ou do Bierzo, necesita, antes de nada, unha forte consolidación e un alto consumo no interior. Unha vez realizado, conseguido, isto último, talvez será o momento de pensarmos na «promoción» exterior. Promoción na que hai que pensar con sentidiño: esa promoción só virá dada da man dos chamados hoxe axentes literarios. Da man destes veu o triunfo en Alemaña dos cataláns Maria Barbal e Jaume Cabré. E da man destes, virá dado o triunfo e a promoción dos nosos escritores fóra das nosas fronteiras xeográficas. Existirán excepcións, mais o que interesa, o que nos interesa, é, ante todo, a regra. E a regra, hoxe por hoxe, é o axente literario… e a calidade do produto.

Apéndice

Concha Castroviejo fixo recensión de libros en diversos xornais españois: Informaciones, de Madrid, La Vanguardia, de Barcelona, e Hoja del Lunes da capital española. Nestes último xornal (ou hebdomario) comezou o seu labor comentarista en 1966 e acabouno en 1983, aínda que a publicación continuara uns cantos anos máis.

Como comentarista neste hebdomario, Concha Castroviejo falou de toda caste de libros, desde novela e poesía até libros de ciencia, a pasar por volumes dedicados á teoría sindicalista do franquismo ou tratados de teoloxía e outras exquisiteces. Non imos xulgar nin o seu labor nin o que afirmaba ou deixaba de afirmar nas súas recensións, aquí só queremos enumerar os títulos de libros galegos dos que falou, ás veces en poucas palabras, neste xornal madrileño. Deixamos de lado moitos libros de autores nacidos en Galicia e que escribían en castelán, pois neste sentido parece que C. Castroviejo publicitou todo o que puido os autores nacidos no recanto verde do Noroeste ibérico.

1968
Contos pra nenos, Laureano Prieto, 27 de marzo.
El problema del desarrollo en la Galicia rural, José Manuel Beiras, 29 de maio.
A lingoaxe e as linguas, Ramón Piñeiro, 3 de xuño.
Galicia en el último tercio del siglo XV, Antonio López Ferreiro, 18 de novembro.

1970
Galicia feudal, Victoria Armesto, 16 de marzo.
Santa Marta de Moreiras, Xosé Ramón Fernández Oxea, 7 de setembro.
Prisciliano, Daniel Cortezón, 5 de outubro.

1971
Antología, Rosalía de Castro, (ed. Basilio Losada), 3 de maio.
Los poetas, Pura e Dora Vázquez, 27 de decembro.

1972
Galicia en sus hombres de hoy, Carlos Polo, 6 de marzo.
Poetas gallegos de posguerra, Basilio Losada, 1 de maio.
Camões 72. Proba de ensaio sen aleluias, Xosé Landeira Yrago (sep. Revista Grial), 22 de maio.
Rosalía de Castro, Xesús Alonso Montero.

1974
Verbas Galegas, Victoria Armesto, 2 de setembro.
La poesía de Rosalía de Castro, Marina Mayoral, 2 de outubro.
Poesía gallega contemporánea, Miguel González Garcés, 16 de outubro.

1975
Almanaque Galaxia 1950-1975, 13 de xaneiro.
El arte mural. La ilustración, Luis Seoane (Ed. Sudamericana), 30 de xuño.
La otra gente, Álvaro Cunqueiro, 6 de outubro.
Dos devanceiros ao XIX, X. Landeira Yrago, 1 de decembro.
As cruces de pedra na Galiza, A. R. Castelao, 15 de decembro.

1976
O libro das galerías, Xosé Castro Arines, 8 de decembro.
Seoane, Rafael Esquirru (Ed. Dead Weight, Buenos Aires), 20 de decembro.

1977
Historia de la literatura gallega contemporánea, R. Carballo Calero, 31 de xaneiro.
Aproximación sociológica al carlismo gallego, M. F. Castroviejo Bolívar, 25 de abril.
Mesteres, Arcadio López Casanova, 19 de setembro.
El discurso interrumpido, Gustavo Fabra Barreiro, 12 de decembro.
Panxoliñas, E. Torre Enciso e M. Feijóo, 26 de decembro.

1978
Duas novelas galegas: Segundo Pereira, Pura Vázquez, e Augas soltas, Dora Vázquez, 2 de outubro.

1979
Literatura gallega, Gustavo Fabra Barreiro, 1 de xaneiro.

1981
Obra completa, Tomos II e III, Rosalía de Castro (ed. Mauro Armiño), 11 de maio.
Aquellos años de Moncho, Xosé Neira Vilas, 27 de setembro.

NOTAS
(1) É a primeira tradución dun texto narrativo de Castelao?
(2) Xesus Nieto Pena. Un descoñecido, do que só dá noticia Fernández del Riego no seu Diccionario de escritores galegos; é unha figura da que cumpriría saber moito máis. Digamos que colaborou nos xornais madrileños Luz, Heraldo de Madrid, ABC e La Voz, e que asinaba co seu nome en galego.

Sobre o autor / a autora

Xesús González Gómez

Xesús González Gómez

(Galiza-Catalunha)

Sem comentários

Ainda não há comentários

Ninguém deixou um comentário para este post ainda!

ESCREVA UM COMENTÁRIO SOBRE ESTE POST

Escrever um comentário 

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios são marcados *