<em>Cartas a Emilia Pardo Bazán</em> (V), por Teresa Barro

Cartas a Emilia Pardo Bazán (V), por Teresa Barro

0 comentários 🕔10:30, 14.Mai 2015

Ti, Emilia, algunha vez falas da Inquisición, como cando dis:

La Inquisición, en el siglo XVIII, había perdido totalmente sus bríos y su carácter de instrumento político en manos de los reyes, única base de su poder; y además es cosa ya averiguada, que va adquiriendo fueros de axioma histórico, que el Santo Tribunal de la Fe nunca persiguió a escritores, filósofos ni sabios, sino a judaizantes, moriscos, beatas iluminadas, brujas, embaucadores, y tal cual reo de Estado, verbigracia, Antonio Pérez. ¿Ni cómo había de partir de la Iglesia el espíritu anticientífico, cuando las auras de renovación soplaban en los claustros, y monjas y frailes eran quienes nos traían, con Feijóo el método experimental y las enseñanzas de Bacon, a las cuales nos había preparado Luis Vives, y con el Padre Tosca el atomismo? Es bien significativo que entre los impugnadores del Padre Feijóo y de sus reformas, se contasen muchos más laicos que eclesiásticos, y que entre sus defensores descollasen monjes como el Padre Sarmiento y jesuitas como el Padre Isla.

Como foi sempre costume nos intelectuais españois, destacas que a Inquisición non perseguía en realidade nen ás ciencias nen ás letras, senón a xudaizantes, moriscos e practicantes de bruxeria e outras malas artes, é dicer, a hipócritas, mentirosos e xentes de mal viver. Esa versión á que dás crédito non se caracteriza nen pola precisión nen polo rigor histórico.

A verdade incuestionável é que a Inquisición perseguiu con ferocidade o coñecimento e o saber. Di o historiador medievalista J. N. Hillgarth en The Spanish Kingdoms, 1250-1516:

Os xudeus da península ibérica contribuiran grandemente tanto á ciencia árabe como aos estudos bíblicos. O traballo de estudosos conversos na Bíblia Políglota de Alcalá estaba nesa tradición. Os manuscritos que se usaron para o texto hebreu da Bíblia estabeleceron o mellor texto do Antigo Testamento hebreu até o século XVIII.

Mas o labor da Bíblia, ainda que estaba patrocinado polo próprio Cisneros, foi mui axiña atacado pola ortodoxia, na figura dun dominico que declarou que a Políglota era obra de xudeus, herexes e tolos. Incluso en Alcalá os estudos hebreus foron ridiculizados. En 1534 o mais importante humanista da época, Juan Luis Vives, que era descendente de conversos valencianos e escollera morar no estranxeiro desde que a Inquisición lle queimara os pais na fogueira, recebeu unha carta desde Alcalá que dicía: ¨é certo o que dis, que os habitantes da nosa patria son envexosos e soberbos; engadamos que son bárbaros. Porque o certo é que para eles ninguén que saiba algo de letras, ainda que sexa modestamente, pode estar libre de herexias, erros e xudaísmo¨.

O esplendor de España ficou vinculado aos reis católicos porque o reinado deles coincidiu co descobrimento de outros mundos que lle deron a España un grande imperio e fixeron dela unha potencia europeia e mundial. O que sempre se discutiu entre historiadores e intelectuais foi cando comezou o imenso declive de España e quen tivo a culpa. Non se discute que houbese ese declive e non se sabe explicar tampouco. Din alguns que a culpa foi dos Borbóns (non ti, Emilia, polo menos no referente ás artes e letras, que dis que non se explica a mediocridade na que caíron no século XVIII e posteriormente e que non podia ser culpa dos Borbóns que eran afeizoados a elas). Din outros que a decadencia veu xa cos últimos Austrias. Hainos que pensan que xa en tempos de Felipe II albiscábase o comezo da decadencia e hainos incluso que van tan atrás na Historia na pescuda de explicación para os desastres posteriores que chegan a Carlos I. No que concorda todo o mundo é en que España caeu e nunca mais se recuperou. Cabe pensar que algo mui forte debeu de suceder nalgun momento para que sempre estivese tan mal governada, tan empobrecida física e culturalmente e, como se dixo en época posterior á túa, Emilia, sendo o ¨vagón de cola¨ ou, pior ainda, un deses vagóns que quedan meio esquecidos nas estacións de tren. Como ti dixeches referíndote aos Austrias:

En tan grande desventura de la nación española parece verse algo de fatídico, algo como decreto airado de la enemiga suerte, porque apenas se explica el agotamiento en cinco sucesiones de una raza real.

Cuando bajó a la tumba el pobre fanático (Carlos Ii el Hechizado), resto de la sangre imperial, nos dejaba en tristísima extenuación, mermado y despoblado el territorio, sangrada en las cuatro venas la hacienda, perdidas nuestras conquistas, cerrado el ciclo de nuestras victorias, aniquilados los ejércitos de mar y tierra, anulada nuestra influencia exterior, y lo que es más grave, entregada España como buena presa a las potencias europeas, a que por tratados inícuos se repartiesen nuestros despojos como los sayones las vestiduras de Jesús, y nos enviasen por favor un príncipe nieto de Luis XIV para reinar aquí, con el funesto sino de iniciar la dañosa política llamada de familia, modificar profundamente nuestro carácter nacional, destruir las últimas reliquias de la vieja libertad del municipio y de fuero, centralizar la administración y extirpar todo lo castizo que aún conservábamos. Bajo tan tristes auspicios nació el siglo XVIII.

Y no nos aquejaba solamente la decadencia –hora es ya de pronunciar la tan discutida palabra- en el terreno político, militar y administrativo; ni era el único daño que debíamos llorar el de ver en Italia, en Gibraltar, en Flandes, plegarse lentamente nuestra bandera, y dentro del reino quedarse yermos los campos y crecer la yerba en las plazas de las ciudades. Otra virtud más alta iba retirándose de nosotros; otro jugo más precioso se nos secaba; a la ruina de nuestro poderío y riqueza se juntaba la de la inspiración y el genio artístico; la anemia del cuerpo subía al cerebro, y éste oscilaba como un péndulo entre el delirio y la modorra.

Mas tan grande foi o peso das propagandas e apoloxias que se fixeron dos reis católicos, e tanto foi o poder psicolóxico e político do calificativo relixioso que se lles outorgou ou que, para sermos mais exactos, se adxudicaron eles a si proprios, que non parece que ninguén se atrevese a suspeitar que talvez fosen eles os que trouxeran os ¨males¨ e implantaran as bases da famosa decadencia de España. Non hai que esquecer que tiñan un entendimento da forza da propaganda mui moderno e que souberon arrodearse de propagandistas cuxo oficio foi o de darlles brillo atribuíndolles os méritos todos ainda que non fosen deles. Parte do oficio dos empregados e cronistas de Isabel consistía en rebaixar os méritos dos que reinaran antes para que así puidese brillar mais ela e tambén xustificar dalgun xeito a ilexitimidade do seu acceso á coroa. E así exaxerouse tambén a parte que tivera nos descobrimentos do Novo Mundo, que foi mínima, e tapáronse os atrancos que puxo, que foron muitos.

Cando nos teus escritos e discursos buscas explicacións para aquela decadencia de España que te preocupaba, como a tantos outros intelectuais, dis, por exemplo:

Cierto que durante el siglo XVIII brillan en España con claro resplandor la crítica histórica, la historia literaria, la estética teórica, la preceptiva, la filología. Notemos con esto mismo una señal evidente del cansancio y agotamiento de nuestra potencia creadora desde fines del XVII: y la potencia creadora es la cualidad más preciosa de una raza. Llegada la hora de remisión de aquella sublime fiebre que encendió el magín del espontáneo, lego y descuidado Cervantes, se reflexionaba, se hacía inventario de las riquezas, se tasaban y medían las fincas heredadas de nuestros abuelos… y se medían ¡ay! con el compás del siglo XVIII.

Lo doloroso es que el siglo XVIII, al proceder al recuento y crisis del pasado, ni aún supo recoger piadosamente y guardar con veneración sus reliquias. Reservado le estaba a aquel estrecho y desorientado siglo negar por boca de la erudición cominera las glorias y hasta la realidad del personaje más simpático y castizo de nuestra historia, el Cid Campeador, demostradas hoy victoriosamente por una otra erudición más amplia y sagaz. Con tanta mezquinería –repito la gráfica palabra de Jovellanos- estaba ya dañada la crítica, ciencia favorita del período llamado dieciocheno.

Eu diría que incluso o Renascimento español ficou raquítico e malogrado, e que cheira a casa obscura e sen ventilar. Non tivo certamente a brillantez dos rexurdimentos de outros países europeus. Hai unha constricción e un abafamento na arte, sobretudo na literatura, sempre mais sensível a persecucións e censuras, que se explica polo sistema inquisitorial que se organizou no século XV e que, en nome da relixión, mutilou o espírito. Como ben dis, Cervantes ficou solitario, unha figura senlleira e inexplicável, case extranxeira. Cervantes parece personificar unha maneira de entender o mundo e a vida mais intelixente e clara que a que veu depois, e o seu elegante e sinxelo estilo non se volveu ver nas letras españolas (eu penso que a nosa Rosalia foi tambén excepcional; o seu estilo directo, fino e sinxelo fíxoa ¨estranxeira¨ e levou a que a desprezasen). Tiveron que ser os estranxeiros os que descobriron a Cervantes e lle deron a fama que meresce e que os españois non lle terian dado por non encaixar na España da Inquisición. Aos extranxeiros supréndelles que en España, ainda agora, nos tempos en que eu vivo, non se aprecie de verdade a Cervantes, e eu coido que non se pode apreciar, non só porque a sua fina intelixencia resulta alleia na España criada pola Inquisición, senón porque o Quixote é un retrato da España que se formou naquela época e que ainda segue hoxe. Don Quixote non era un idealista, como se dixo para alegar que os desastres de España viñeran de que os españois eran idealistas como el e non se ocupaban de minucias prácticas, senón un iluso que non interpretaba ben a realidade porque se empeñaba en ver o mundo como el queria e en crer que se podian facer grandes proezas sen boa preparación física e psicolóxica… e sen levar diñeiro, porque, como el valía tanto e era tan xeneroso, os demais tiñan que pagar por el.

A tristeza, a amargura e o profundo desánimo que se ve na arte española non estaba en Cervantes, e por iso non parece español comparados cos demais. Os rexurdimentos precisan liberdade para acadar ese pulo extraordinario que os caracteriza, ese abrirse a ideias que traen renovación. España, cando chegou o Renascimento, estaba xa apresada nunha cadeia política e psicolóxica que non lle permitiu abrirse. Na España co espírito mutilado pola política inquisitorial, a imaxinación criadora desapareceu e foi substituida pola credulidade ilusa e a actuación inepta de Don Quixote e Sancho Panza.

Seguiremos, Emilia.

Sobre o autor / a autora

Teresa Barro

Teresa Barro

(Galiza-Inglaterra) Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e na de Madrid, licenciándose nesta última en Pedagoxía en 1960. En 1962 casou con Fernando Pérez-Barreiro Nolla, co que en 1964 se traslada a Londres, onde traballou como tradutora, residindo desde 2008 en Lancaster (Inglaterra). Membro fundadora do Grupo de Traballo Galego de Londres, ten colaborado con distintas publicacións galegas, como Grial, A Nosa Terra e Sermos Galiza, así como nos programas de radio da BBC. En 1980 obtivo o certificado da Faculty of the Astrological Studies de Londres. Obra: Ensaio: Cartas a Rosalía, 1981, Edicións do Castro; Introducción á Astroloxía, 1983, Xerais; Dentro e fóra, 2002. Traducións: Contos de Andersen, 1983, Edicións do Castro; Alicia no país das marabillas, de Lewis Carroll, xunto con Fernando Pérez-Barreiro, Xerais; Alicia do outro lado do espello, Xerais; Fábulas de Esopo, 1997, Laiovento.

Sem comentários

Ainda não há comentários

Ninguém deixou um comentário para este post ainda!

ESCREVA UM COMENTÁRIO SOBRE ESTE POST

Escrever um comentário 

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios são marcados *