Cuncha branca, por Nando Lestón

0 comentários 🕔14:00, 24.Jun 2015

Non son cadros autobiográficos, pero si biográficos: pertencen ao mundo que por algunha estraña razón me rodea. O certo é que este ten a súa historia e esta comeza coa estraña coincidencia do seu título. Cando decidín chamarlle así non sabía que había na nosa praia unha zona chamada así… Cuncha branca. Foi, polo tanto, unha emoción “extra” cando me enteirei. Eu acostumaba a mergullarme no fondo areoso da praia de Quilmas, mui perto da de Carnota. Unha tarde como outra calquera entrei no mar e arrimeime inusualmente a un fondo máis rochoso e un pouco máis escuro. Non sei como foi, pero albisquei de esguello unha masa sen forma que se movía e literalmente saín pitando para arriba. Nadei cara as pedras aínda co susto no corpo e quedei pensando que raios sería aquilo. Collín medo e pensei en tiburóns, monstros mariños… que sei eu. O certo é que se as cousas quedan sen resolver a inquedanza é muito maior, así que tratando de pensar sobre o irracional quixen saber de que se trataba. Collín aire ata na punta do cabelo e mergulleime. A un par de metros pasados volvín ver o mesmo pero desta volta aguantei o susto e alivieime ao ver que se trataba dun feixe de cabos e tramallos enganchados no fondo rochoso, formando unha masa que se movía cos vaivéns da marea. Seguín o extremo do cabo e puiden ver máis ou menos o que vós estades vendo no cadro. A nasa semienterrada, penosamente maltratada e olvidada polo mar e polos seres humano. Subín de novo e nadei cara a beira, estiven sentado na area e alí quedei. Non era un pecio, pero tiña ese aspecto de madeira petrificada polo arneirón e polo olvido.

Sem comentários

Ainda não há comentários

Ninguém deixou um comentário para este post ainda!

ESCREVA UM COMENTÁRIO SOBRE ESTE POST

Escrever um comentário 

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios são marcados *