Entrevista a Miguel Mato

Entrevista a Miguel Mato

0 comentários 🕔12:30, 04.Set 2015

- Palavra Comum: Que supõe para ti a literatura?

- Miguel Mato: Desde neno, a literatura foi transcendental na miña formación. Deume unha visión do mundo, educando a miña sensibilidade e fornecendo valores éticos e estéticos.

- Palavra Comum: Como entendes o processo de criação literária -e artística, em geral-?

- Miguel Mato: Como unha necesidade de coñecemento. Máis do que comunicazón. O mesmo proceso exprime tamén iso que denominamos estilo. O estilo alén diso tamén nos relaciona coa sociedade, canto materia de discusión estética e intelectual (correntes de pensamento, escolas, tendencias e afinidades, etc).

- Palavra Comum: Qual consideras que é -ou deveria ser- a relação entre a literatura e outras artes (música, fotografia, plástica, etc.)? Tens experiências neste sentido?

- Miguel Mato: É unha relación moi estreita, como materiais de comunicazón. Música, poesía, pintura, fan parte dunha mesma constelación. Explícanse interactuando, aparecen temas, motivos e símbolos idénticos. No meu caso, contemplo as outras artes desde a poesía, porque a linguaxe literaria é máis achegada a min.

- Palavra Comum: Quais são os teus referentes (num sentido amplo)?

- Miguel Mato: Os gostos artísticos e literarios sempre están submetidos á mudanza. Mais creo que hai un alicerce que te foi formando e permanece. No meu caso, autores como Keats, E. Brontë, Pondal, os expresionistas, os paisaxistas holandeses, V. Woolf, Borges, Cunqueiro, poesía galega en xeral, Munch, jazz e outras tendencias modernas, tamén música clásica en xeral, certos directores de cine. E a contemplación: xentes, mundo, paisaxes, cidades, ríos, o mar e os bosques, a néboa nun mencer de novembro, o vento e a choiva.

- Palavra Comum: Que caminhos (estéticos, etc.) estimas interessantes para a literatura, e quaisquer outras artes, na sua comunicação com a sociedade?

- Miguel Mato: Penso que hai tendencias estéticas que non son entendidas aínda, como a arte abstracta. E creo que a cultura da imaxe actual non muda esta situación. A sociedade no seu conxunto é bastante conservadora. A comunicación das artes coa sociedade hoxe é difícil. Polo menos certas artes ou tendencias artísticas.

- Palavra Comum: Que perspetiva tens sobre o estado da língua e a cultura, e que conexões -reais ou potenciais- encontras com outros espaços culturais (nomeadamente a Lusofonia)?

- Miguel Mato: Unha preocupación elevada. A respecto do segundo, vexo que a conexión pode existir en grupos moi determinados. Ou minoritarios. Mais a sociedade galega non atende a isto. Seguimos, na Galiza, vendo o mundo da Lusofonía en todos os seus aspectos como algo alleo. Non creo que se avanzase nada nas últimas décadas. O que é grave para nós.

- Palavra Comum: Trabalhas como docente no ensino. Que opinas da sua situação, em especial no referido ao ensino da literatura? Para onde achas que deveria ir?

- Miguel Mato: Desde hai tempo parece que a literatura non conta moito como materia formativa. Perde protagonismo fronte a que sei eu. Penso ás veces que é como se as artes clásicas xa fosen materia decorativa, pouco máis. A creatividade, a formación intelectual, persoal, a conciencia social, encontra nas materias artísticas un instrumento ideal que non debería ser ignorado.

- Palavra Comum: Como seria a tua Galiza Imaginária?

- Miguel Mato: Máis de seu, máis culta, máis desenvolvida. Aberta ao mundo e consciente do que lle é propio.

- Palavra Comum: Que projetos tens e quais gostarias chegar a desenvolver?

- Miguel Mato: Escreber, seguir consciente. Gostaría participar máis en proxectos con outra xente.

- Palavra Comum: Que achas de Palavra Comum e que gostarias de ver também aqui?

- Miguel Mato: Creo que segue unha liña óptima. O único que lamento (como sempre) é que todo proxecto noso semella sempre non chegar senón a sectores moi concretos, reducidos. Mágoa.

Sobre o autor / a autora

Ramiro Torres

Ramiro Torres

(Galiza) Ramiro Torres nasceu na Corunha no 1973 e estudou Graduado Social. Tem publicado poemas na revista 'Poseidónia' e 'Agália', assim como no blogues 'A fábrica' e 'A fábrica da preguiça'. Inaugurou as edições do Grupo Surrealista Galego com o seu livro "Esplendor Arcano".

Sem comentários

Ainda não há comentários

Ninguém deixou um comentário para este post ainda!

ESCREVA UM COMENTÁRIO SOBRE ESTE POST

Escrever um comentário 

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios são marcados *