Como entendes o processo de criação literária -e artística, em geral-? (Franck Meyer)

0 comentários 🕔13:01, 01.Out 2015

- Palavra Comum: Como entendes o processo de criação literária -e artística, em geral-?

- Franck Meyer: Non sei se hai un único xeito de entender o proceso da creación. Pode nacer por motivacións moi diversas e plasmarse en formas ben diferentes. Se cadra o proceso en cuestión é un misterio, porén nada do outro mundo. Dependendo do xénero, supoño que o grao e a necesidade de planificación varían. Cando un texto falla pode haber un problema de planificación, de estrutura, ou de falta de implicación de quen intenta crear algo, é dicir que non quixo “deixar a pel nas palabras”. Para a poesía, desde o meu punto de vista, podo dicir que debe haber unha voz interior, quizais en reacción a un estímulo exterior, e cómpre escoitala. Non sei onde está esa voz, mais raras veces é o produto dunha vontade racional. Sen embargo, non deixo de ser unha persoa cun lado racional, claro. Todo isto parece confuso e non sei se son quen de aclaralo. Moito nace da dúbida, pouco da certeza. Porén, a creación inicia sempre unha comunicación, decote a xeito dunha botella lanzada ao mar.

Aqui podes continuar a ler a entrevista completa.

Sobre o autor / a autora

Sem comentários

Ainda não há comentários

Ninguém deixou um comentário para este post ainda!

ESCREVA UM COMENTÁRIO SOBRE ESTE POST

Escrever um comentário 

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios são marcados *