Quais são os teus referentes (num sentido amplo)? (Franck Meyer)

0 comentários 🕔13:08, 01.Out 2015

- Palavra Comum: Quais são os teus referentes (num sentido amplo)?

- Franck Meyer: Esta pregunta é perigosa xa que pode levar a expoñer fachendosamente toda a cultura que un ten. Non a quero entender así. Coido que todo o mundo recibe influencias e/ou escolle modelos sen que isto signifique que automaticamente haxa pegadas directas no que un fai.

No meu caso, en fases diferentes da miña vida tiven referentes a miúdo diferentes. O de referente entendo, para min, así: persoas ou obras que me din algo, que me tocan e me parecen interesantes. De todos os xeitos, a min non me vai a aproximación meramente racional, pois para que haxa unha fascinación necesito algo máis. Darei un exemplo. No existencialismo francés Sartre é indubidabelmente o que ten un sistema filosófico máis completo e coherente ca outros. Sen embargo, a min sempre me gustou máis Camus xa que nel percibo certa calor humana. Ora ben, non creo que o feito de ser el unha referencia para min me convirta en existencialista.

De quen son os primeiros libros que coloco no andel despois dunha mudanza? Sendo adolescente, o meu autor preferido era Rilke (foi por el que fun a Ronda!). Levo tempo sen ler nada del, porén os seus libros están aí, na biblioteca, á beira de Pessoa e de Pizarnik. No andel do outro muro están os textos de Houellebecq e, a un metro del, arrodeado de música, Brinkmann. E logo que? Non debería agora mencionar outros moitos nomes? E que é da música que me acompaña cada día ou do cine que me encanta? As persoas mencionadas déronme algo importante a través das súas obras, outras tamén o fixeron pero non aparecen aquí e, por suposto, hai outras que non teñen obra no sentido artístico que son referentes tamén.

Se cadra hai dez anos a cuestión das persoas de referencia provocaría en min un maior entusiasmo. Agora é un pouco como cando morreu Panero (ese si foi un referente do noso grupo de arroutados da época de Compostela!): daquela pensei que, ao morreren os modelos que quizais tiñamos, viña sendo hora de convertérmonos nós mesmos en referentes.

Aqui podes continuar a ler a entrevista completa.

Sobre o autor / a autora

Sem comentários

Ainda não há comentários

Ninguém deixou um comentário para este post ainda!

ESCREVA UM COMENTÁRIO SOBRE ESTE POST

Escrever um comentário 

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios são marcados *