Qual consideras que é -ou poderia ser- a relação entre a literatura e outras artes? Tens experiências neste sentido? (Franck Meyer)

0 comentários 🕔13:04, 01.Out 2015

- Palavra Comum: Qual consideras que é -ou poderia ser- a relação entre a literatura e outras artes? Tens experiências neste sentido?

- Franck Meyer: As relacións son múltiples e variadas. Atopo literatura no cinema, na música, nas boas series de televisión, na fotografía, na pintura e, por que non, nunha instalación ou nunha exposición. No caso sobre todo do cinema e das series coido que se trata de formas distintas dunha materia que constitúe tamén o núcleo da narrativa: historias e personaxes. No tocante ás artes non verbais, no proceso de creación do que faláramos antes se cambiamos “voz” por “imaxe” e “escoitar” por “mirar” acaso non estamos ante un impulso moi semellante? De todas formas, espontaneamente non desvencello a(s) arte(s) das persoas que a fan. O máis fascinante pode ser entrar en contacto non cunha obra senón coa persoa creadora e sentir o fluír dunha comunicación que ten como base certa sensibilidade compartida. De algo así poden xurdir novas inspiracións ou incluso colaboracións. Neste sentido si tiven experiencias enriquecedoras aínda que non moi numerosas.

Aqui podes continuar a ler a entrevista completa.

Sobre o autor / a autora

Sem comentários

Ainda não há comentários

Ninguém deixou um comentário para este post ainda!

ESCREVA UM COMENTÁRIO SOBRE ESTE POST

Escrever um comentário 

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios são marcados *