Entrevista a Juan Luis Rua

Entrevista a Juan Luis Rua

0 comentários 🕔12:30, 02.Out 2015

- Palavra Comum: Que é para ti a fotografia?

- Juan Luis Rua: É un xeito de vida, unha paixón… forma parte de min e penso que son o que fotografío.

- Palavra Comum: Como levas adiante o processo de criação artística, no teu caso?

- Juan Luis Rua: Máis ben é de re-creación, comenta Navia (fotógrafo) que a fotografía é a única disciplina artística onde non se parte dun folio en branco.

É dicir, son moito de proba/erro, teimudo, re-visito os sitios con mellor luz ou peor, segundo o caso.

Os temas de abandono, que son os que me enchen realmente, procuro documentarme ben, falar con xente que xa estivo alí, e se é un “sitio virxe” a sensación é brutal…. adoitan ser sitios sen ruído, só escoito os vidros desfeitos, portas e fiestras batendo polo vento, moi apocalíptico todo… (he, he, he).

Tamén fago moita música en directo, divírtome moito. Non ten máis substancia que estar alí, atento, buscar un aceno, un sorriso, e gozar da música e das fotos que fago…

- Palavra Comum: Qual consideras que é -ou deve/pode ser- a relação entre as diversas artes (literatura, audiovisual, música, etc.)?

- Juan Luis Rua: A imaxe neste século xa está implantadísima, noutrora tamén. Porén, na actualidade, a imaxe vai vinculada a moitas disciplinas: non contemplo un libro sen a súa portada, un disco, un bo filme, unha boa entrevista cun retrato da personaxe. Deseguido valoras o “produto” polos ollos, é o primeiro sentido que se activa ante calquera manifestación artística, non hai como ver unha boa copia en papel, ben revelada, iso é imaxe de verdade. Unha relación de respecto estaría máis que ben.

- Palavra Comum: Que referentes tens na fotografia (e quais reivindicarias por serem pouco conhecid@s ainda)?

- Juan Luis Rua: Bufff… Moitísima xente dende clásicos ate contemporáneos, amateurs… Arbus, García Alix, Isabel Muñoz, Navia, Xulio Villarino, Castro Prieto, Xoan Piñón, Gabi Tizón, Guillermo Asián, Norfolk, Tono Arias, Julio Lopez Saguar, Samuel Aranda, Gervasio Sánchez, etc.

Por seren pouco coñecidos, gosto moito de xente con personalidade, que foxe de modas cun estilo tan particular que identificas a súa autoría só con ver a foto: Roberto de la Torre é auténtico, non hai no país quen retrate o entroido como el. Rodrigo Diaz, un rapaz de Lugo, pola xeito de retratar o que ve, o cotián… Roi Alonso, Amador Lorenzo….e moitísima xente máis, pero todos cunha linguaxe bestialmente propia.

- Palavra Comum: Que vínculos encontras entre arte(s) e vida?

- Juan Luis Rua: Para min, moitísimos. A música, as películas, fannos rir, chorar, pensar…

No eido da fotografía, cada día a xente úsaa, como medio de denuncia, ten esa inmediatez que dan os móbiles, ves algunha inxustiza, e zas, usas o móbil e xa hai un rexistro, unha proba real en directo do que alí acontece.

- Palavra Comum: Que projetos tens e quais gostarias chegar a desenvolver?

- Juan Luis Rua: Pois agora estou a colaborar con Zënzar e Xabier Díaz, na imaxe dos seus próximos traballos discográficos (unha honra que conten conmigo para retratalos).

Na gabeta “mental” teño varios… un é unha recolleita das antigas e non tan antigas escolas unitarias que hai polo país, como homenaxe as mestras e mestres que percorrian Galicia para dar clase en situacións bastante precarias.

En Outubro participarei coa “foto fixa” nunha película que se rodará en Santiago…

O tema do abandono é inesgotable… seguirá e seguirá aí…

NOTA: aqui podem ver-se os trabalhos do autor, Juan Luis Rua. Bem merecem a visita ao seu espaço web.

Sobre o autor / a autora

Ramiro Torres

Ramiro Torres

(Galiza) Ramiro Torres nasceu na Corunha no 1973 e estudou Graduado Social. Tem publicado poemas na revista 'Poseidónia' e 'Agália', assim como no blogues 'A fábrica' e 'A fábrica da preguiça'. Inaugurou as edições do Grupo Surrealista Galego com o seu livro "Esplendor Arcano".

Sem comentários

Ainda não há comentários

Ninguém deixou um comentário para este post ainda!

ESCREVA UM COMENTÁRIO SOBRE ESTE POST

Escrever um comentário 

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios são marcados *