A <em>Alicia</em> galega no mundo

A Alicia galega no mundo

0 comentários 🕔12:55, 13.Out 2015

IMG_5445alice 3 expoEn 2010 comezou nos Estados Unidos un proxecto de facer unha especie de compendio de ¨Alicias¨en todas as linguas do mundo. A todos os tradutores se nos encarregou a tarefa de traducir de volta (back-translate) con exactitude ao inglés tres páxinas, as mesmas todos, e de escreber un pequeno ensaio en inglés sobre a tradución que fixéramos á nosa lingua. A idea de traducir de volta tiña sentido tratándose de Alicia, pois que, aparte da dificuldade que supuñan os innumerábeis xogos de palabras, etc., en moitos países e linguas nen sequer hai os animais que saen en Alicia, por exemplo. A IMG_5446alice4expotradución de volta empezou no Twinkle, twinkle, little star, e iso xa apresentou un problema cuase seguro para a maioría dos tradutores, porque non haberá moitos países que teñen unha canción tan coñecida polos cativos todos como esa para os de fala inglesa. De feito, Fernando e eu optamos por facer unha tradución mais literal do texto e non buscar unha canción galega. O proprio título do libro tamén variaría en moitos casos. Na tradución de volta do noso non queda como The Adventures of Alice in IMG_5447 alice 5expoWonderland senon como The Adventures of Alicia in the Country of Marvels.
O proxecto estaba pensado para culminar este ano, o 2015. Acaba de publicarse a obra, de 1.000 páxina, en tres volumes (Alice in a World of Wonderlands, Oak Knoll Press: 2015), e estes días inaugurouse unha exposición, co mesmo título do libro, en The Grolier Club (Nova Iorque) que estará aberta até o 21 de novembro. Xunto fotos da exposición e o meu ensaio sobre a Alicia galega, que disponibilizo agora para os leitores de Palavra comum.

Ler My Story of the Galician Alice, by Teresa Barro.

Sobre o autor / a autora

Teresa Barro

Teresa Barro

(Galiza-Inglaterra) Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e na de Madrid, licenciándose nesta última en Pedagoxía en 1960. En 1962 casou con Fernando Pérez-Barreiro Nolla, co que en 1964 se traslada a Londres, onde traballou como tradutora, residindo desde 2008 en Lancaster (Inglaterra). Membro fundadora do Grupo de Traballo Galego de Londres, ten colaborado con distintas publicacións galegas, como Grial, A Nosa Terra e Sermos Galiza, así como nos programas de radio da BBC. En 1980 obtivo o certificado da Faculty of the Astrological Studies de Londres. Obra: Ensaio: Cartas a Rosalía, 1981, Edicións do Castro; Introducción á Astroloxía, 1983, Xerais; Dentro e fóra, 2002. Traducións: Contos de Andersen, 1983, Edicións do Castro; Alicia no país das marabillas, de Lewis Carroll, xunto con Fernando Pérez-Barreiro, Xerais; Alicia do outro lado do espello, Xerais; Fábulas de Esopo, 1997, Laiovento.

Sem comentários

Ainda não há comentários

Ninguém deixou um comentário para este post ainda!

ESCREVA UM COMENTÁRIO SOBRE ESTE POST

Escrever um comentário 

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios são marcados *