Un abrazo azul para Ahmad al Hammoud, por Olga Patiño

0 comentários 🕔09:30, 20.Out 2015

O campamento de Harran…

O presentimento é, ás veces, fervenza luminosa: choiva que trona…, neste caso non había presentimento, en todo caso, incerteza e mágoa. No campamento de Harran na provincia turca de Sanliurfa, viven máis de 200.000 refuxiados sirios que conseguiron fuxir da guerra. Entre eles está o pintor Ahmad al Hammoud e a súa familia máis achegada. Ahmad é íntimo amigo do artista sirio Ali Ali, residente na Coruña dende hai anos que xunto co escritor e poeta Francisco X. Fernández Naval e o escritor e xornalista Camilo Franco levaron a cabo a presentación e puxa dalgunhas das obras de Ahmad. Deste xeito, foi como chegou a min unha desas pinturas. Ao día seguinte de estar convivindo co cadro —aquí reproducido— e baixo a influencia dunha atmosfera de solidaria transparencia que se respiraba na sala de Portas Ártabras onde se celebrou o evento, escribín o poema: O abrazo azul. Dediqueillo ao autor do cadro e pedinlle a Ali Ali que o traducise ao árabe para que lle chegara a Ahmad al Hammoud. É un abrazo de esperanza, no recuncho da rocha poden agromar flores…

*

O ABRAZO AZUL

Para Ahmad al Hammoud

Desplomouse o universo
nesa cidade fósil
porén
a melodía dos teus ollos
acouga o tremer da esperanza
coma un pasaxeiro máis.
O teu pensamento
dorme nos grandes ventos,
alén da lembranza
do óxido do tempo
cando o silencio non era atronador.
Convivo
coa luz mesta do
-abrazo azul-
hai nesa aperta
unha presenza muda
que fai indestrutíbel
aquilo que amaches
nas tardes en que chovía abismos…
hai nese latexo
unha sutil harmonía
que non deixa que
a escuridade
envolva o ceo aberto,
súbito voo do destino…

Olga Patiño Nogueira

*

الضمة الزرقاء

سقط العالم
في هذه المدينة المستحاثة
ولكن مع العلم
ان لحن عيونك
تجذب الامل المرتجف
مثل مسافرا اخر .
افكارك
تنام في الريح الكبيرة
بعيدة عن الذاكرة
والوقت المتاكسد
عندما لا يكون السكون ضجيجا .
احيا
على ضوء دامس
، للضمة الزرقاء ،
في هذه الضمة
حضور اخرس
يجعله اكثر صلابة
الى ذالك الذي احببت
في المساء تمطر بانحدار …
في هذه النبضات
المملؤه بالرقة
لا تسمح
للعتمة
بعودة السماء مكشوفة ،
في لحظة التحليق الى القدر …

 Tradución: Ali Suliman Ali Sultan.

Sem comentários

Ainda não há comentários

Ninguém deixou um comentário para este post ainda!

ESCREVA UM COMENTÁRIO SOBRE ESTE POST

Escrever um comentário 

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios são marcados *