Haikus de outono

Haikus de outono

0 comentários 🕔14:00, 16.Nov 2015

Mes de outubro,
no bosque silencioso
falan as cores.

Baixo o trebón
o enlousado na rúa
vólvese espello.

Roía a choiva
os negros nós da terra
fértil, ferida.

O arco da vella
sostén hoxe a mañá
de sol e choiva.

Miro o reloxo.
Cantas horas pasaron
que non vivimos.

Lúa de outono
colgada entre os salgueiros,
mazá de ouro.

A alma é fráxil,
bolboreta prendida
dun sutil fío.

Nubes de outono,
vou seguindo nun xogo
de choiva e sol.

Sobre o autor / a autora

Chelo Suárez

Chelo Suárez

O mellor don con que fun bendicida ao nacer foi cunha sede infinita de libros. O gusto por respiralos e lelos, tan pronto aprendín a ler. Poeta e narradora, dedícome a crear universos que conxugan o realismo e a maxia.

Sem comentários

Ainda não há comentários

Ninguém deixou um comentário para este post ainda!

ESCREVA UM COMENTÁRIO SOBRE ESTE POST

Escrever um comentário 

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios são marcados *