Katanga, por Ricardo Marcos Casás Salgado

0 comentários 🕔11:40, 01.Fev 2016

Nota da Palavra Comum: agradecemos muito ao autor, Ricardo Marcos Casás, que permita dar a conhecer este trabalho na Palavra Comum. Ainda que o vídeo foi feito com o telefone e a acústica não seja perfeita, parece-nos muito interessante publicitar esta obra sua, mostra dos diálogos ocultos entre tradições musicais que aguardam serem prosseguidos na procura de uma maior visibilização (e audição) da riqueza cultural que está ao nosso redor. Também agradecemos que nos permita mostrar esta foto (feita por Luis García Corral) com Dorothé Schubarth, coautora do “Cancioneiro Popular Galego“.

“Concerto de fin de carreira de Jazz no Conservatorio Superior de Música da Coruña, o 24 de novembro de 2015. O traballo titúlase Jazz e tradición. Do blues ó alalá.
Esta peza é unha composición propia, de 2015.
Katanga é o nome popular do meu barrio da Coruña. Un territorio indeterminado entre a Ronda de Nelle e o Ventorrillo*. Nos anos 60 serviu de “contedor” para as familias chegadas do rural que viñan traballar nos polígonos industriais e na construción. Hoxe, é o fogar de miles de persoas (por poboación sería a quinta cidade de Galicia) de tódalas nacionalidades imaxinables. Sempre amalgama de xentes, cores, ritmos diferentes. Gaitas e djembés; boinas e saris. Sempre esquecido polas altas esferas. Mais sempre habitado, no senso máis profundo, pola súa veciñanza, a súa alma. Un barrio “jazz”.

* Nos anos 60, durante a crise do Congo, á Coruña chegaban as novas da conflitiva rexión africana de Katanga. Era de tal modo sinónimo de salvaxismo na cultura popular, que cando a señora Paca, dependenta da única tenda-estanco-adega-ultramarinos do barrio vía ás tres da tarde as “lexións” de cativos cruzando a ronda de Outeiro desde as “casas de Franco” en tropel para mercar lambetadas, dicía “aí veñen os de Katanga”. Ese foi o bautismo do barrio, e como somos mazo “queer”, gústanos ese nome. (O informante sobre esa orixe é un histórico do barrio).

Percusión: Pepa Yáñez, Carolina Vázquez e Branca Villares (Eudemónicas)
Gaita MIDI: Dubi Méndez Baamonde
Guitarra: Francisco J. G. Galán
Baixo: Carlos Santos
Batería: Jose Ares
Trompeta: Carlos Andrés Cuadros
Saxo tenor: Gorg Oganesian
Trombón: José Luis Miranda”

Sem comentários

Ainda não há comentários

Ninguém deixou um comentário para este post ainda!

ESCREVA UM COMENTÁRIO SOBRE ESTE POST

Escrever um comentário 

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios são marcados *