Entrevista a Belén Mellado (Alicornio Licores Orgánicos)

Entrevista a Belén Mellado (Alicornio Licores Orgánicos)

0 comentários 🕔08:45, 22.Fev 2016

NOTA DE PALAVRA COMUM: no Culturgal 2015, dentro do espaço de Cultura que une, tivemos a possibilidade de conhecer de primeira mão os produtos de Alicornio, Licores Orgánicos. Segundo eles mesmos comentam: “Alicornio Augardentes e Licores Tradicionais Galegos e Ecolóxicos, é unha pequena destilería e licorería (situada no concello de Sarreaus, en Xinzo de Limia) que elabora principalmente licores de froitas, herbas e froitos secos, de xeito ecolóxico e cunha produción limitada”. Agradecemos enormemente a Belén Mellado e Iñaki Terrados que permitissem realizar esta entrevista para dar a conhecer publicamente o seu trabalho. As fotos que acompanham a entrevista foram enviadas por eles. Parabéns por esta iniciativa!

- Palavra Comum: ComoAlicornio Iñaki e Belén 2 vês a situação do mundo rural hoje? Qual é a vossa experiência (vital, familiar, etc.) neste âmbito?

- Alicornio: Vexo un rural rico, atractivo e con moitas posibilidades por descubrir para a xente nova. Un mundo polo que non se aposta o suficiente e que é unha grande alternativa para aquelas persoas que queiran construír algo.

Eu volvín ó rural depois da carreira, aínda que o desexable para uns pais que te educan na aldea habitualmente é que marches e quedes na cidade. Iñaki veu dende a cidade, de Bilbao a Galicia, ó rural.

Os dous fixemos hai anos unha casa nunha aldea e traballabamos fóra. Levabamos anos dándolle voltas a un posible proxecto, e coa chegada da casa o xérmolo de Alicornio foi collendo forma. Queriamos producir e transformar. Temos arandos, framboesas, amoras; e herbas aromáticas e medicinais.

- Palavra Comum: Que aspectos do mundo rural reivindicarias por não serem suficientemente conhecidos na sociedade?

- Alicornio: A vida en sociedade. Sempre se pensa que no rural se vive dun xeito solitario, que non hai socialización, e non é así. Hai pouca xente nova, a que estamos temos redes de apoio, pero se houbese máis poboación sería moi sinxelo. E tamén destacaría o prexuízo que se ten de que no rural non hai futuro, e está todo por facer!

- Palavra Comum: Como é o processo de produção dos licores ecológicos?

- Alicornio: Nós recollemos e seleccionamos o bagazo (as variedades que nos interesan) nas adegas, case todas pequenas: temos en Galicia, no norte de Portugal e en Rueda. Traémolo en palots, para asegurar unha boa conservación ata a destilación, mentres fermenta. Unha vez na empresa métese nos potes, traballamos con catro potes, o método tradicional de destilación. Sempre dicimos que somos unha micro-destilería porque realmente é así. Imos destilando e unha vez obtido o produto-base maceramos a froita e as herbas, aínda que na maioría dos licores partimos xa dunha augardente aromatizada.

- Palavra Comum: Que Alicornio Iñaki e Belén 1é o mais desconhecido para a maior parte da sociedade do vosso trabalho?

- Alicornio: O proceso: a cantidade de froita empregrada, os tempos de maceración que son longos ou moi longos e todo o bagazo que temos que queimar para recoller a mellor parte do alcol que sae. Tamén que os nosos produtos están suxeitos a impostos especiais: moita xente non o sabe.

- Palavra Comum: Que importância tem para vós o diálogo com a tradição cultural, a ecologia e a sociedade?

- Alicornio: Todo podería ir unido, sen a tradición nós non estariamos aqui, neste punto, sen a ecoloxía non temos futuro e coa sociedade convivimos no presente. Tres partes fundamentais. Cremos que lle hai que dar unha volta ós produtos tradicionais galegos como xa o fixeron noutros países como Francia; poñelos en valor. Por iso nós non só facemos licores tradicionais como o de café ou herbas, senón tamén licor de laranxa e herba luisa, de arandos e xenxibre, de framboesa, ou unha augardente aromatizada con limón.

- Palavra Comum: Que vínculos -reais e/ou potenciais-, do teu ponto de vista, tem este tipo de propostas com as artes (literatura, música, artes plásticas, etc.)? Como é a vossa experiência nesta linha?

- Alicornio: Tódalas pontes que nós queiramos tender. Por agora fixemos pequenas incursións, como colaboración co Festival dos Blancos, colaboración coa Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) para difundir o Mes dos Santos, no canto do Samaín, ou meter uns poemas de poetas actuais nas botellas, Xabier Xardón e Lara do Ar. Esperamos poder facer de mecenas en moitas máis actividades. Queremos axudar a que se valore a tradición e a cultura galega, somos unha potencia dende o punto de vista antropolóxico (non o digo eu que o di Miguel Losada, da SAGA) e nin o sabemos. Renegamos sempre para fuxir do noso e debemos de facer o camiño á inversa, volver para saír e erguérmonos, ensina-lo que temos coa cabeza ben alta.

- Palavra Comum: Que Alicornio 2relações existem com outros espaços cercanos (nomeadamente Portugal)? Que opinião tendes de Cultura que une?

- Alicornio: Portugal é o país veciño e ás veces parece que está a anos luz, ademais aquí, onde a fronteira non está moi lonxe, seguen pervivindo moitos prexuízos infundados (menos que hai anos). Descoñécese habitualmente por ambas partes a idiosincrasia de cada pobo, sendo en moitos aspectos compartida. Parécenos unha boa idea, un proxecto indispensable, Cultura que une.

- Palavra Comum: Que projectos tendes e quais gostaríais de levar a cabo nalgum dia?

- Alicornio: Proxectos moitos, a ver cantos sacaremos adiante. En Maio iremos a Portugal, a Vila Real, con Cultura que une; en breve queremos ir a Francia e a Inglaterra visitar destilerías que traballan nunha liña parecida á nosa para seguir aprendendo. Estamos a plantar todos aqueles froitos que podemos producir e autoabastecernos, así como vendelos tamén deshidratados. Algún proxecto en común co mundo da cervexa para sacarmos un produto de baixa gradación tamén está por diante. Sesión de coctelería e poesía, roteiro cultural e degustación de licor, seguro que habíamos de ver o noso patrimonio doutro xeito!

Sobre o autor / a autora

Ramiro Torres

Ramiro Torres

(Galiza) Ramiro Torres nasceu na Corunha no 1973 e estudou Graduado Social. Tem publicado poemas na revista 'Poseidónia' e 'Agália', assim como no blogues 'A fábrica' e 'A fábrica da preguiça'. Inaugurou as edições do Grupo Surrealista Galego com o seu livro "Esplendor Arcano".

Sem comentários

Ainda não há comentários

Ninguém deixou um comentário para este post ainda!

ESCREVA UM COMENTÁRIO SOBRE ESTE POST

Escrever um comentário 

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios são marcados *