O Bardo n’ As Crechas, diálogo artístico de Cristina Veira e Xoán Curiel

1 comentário 🕔09:50, 10.Mar 2016

NOTA DE PALAVRA COMUM: este é um dos trabalhos artísticos que Cristina Veira tem feito em diálogo com o novo trabalho musical de Xoán Curiel, “Ecuacións”. Na Palavra Comum agradecemos-lhes enormemente que nos deixem participar nessa interacção, dando a conhecer ao público esta obra e também falar-nos sobre este processo de trabalho mútuo.

Ecuacións é algo moi distinto a calquera cousa que fixera até agora. Tal vez porque me levou moito tempo ir compoñendo os temas, porque o proxecto foi variando e tomando forma por conta propia dende que o comecei, ou porque o proceso de gravación e mestura foron analóxicos, sen usar ordenador, gravando como se facía antes, directamente nun magnetófono, algo novo para min.

Esta quinta feira 10 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa das Crechas (Vía Sacra, 3), de Santiago de Compostela, terá lugar a presentación deste novo traballo“.

***

ENTREVISTA

- Palavra Comum: Como é processo de trabalho e simbiose, no vosso caso?

- Cristina: A música de Xoán é dunha grande plasticidade, crea pezas cheas de cor e resulta doado deixarse levar por elas, axiña as imaxes veñen á cabeza. No caso concreto do debuxo para “O Bardo” confluíron varias ideas e mesmo sensacións. Da primeira vez que escoitei o tema lembro o calafrío ante un xeito tan fermoso e delicado de describir o tránsito logo da vida. É unha canción que crea unha atmósfera especial e tentei imaxinar que pasaría a noite do concerto no momento de interpretala. E vin ao poeta, cal Alicia no seu maxín, medrando, enchendo e rachando co espazo. Coincidiu a cor malva no vídeo da canción, e malvas son as flores na terra de enterrar. Eiquí pois, tres acepcións da palabra bardo: estado intermedio ou de transición, poeta dos antigos celtas e barro.

- Xoán: Fácil. Con Cristina resulta moi fácil a comunicación; é unha persoa moi aberta e tamén moi creativa, con gañas de compartir e facilitar. Aínda que xa nos encontráramos en varias ocasións en persoa nalgún concerto meu, non tivemos realmente unha interacción física para esta colaboración; o traballo, neste caso, foi a partir de eu ver a súa obra e ela escoitar os temas de ECUACIÓNS. Ela comezou a crear a partir dos temas e encántame o que está a facer; ademais vai vir o día da presentación para seguir traballando e avanzando no seu proceso creativo.

- Palavra Comum: Que importância e repercussão criativa tem para cada um de vós o vínculo entre artes, em geral?

- Cristina: Vexo ese vínculo importante e necesario. Distintas ferramentas a interpretar unha realidade, a expresar a emoción ou a reflexión que provoca, e unhas xunto ás outras para enriquecer a mensaxe.

- Xoán: Moita. Eu fae anos experimentei coa pintura e a fotografía e agora mais profundamente coa danza, o teatro e a música. Sempre sentín moita curiosidade polas artes en xeral, penso que unha manifestación artística alimenta a outra e fáeche ter unha perspectiva mais ampla.

- Palavra Comum: Que outros projectos gostaríais chegar a desenvolver nalgum momento (tanto conjuntamente entre vós como a nível individual ou com outras propostas)?

- Cristina: Xa están en marcha os debuxos para outros dous temas. O meu labor no concerto de presentación será basicamente deixarme emocionar e tirar ideas para novos traballos. Logo disto retomarei o bosquexo para “A Chía“, do seu primeiro álbum, Nai. En fin, lembro agradecida os azos de Xoán en certa ocasión, dicindo que detrás dunha porta aberta había outras tres para abrir. Certamente está a ser así.

- Xoán: Seguro que seguiremos colaborando nun futuro Cristina e eu; de feito ela ten un proxecto dun espazo artístico do que me falou, e penso que coa súa enerxía vai ir na frente com certeza.

***

1 comentário

  1. 🕔 9:15, 11.Mar 2016

    Tatodakeira

    Creadores en avanzadila. Superando individualismos infortunados. @nim@s prest@s a concurrir. Fronte tal despregue…e dende o auditório… grande envexa! e parabéns!

    Responder comentário

Escrever um comentário 

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios são marcados *