Entrevista ao poeta galego Ismael Ramos

Entrevista ao poeta galego Ismael Ramos

0 comentários 🕔14:45, 31.Mar 2016

- Palavra Comum: Que representa para ti a poesia?

- Ismael Ramos: Un xeito de incidir no mundo. Non máis (nin menos) do que guindar pedras ao mar e ver como chimpan ou afunden. Todo o que se pode conter nese xesto.

- Palavra Comum: Como entendes (e levas à práctica, no teu caso) o processo de criação literária?

- Ismael Ramos: Enténdoo como un un xeito de coñecemento: ben dende o estudo demorado ou dende a súbita revelación. Sempre como unha sorte de oficio.

- Palavra Comum: Qual é, para ti, a relação entre as diversas artes (literatura, música, artes plásticas, teatro, audiovisual, etc.)?

- Ismael Ramos: É aquela que queiramos que sexa. A que nos atravese. É dicir, é innegable que estamos a falar de linguaxes distintas, se ben complementarias. Eu adoro o cine, mais non domino a linguaxe cinematográfica. Así que ás veces deixo o cine entrar nos poemas pero non filmo unha película. Do mesmo modo, estou seguro, un director de cine deixa entrar a poesía nunha ou noutra escena, ou mesmo na película enteira. Con todo, a relación entre as artes non sempre é cordial, opcional, tamén se lle pode impoñer ao creador como ineludible, violenta.

- Palavra Comum: E que vínculos achas que existem entre arte(s) e Vida?

- Ismael Ramos: Habería que pensar o que significa a palabra vida, as súas connotacións para cadaquén. Ultimamente, eu prefiro a palabra verdade.

- Palavra Comum: Que referentes tens no teu trabalho criativo -e em geral-? Quais del@s destacarias por não serem suficientemente (re)conhecid@s, do teu ponto de vista?

- Ismael Ramos: Os referentes son sempre moitos e mudables. Quizais porque me atravesan de maneira distinta e sempre significativa, citaría a Virginia Woolf e Louise Glück. Cada vez máis interésame tamén o cinema, pero non paso de afeccionado.

Penso que unha figura que non recibe o recoñecemento explícito suficiente nas nosas letras é Luisa Castro, sen dúbida por terse decantado polo castelán como lingua de creación. Con todo, paréceme innegable a influencia da súa poesía (e non me refiro unicamente a Baleas e baleas) na dos poetas galegos das últimas décadas.

- Palavra Comum: Que visão tens sobre a literatura galega?

- Ismael Ramos: Cando menos no eido da poesía pódese dicir que a súa saúde foi, é (e semella que será) excelente.

- Palavra Comum: Que caminhos entendes mais interessantes para o caminho das artes, em geral, nomeadamente na comunicação com o público e a sociedade, hoje?

- Ismael Ramos: Persoalmente esa non é unha cuestión que me preocupe en exceso, cando menos á hora de escribir. Tampouco considero que as artes se estean comunicando de maneira errónea coa sociedade nos nosos días, ou non menos que en tempo pasados.

- Palavra Comum: Que perspectiva tens sobre a língua e a cultura galegas (e os vínculos com a Lusofonia e outros espaços culturais)?

- Ismael Ramos: Preocúpame a vitalidade da nosa lingua e da nosa cultura, pero tamén opino que vivimos nun tempo con grandes ferramentas para fomentar o seu emprego e a súa difusión. Ocórreseme, por exemplo, o prestixio cada vez maior que a nosa poesía acada noutros países ás veces mediante a tradución a outras linguas, mais non só.

- Palavra Comum: Que projetos tens e quais gostarias chegar a desenvolver?

- Ismael Ramos: Agora mesmo acabo de publicar Os fillos da fame en Xerais e só podo pedir que a precariedade do sistema me conceda tempo e espazo para escribir outro libro.

Sobre o autor / a autora

Ramiro Torres

Ramiro Torres

(Galiza) Ramiro Torres nasceu na Corunha no 1973 e estudou Graduado Social. Tem publicado poemas na revista 'Poseidónia' e 'Agália', assim como no blogues 'A fábrica' e 'A fábrica da preguiça'. Inaugurou as edições do Grupo Surrealista Galego com o seu livro "Esplendor Arcano".

Sem comentários

Ainda não há comentários

Ninguém deixou um comentário para este post ainda!

ESCREVA UM COMENTÁRIO SOBRE ESTE POST

Escrever um comentário 

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios são marcados *