<em>O desexo</em>, pintura e poesía (I)

O desexo, pintura e poesía (I)

0 comentários 🕔12:00, 18.Abr 2016

Estase a realizar unha exposición colectiva dos pintores Xulio Maside, Xoán Pardiñas e Fernando Riveiro (no Pazo da Cultura de Carballo, do 7 de abril ao 8 de maio), que posteriormente irá a Malpica.

Desde Caldeirón publicouse un catálogo homónimo con textos poéticos de autor@s que teñen editada alí a súa obra.

A continuación, deixamos a primeira parte deste diálogo entre artes:

***

O desexo Xulio Maside 02

XULIO MASIDE

*

luzada

penetra pola fiestra a luz licuada
sutil a atravesarnos as siluetas
caladasaa inculcadasaa adheridas
sen lugar para o átomo entre a carne
como cando adoitamos construírnos
cos cadrís bramadores
enleados por lazos de ectoplasma

e nós? ollamos cara a fóra ou esculcamos
aaaaaas cuncas espirais dos nosos ollos?

a cerna férrea de non sei que culpa
acostuma aganchar por entre as casas
e
de norte a sur
busca ensartarnos coa bandeira de folla de lata
tronzámola sen medoaa ás apalpadas
de cada vez aade cada vez
sen horario nos pulsos
coa loucura gozosa
aaaaana tona das mazás das nosas mans sen
luvas
aaaaae nas bocas
e así tamén agora
que a luzada feroz perfora o aire

amasado en cereal o corpo meu
quérete xa brisaaa covaaa labirinto
momento é de entornar contras azuis
a pedra arde

MERCEDES LEOBALDE

***

O desexo Xoán Pardiñas 06

XOÁN PARDIÑAS

*

O_desexo_eduardo_estevez_-_para_o_desexo-0-0

EDUARDO ESTÉVEZ

***

O desexo Fernando Riveiro 08

FERNANDO RIVEIRO

*

Agárdote
no xardín das oucas
bambeando as dedas.
Acendo
as estacas de brea
cos rebos das marés.
Encálanse
as augas do océano
para parir o Bilröst.
E, entón, agárdote
[ só ese intre necesario]
xusto antes de esvaecer.

ELI RÍOS

Sobre o autor / a autora

Francisco Souto

Francisco Souto

(Galiza) A Coruña, 1962. Coeditor das edicións do Dragón nas que publica os cartóns colectivos Ao mar de adentro, A rota dos baleeiros e Dous bocetos. Coeditor tamén de Letras de Cal nas que publica Fado, 1998. É autor ademais de As árvores do incesto, Espiral Maior, 1995; Crebar cristais coa lingua, Caldeirón, 2003 e As horas de María, Espiral Maior, 2007. Ten no seu haber, entre outros, os premios Espiral Maior 1994, Johán Carballeira 2006, e foi accesit do III premio de poesía erótica Illas Sisargas co libro E alentar na túa rosa que verá a luz proximamente na colección Caldeirón. En 1993 realiza xunto a Kukas e Laura Quintillán o espectáculo pluridisciplinar América. En 2001 na sala galán do Compostela xunto ao piano de Serxio Moreira a montaxe Como águas de maio co que repite en Aviléscanto, 2003; As horas de María, 2007 e na homenaxe a Xelucho Abella por encargo da A. C. Monte Branco para a festa das letras 2008. Ilustra os libros Tortillas para os obreiros de Fran Alonso, Xanela ao bío de Paco de Tano, Arredor do teu corpo de Antonio García Teijeiro e Baile Átha Cliath de Alberte Momán e realiza portadas para o libro de Miro Villar, Ausencias pretéritas e Um corpo para a infância de Celeste Craveiro. Participa en exposicións colectivas como Botella ao Mar, ou as organizadas por adega arredor do lixo ou Artnatura, e individuais como Poemas suxos, ou no restaurante Mar de Ardora, Lugar de incéndios. Colaborou en teatro cos Monicreques de Kukas en Don Gaiferos e con Matarile en Hamletmaschine. Fai crítica teatral para A Nosa Terra, a día de hoxe ten un programa semanal de literatura A Escrita en Radio Roncudo, única radio libre da Costa da Morte.

Sem comentários

Ainda não há comentários

Ninguém deixou um comentário para este post ainda!

ESCREVA UM COMENTÁRIO SOBRE ESTE POST

Escrever um comentário 

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios são marcados *