Notas sobre a construción do destino colectivo II

Notas sobre a construción do destino colectivo II

0 comentários 🕔09:00, 28.Nov 2016

Industria: como se aborda desde a anarquía.

O desenvolvemento capitalista ten na industria a súa arma de fogo, tanto que case podemos dicir que son un todo. Nos comezos da revolución industrial, anarcosindicalistas destruían a maquinaria como resposta á situación de explotación. Ora ben, na actualidade e referíndonos tamén á tecnoloxía, como apontabamos no artigo refererido as primaveras árabes, o anaquismo ten un aliado na mesma, xa que poden espallar novas, crear grupos e concretar acción. Pero vaiamos de novo ao inicio. Autores como Moro propugnaban a creación dunha sociedade utopicamente igualitaria -base do anarquismo- e opoñíanse a todo poder; isto é: non ter amo. A pregunta que nos facemos é: é o anarquismo contemporáneo un movemento que destruiría a industria para trasladarnos a un mundo preindustrial, preagrario mesmo, ou dito de outro xeito, primitivo? Débese recalcar que, existindo diferentes vertentes, non obstante, a idea central é que non deberían haber condicións ou requerimentos que estexan por riba desa propia liberdade individual. Co cal, podemos deducir que poderían existir cooperativas industriais nas que todos sexan donos de todo.

***

O individuo e o colectivo.

Mencionabamos colectivoque o que importa é a liberdade, poder escoller e realizarse. A colectividade así estaría composta por persoas que fan o que libremente queren. Aquí o colectivo explícase pola posta en común dos bens e a xestión colectiva, enténdase de individuos que teñen unha dirección, unha ansia semellante.

***

Lao Tsé: o tao.

Afirma lao-tse1Lao Tsé que para alcanzar o tao e necesaria a liberdade (propia, é dicir individual), no século VI a.c. Para isto aboga pola destrución de calquera amo ou autoridade. Debido a estas ideas achamos entre o taoísmo e o anarquismo elementos análogos.

***

A propiedade: individual e colectiva.

Se dende os comezos da revolución industrial a propiedade dos medios de traballo estivo nas mans dos donos, o marxismo propugnaba a posesión dos mesmos nas mans, esta vez, dos traballadores. Volvendo á anarquía, este movemento insta a abolición da propiedade privada entendendo, ao noso parecer, que a propiedade común é a mellor forma de desenvolver un proxecto económico.

***

A economía anterior á economía.

A aparición do diñeiro supuxo a desaparación progresiva do troco, feito este que respondía a necesidade doutros productos que non fosen os que un mesmo fabricaba. Así, en pé de igualdade, as persoas adquirían o que precisaban e satisfacían coas súas correspondentes mercadorías os desexos do outro.

***

Desexos e capitalismo.

Nomeamosliberdade na anterior referencia os desexos como necesidades mais existe na actualidade e desde hai décadas unha necesidade creada por e para o capitalismo. A sociedade de consumo reifica os desexos psíquicos en obxectos mesmamente de consumo no mercado e cada vez con maior variedade de oferta. O superfluo deixa de selo e vírase necesario. Éo? Remitíndonos ao anterior: os taoístas reclamaban a sinxeleza e a restrición.

Sobre o autor / a autora

Sem comentários

Ainda não há comentários

Ninguém deixou um comentário para este post ainda!

ESCREVA UM COMENTÁRIO SOBRE ESTE POST

Escrever um comentário 

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios são marcados *