Nouvelle Vague: reconciliarse co espello para despois rachalo

Nouvelle Vague: reconciliarse co espello para despois rachalo

0 comentários 🕔10:30, 16.Fev 2017

Cando nun Ollo de Vidro (Crea) falaba sobre as influencias da Nouvelle Vague dicíao polo seguinte:

Se o que queres é o que odias estás nese punto da Nouvelle Vague en fronte do cinema clásico de Hollywood. Sendo un referente era algo que querían -debían- superar para así construír unha nova linguaxe cinematográfica e así mesmo dramatúrxica. Deteñámonos neste aspecto. Fago fincapé na forma de dirixir os actores que, sen saír do xogo, facíanos máis verosímeis achegándose a unha interpretación naturalista empregando a xente da rúa, que no dito xogo fannos conscientes ao tempo do aparello perante o que nos situamos, por mencionar un -o máis relevante e novidoso-: a mirada á cámara.

Seguindo coa nova linguaxe: está presente a fragmentación, sendo a montaxe discontinua e non lineal e empregando elementos audiovisuais doutra natureza que interveñen –ou non- na narración, predominando as secuencias curtas que dan maior axilidade e tendo como recurso os primeiros e primeirísimos planos.

Móvense do lado da videoarte pola sofisticación das tomas, mais tamén da performance gravada que enfatiza o feito de que a sétima arte non é un mero reflexo da vida senón unha realidade que parte da creatividade (e esto é así falando tamén do documental). Xa non se trata de contar historias, trátase de saber contalas dun xeito próprio (cinema de autor).

Para rematar, dicir que é un movemento que ten moito de político. O cinema militante xorde como resposta ás inquietudes dos cineastas, quen, facéndose coa tecnoloxía (cámaras lixeiras), saen á rúa e empregan o cinema como elemento de mudanza social.

Metafísica e corpos (transitar o espazo- tempo).

Sobre o autor / a autora

Sem comentários

Ainda não há comentários

Ninguém deixou um comentário para este post ainda!

ESCREVA UM COMENTÁRIO SOBRE ESTE POST

Escrever um comentário 

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios são marcados *