O amor

O amor

0 comentários 🕔00:03, 02.Mai 2017

Quizais preferiría l’amour. Non estamos en Franza. Non o estamos e, con todo, tamén sabemos falar do amor (sabemos?). O amor só comeza cando a outra persoa desaparece. Se nese afastamento se forma, se dá forma, convértese a existencia nuhna especie de non-lugar, dun espazo no baleiro. É a volta o que traduce a espera. Ás veces sabemos amar, se nos lanzamos ao nada. Despois de saltar, de avanzar cara o mar. Pero o amor non sempre volve. Non. Por iso deixamos atrás países, mesmo cidades enteiras, mesmo…. E nese etcétera tamén abandonamos aquel ser e refacémolo. Na transformación constante sitúase o suxeito postmoderno: amar sabendo das mudanzas, de experiencias tan minúsculas que os desencadea e os fai desaparecer. Este feito non levará a un final de Hitchcock (nas súas pelis de amor, véxase Encadeados), e máis nada terá que ver co cine clásico senón con algunha da querida Nouvelle Vague: Catherine -de Jules et Jim- acabará no fondo do río xunto co seu amante favorito. Como unha apoteose. Sendo conscientes da beleza do terríbel e tendo no mesmo as causas do valor, accedemos ao cotián para resolvelo na sorpresa constante que aniquila a esfera do obvio, do vulgar. Exercendo unha especie de oratoria para mantelo prendido, nos salvocondutos fórxase “o outro”. Aquel que se coa entre as fendas do xardín secreto. Sartre fala dos corpos como a porta de acceso ao outro, ao para-si no en-si, que é o eu nun intento de unir o físico coa metafísica e sendo consciente da importancia da materia, do material. Non obstante, despois veu un post que releva a un segundo plano o centralismo da materia (por certo, Sartre era universalista, no sentido de ver en todo un único plano inmaterial). Todo o que demora é reenviado ao nada, a ese non–lugar, a esa especie de cápsula espacial cando quereriamos cambiarnos de planeta. A terra chega para conquistar vivencias que tamén se perden no pensamento. Pasar á acción é moverse da cadeira e entrar na esfera do atrevemento. Try it, try it!

Sobre o autor / a autora

Sem comentários

Ainda não há comentários

Ninguém deixou um comentário para este post ainda!

ESCREVA UM COMENTÁRIO SOBRE ESTE POST

Escrever um comentário 

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios são marcados *