Sobre Palestina, por Estela Pan

Sobre Palestina, por Estela Pan

0 comentários 🕔12:30, 31.Mai 2017

I. A CUESTIÓN DE XERUSALÉN

Unha análise do conflicto en Oriente Medio entre Israel e Palestina tén que ser atrevesado pola cuestión de Xerusalén, xa que metonimia do mesmo polo cal unha visión sobre el vén sendo chave para o entendemento da relación entre ambos. A continuación e en primeiro lugar realizamos un exercicio de historia para entender a transcendencia desta cidade que alberga unha grande carga do que podemos denominar muliculturalismo.

I. A cidade santa das tres relixións monoteístas está no centro do conflicto israelí-árabe en xeral e Israelí- palestino en particular.

1. Xerusalén é unha cidade santa para as tres relixións monoteístas xa que logo ocupa un espazo que podemos denominar privilexiado o que conleva que é foco de disputas. Pódese ver someramente o por que histórico deste status quo.

1.1. Para os xudeus
O rei Davide tivo feito de Xerusalén(chamada Xébus) a súa capital deica o ano 1000 antes de Xesucriso. El construíu o primeiro templo no que hoxe chamamos o Monte de Templo ou o Haram-el Sharif para os musulmáns. Montaña sobre a que, respondendo a orde de Deus, Abraham estivo tentado de sacrificar ao seu fillo Isaac. Despois da súa destrucción, un segundo templo sería construido por Salomon. O muro occidental do Monte do templo (Muro das lamentacións) sería un vestixio do templo de Salomón, cuias ruinas serían enterradas na Explanada das mesquitas.

1.2 Para os musulmáns
O Haram-el Sharif ou Explanada das mesquitas é, despois da Meca e da Medina en Arabia Saudí, o terceiro lugar santo do Islam. É alí onde se atopa a Mesquita da Cúpula da Montaña, chamada Mesquita de Omar, e a mesquita Al-Aqsa. Este lugar sagrado depende do Consello supremo musulmán.

1.3. Para os cristiáns
Para os ritos latinos, gregos ortodoxos ou armenios, Xerusalén é unha cidade santa na que hai diversos lugares sagrados: O Santo sepulcro, a Vía dolorosa ou o xardín das oliveiras.

A continuación veremos que en todas as negociacións Xerusalén e o seu estatuto foi un affaire fundamental, e é reivindicado polas dúas partes: xudeus e musulmáns. Despois desta afirmación podemos entender que a comunidade cristiá non loita pola súa posesión senón que se conforma con poder realizar cultos nos lugares citados.

Existe unha data que é fundamental: 1967. Ollamos o antes e despois deste ano e consideraremos a proposta da ONU de xestionar internacionalmente a cidade como xesto válido que nunca se chegou a realizar. Estariamos, de realizarse, perante a primeira cidade con estatus internacional que poría de manifesto a autoridade supranacional.

2. Unha cuestión no centro do conflicto israelí-árabe

2.1. O primeiro conflito leva a unha repartición de Xerusalén.
A primeira guerra israelí-árabe empide levar a cabo o “rexime especial” de corpus separatum recollido na resolución 181 (III) da Asamblea xeral da ONU a cal prevía que Xerusalén sería rexida pola administración internacional (cando menos previsoriamente) e conducía a un reparto de Xerusalén, e na cal se recolle o acordo de cessez-le-feu entre Israel e Xordania do 30 de novembro de 1948, e asimismo o acordo de armisticio firmado o 3 de abril de 1949: Xerusalén Oeste é ocupado por Israel, Xerusalén Leste por Xordania.
Desde setembro de 1948, Israel realiza o traspaso das súas institucións cara Xerusalén- Oeste: Corte Suprema, Knesset en 1949. Sede do goberno en 1951, Ministerio de exterior en 1953. O 23 de xaneiro de 1950 a Knesset (lexislatura nacional unicameral) proclama Xerusalén-Oeste capital de Israel. Con todo, os estados que teñen embaixada en Israel continúan en Tel-Aviv. A estas medidas séguenlle a expropiación de arredor do 80% das propiedades árabes e do desplazamento de 60.000 muslmáns e cristiáns cara os países árabes viciños.
O 24 de abril de 1950, Xordania anexa Cisxordania e a parte leste de Xerusalén. Para os xudeus está prohibido acceder os lugares sagrados sobre control de Xordania e pola súa parte, os cristiáns, porén, si poden acceder a eles.

2.2. Israel controla o conxunto de Xerusalén despois do conflito de 1967
Despois do conflito de 1967, en concreto en xuño, Xerusalén leste é ocupado por Israel. O decreto do 28 de xuño de 1967 recolle que o dereito, a xurisdición e a administración de Israel sobre unha zona correspondente ao corpus separatum. O 30 de xullo de 1980 a Knesset vota unha lei fundamental facendo de Xerusalén “enteira e unificada” a “capital eterna” do estado de Israel. Este feito foi coñecido como a Guerra dos Seis días que enfrontou a Israel coa coalición árabe (Exipto, Xordania, Irak e Siria). O final desta guerra supuxo a conquista do Sinaí, a franxa de Gaza, os altos de Golán, Cisxordania e Xerusalén Leste como se menciona ut supra.
O Comité Al-Qods (Comité para a liberación de Xerusalén) creado pola Organización da conferencia islámica en 1969 e presidida por Hassan II (Marrocos) ten por misión protexer os intereses musulmáns en Xerusalén.

Na terceira e derradeira parte deste artigo centrámonos no posicionamento da comunidade internacional que apoia as pretensións palestinas para ter a súa capital en Xerusalén. Achamos polo tanto un cambio de dirección que xorde dos fracasos da pretensión de internalización e que considera a Palestina como un estado futuríbel.
Desde esta liña, podemos soster que Israel non escoita as resolucións dun organismo como a ONU e que non acata o dereito internacional que con todo, só vén sendo vinculante (se callar é aí onde está o cabalo de Troia das relación internacionais). Así mesmo, as anexións de Israel, incluida Xerusalén, non son ratificadas pola comunidade internacional.

II A comunidade internacional non recoñece a anexión de Xerusalén Leste e existe a vontade de Palestina de facer dela a capital do seu futuro estado

1. A anexión de Xerusalén Leste por Israel non foi recoñecida pola comunidade internacional.

1.1 A comunidade internacional denuncia a ocupación israelí e rechaza o recoñecemento da anexión de Xerusalén leste.
A resolución 242 (1967) continuada pola resolución 338 (1973) do Consello de Seguridade pide a Israel a retirada dos territorios ocupados despois de 1967, incluída Xerusalén e pronúnciase a favor dunha paz xusta e duradeira en Oriente Medio.
Así a C.I. rechaza recoñecer a anexión de Xerusalén leste por Israel en 1980. Na resolución 478(1980) o Consello de seguridade decidiu non recoñecer a lei fundamental e outras accións de Israel que por esta lei (do 30 de xullo) pretenden modificar o estatus de Xerusalén e afirma que a adopción desta “lei fundamental” de Israel constitúe unha violación do Dereito Internacional e así os estados membros trasladan as súas embaixadas a Tel-Aviv.

1.2 A comunidade internacional denuncia a modificación por parte de Israel do equilibrio municipal.
A ocupación e despois a anexión de Xerusalén leste están acompañadas de medidas concretas para modificar a situación sobre o terreo: Destrucción do barrio magrebino histórico, expropiacións, expulsións… Despois de 1967 Israel segue a ampliar os límites da municipalidade de Xerusalén tanto no oeste como no leste. Hoxe en día viven sobre 750.000 habitantes cun 64% xudeus, un 32% musulmáns e 2% cristiáns. O Consello de Seguridade estimou o que segue: “Todas as medidas tomadas por Israel para a modificación do carácter físico, demográfico, institucional dos territorios árabes ocupados… non son válidas”

2. A cuestión de Xerusalén fica un feito central na perspectiva de resolución do conflicto árabe-israelí.

2.1 Propostas a priori irreconciliables.
Os acordos israelí-árabes chamados Acordos de Oslo, relegan a cuestión de Xerusalén, que non será analizada ata 1999.
Os acordos de Oslo foron firmados por Arafat e Rabin no ano 1993 e con respecto a Xerusalém díctase a liberdade relixiosa para todos.
A posición israelí sobre Xerusalén é firme e considérana propiedade exclusiva do estado hebreo.
Pola súa parte Palestina considéraa como mencionamos na súa parte leste como capital dun futuro estado palestino.
Os escenarios do tipo “internalización” son rechazados por ambas partes.

2.2 Un achegamento desafiado polo goberno Sharon e a “Segunda Intifada”
Son feitas concesións importantes por pare de Israel en relación a posición de partida con por exemplo a retirada da franxa de Gaza por parte de Sharon (primeiro ministro do 2001 ao 2006).
Anteriormente o Camp David (2000) considérase un reparto da soberanía sobre Xerusalén leste de xeito que os barrios de maioría árabe pasarán a ser Palestinos asi como a Esplanada da Mesquita. Israel pola súa parte anexiónase a maior parte das colonias xudías do leste e controla o Muro das Lamentacións. Camp David ou a cumbre da paz en Oriente Medio estivo encabezada por Barak (Israel) e Arafat (Palestina).
E todo isto no amplo contexo da Segunda Intifada (29 de setembro do 2000 a 8 de febreiro de 2005) freando a implantación da paz na rexión.

2.3 O conflito da Franxa de Gaza (2008-2009) e Xerusalén
Este conflito provocou o maior número de baixas da poboación civil decretándose unha crise humanitaria e mostra así mesmo que existen outras frontes na guerra israelí-palestina.
Gaza, segundo a resolución 1890 (2009) do Consello de Seguridade, forma parte do “estado de Palestina”.

A cuestión de Xerusalén podemos dicir que é central no conflito pola entidade histórica pero que así mesmo achamos outras como as estritamente económicas que tamén dirixen as actitudes das dúas partes.

III. OS TERRITORIOS OCUPADOS

Para Israel trátase dun “enjeux” que supón o mantemento da súa cohesión nacional mentres que pola parte de Palestina é a viabilidade dun futuro estado o que se xoga.
A política de colonización levada a cabo por Israel é realizada desde 1967 polos diferentes gobernos israelíes. Entre 1969-1977 co goberno traballista, a colonización foi ao comezo un fenómeno espontáneo e despois alentado por razóns de seguridade. Evitaban os espazos xeopolíticos onde a poboación árabe era máis densa. Á fin deste periodo en Xerusalén fican instalados 45.000 israelíes. En xeral prodúcense sobre 40 implantacións, 6.000 colonos (máis 4.000 ao Golán). Outro periodo é o que vai de 1977 a 1992, cos gobernos de Likoud e unión nacional no cal incítase á colonización a través de medidas financieiras, fiscais, e económicas. Á fin deste, cóntanse 100 implantacións e arredor de 115.000 colonos.
Os acordos de Oslo (Oslo I en 1993, Oslo II en 1995) non regularizan a cuestión das colonias xudeas nos territorios ocupados. Non obstante estipulan que ao espera dun reglamento permanente, as partes absteranse de levar a acabo medidas que afecten ao statuto final. Implicitamente polo tanto si se recollía que a colonización estaba prohibida. No dereito internacional, pola súa parte, é recollido na Convención de Xenebra a prohibición da colonización.
O goberno Rabin (92-95) quixo establecer unha distinción entre colonias estratéxicas e colonias políticas, e tamén limitando as incitacións financieiras, pero con todo dicta a construción de rutas de acceso.
O goberno Netanyahu (96-99) relanza con forza o proceso de colonización que non freou o seu sucesor Barak. Durante o proceso de paz, o número de colonias aumenta dun 53% ao 72%.
Podemos afirmar que as colonias forman unha rede. Distinguiremos entre as colonias dormitorio formada por traballadores de Tel Aviv e Xerusalén, é dicir os “colonos económicos” e os “colonos ideolóxico-relixiosos”.
De novo con Netanyahu Israel reinvindica o “crecemento natural” das colonias, pero por outra parte constátase que entre un 20 e un 25% das vivendas nas colonias están baleiras.

IV. O ESTADO PALESTINO

1. A creación dun estado palestino, resultado natural do proceso de Oslo, é lexítimo e sostido pola comunidade internacional.
A Cisxordania, incluíndo Xerusalén leste, e a banda de Gaza, son territorios ocupados ilícitamente como o constata o Consello de seguridade da ONU desde 1967. Israel así, non posúe ningún título soberano sobre ditos territorios. A adhesión do Golán sirio, Xerusalén leste, Cirxordania e a banda de Gaza foron declarados nulos pola comunidade internacional. É sobre estes territorios que os palestino aspirar a crear o seu estado.
A resolución 181 da Asamblea Xeral, previa un reparto da Palestina entre un estado xudeo e un árabe que non vai ter repercusións sobre o terreo pola negativa das dúas partes. Do lado palestino é destacábel a Declaración de Alxer do ano 1988 na que se proclama ”… o dereito do pobo árabe palestino a soberanía e a independencia”. Esa mesma resolución prevía asimismo que Xerusalén fose o corpus separatum dos dous estados.
Desde o punto de vista xurídico resaltamos o principio dos pobos de disponer deles mesmos e o dereito de autodeterminación (1.2 da Carta da ONU). En efecto, a existencia dun pobo palestino é incontestábel. Máis adiante, a resolución 2625 adoptada por unanimidade pola Asamblea Xeral en 1970 pon límites a este dereito de autodeterminación: debe exercerse no respecto a integridade territorial e na unidade política dos estados.
O Estado palestino foi así proclamdo na Declaración de Alger o 15 de novembro de 1988 e máis de 100 países o recoñeceron, incluído Rusia e China. Moitos países constan dunha embaixada palestina e recoñecen aos seus membros como diplomáticos.
Pola súa parte a UE, na Declaración de Venecia do 1980 afirmaba” o dereito sen restrición dos palestinos a autodeterminación, incluindo a posiblidade dun estado”, e reafirmada pola Declaración de Berlín do 1999.
Con todo este clima pseudo cordial foi aplacado pola Segunda Intifada. Antes dela unha longa maioría de israelíes consideraba inevitábel a creación dun estado palestino (63% en 1999).
Existe, por outra banda, un representante palestino na Liga Árabe desde 1945. O recoñecemento foi fortalecido despois da constitución da OLP en 1964 e a admisión en 1974 a UNESCO e á Asamblea Xeral da ONU, co estatuto de observador.
Os acordos de Oslo (1993) recoñeceron ás autoridades palestinas competencias exlusivas sobre certas partes de Cisxordania e a banda de Gaza (zona A) e unha competencia exclusiva en materia civil sobre territorios onde Israel ten competencia pola seguridade (zona B). Na zona C Israel ten unha competencia exclusiva completa.

2. A situación sobre o terreo dificulta a creación dun estado palestino.
Cabe dicir que os Acordos de Oslo deixaban en suspenso cuestión fundamentais como a de Xerusalén, os refuxidos e as colonias de poboación. A chegada da dereita ao poder en Israel en febreiro de 2001 dificultou os achegamentos entre as dúas partes.
Con todo, xa desde Oslo o número de edificacións construídas por Israel nos territorios ocupados aumentou un 53% e a súa poboación tamén se viu incrementada.
No ano 2000 israelíes e palestinos traballaban na cuestión de intercambiar territorios. Israel faríase con territorios extendidos na “liña verde” (instaurada despois do conflito árabe-israelí do 1948).
A situación dos refuxiados é chave principalmente polo “droit au retour” que pode poner en desequilibrio a poboación xudía.
Sobre o terreo, ademais, podemos constatar a asfixia económica e financeira dos territorios palestinos, a violencia desproporcionada por parte de Israel e pola parte palestina, a liberación de terroristas e actos tamén terroristas.
Nun estado tal das cousas achamos que ninguna das partes fai confianza na outra, radicalizándose posicións. Por exemplo o non recoñecemento de Arafat como interlocutor antes da súa morte en 2004.
Cos sucesivos líderes da autoridde palestina, hoxe en día Abbas, tampouco se conquire un entendemento válido para a fin do conflito.

V TRUMP E PALESTINA

O 11 de marzo de 2017 Trump chama ao seu homólogo Madmud Abbás para un posíbel encontro na Casa Branca e as autoridades palestinas consideran oportuno unha resposta multilateral, na que si estea presente USA pero que leve a máis países a tomar parte no conflicto máis duradeiro en Oriente Medio. Dende 2012 as negociacións están en impasse pero o goberno de Netanyahu segue a autorizar a construción de colonias máis alá da Liña Verde creada en 1967.
Neste contexto, Trump recibe o presidente israelí o 15 de febreiro de 2017 e algunas das conclusións que se extraen do encontro son as que seguen: Trump recoñece que calquera das dúas opcións, isto é, un ou dous estados, é válida polo que podemos deducir que non pon o acento na construción do estado palestino para que sexa recoñecido como tal. Netanyahu, pola súa parte, manifesta que proporá a creación dunha coalición de países para conseguir apoios que velen pola paz, máis só vemos papel mollado. Así polo momento a intención de Trump de cambiar a embaixada de Tel Aviv a Xerusalén mostra a posición na que se encontran. Así mesmo promete Trump a Netanyahu que se gaña as eleccións presidenciais recoñecerá a Xerusalén como capital do seu estado.
Outra das cuestións que se lanzaron foi crear unha alianza de países nos que estea Israel dirixidos a frear o potencial nuclear de Irán.
As palabras que versan sobre a conciliación ven en contrapartida accións que as desmenten. Non pode haber paz se non hai acordo das dúas partes. Quizais ese futuro encontro cree entendemento e menos ira.

FOTO: Bio Bio Chile.

Sobre o autor / a autora

Sem comentários

Ainda não há comentários

Ninguém deixou um comentário para este post ainda!

ESCREVA UM COMENTÁRIO SOBRE ESTE POST

Escrever um comentário 

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios são marcados *