Conversas ficticias con Walter Benjamin (sobre fotografía). Parte 1ª

Conversas ficticias con Walter Benjamin (sobre fotografía). Parte 1ª

0 comentários 🕔10:00, 25.Set 2017

-O xornal Berliner Illustrate Zeitung que ten de transcendente?
A súa condición de documento na que estriba a súa forza e lexitimación, fai ver as cousas rodeadas da aura de actualidade.

-Que supón no campo literario/artístico a crítica?
Criticar é unha arte social. O lector desfruta coa fermosa mala costume de unirse a outro sen ser invitado.

-O pioneiro en fotografía Moholy-Nagy ten falado deste ámbito artístico. Que destacas das súas reflexións?
Moholy-Nagy tiña razón cando dicía o seguinte: “Os límites da fotografía non se poden predicir. Neste campo todo é tan novo que ata a pesquisa xa conduce a resultados creativos.

-O libro de Karl Blossfeldt “Unformender Kunst. Photographische Pflanzenbilder”, con fotos de plantas… Que lle suxire?
As formas primordiais da arte son as formas primordiais da natureza.

-Adrienne Monnier rexentaba a libraría “Aux amis des libres” no 7 da rúa Odeón. Ela falouche de Rilke, que resaltarías?
Ela díxome que el “parece ter deixado en todos os que o coñeceron o sentimento de estar intimamente unidos a todo o que fan”.

-Tamén che falou de Breton, como o describiu?
Definiuno como “ quelqu’un d’inviable” pero considera extraordinario o 1º Manifesto surrealista e incluso o 2º polo xiro ocultista e lembrouse da súa aparición na libraría con Apollinaire.

-Ti coméntaslle a Monnier que pensas que as esculturas e/ou as obras arquitectónicas desfrútanse máis nunha fotografía. Ela está de acordo?
Ela consideraba que os métodos de reprodución mecánica constitúen unha técnica redutora pero que con todo axudan ao desfrute.

-Que supón a aparición da revista “Le surréalisme au service de la révolution”?
Unha liña de fuga que se corta no comunismo, co que incrementa o talante polémico do grupo que a sustenta. Polo contrario a revista Bifur representa para o público novas tendencias de natureza menos agresiva. Esta grazas aos colaboradores estranxeiros ten un toque cosmopolita e urbano oposto ao parisiense e moscovita dos surrealistas ortodoxos.

-Nos comezos da arte fotográfica a revista Der Leipziger Anzeiger sostén que o home foi creado a imaxe e semellanza de deus e que ninguna máquina humana pode fixar a imaxe divina. Que concepto de arte emana disto?
Unha arte ao que toda consideración técnica lle é allea e que se sinte ameazada de morte pola aparición provocadora da nova técnica.

Sobre o autor / a autora

Sem comentários

Ainda não há comentários

Ninguém deixou um comentário para este post ainda!

ESCREVA UM COMENTÁRIO SOBRE ESTE POST

Escrever um comentário 

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios são marcados *