Raul Gustavo García Roig: “NASCA el sueño creador”

Raul Gustavo García Roig: “NASCA el sueño creador”

0 comentários 🕔09:00, 22.Out 2017

Ate o vindeiro día 31 de outubro (2017) estará colgada, na Casa Museo Casares Quiroga da Coruña, esta exposición fotográfica que rende homenaxe María Reiche, xeógrafa e matemática alemá que adicou toda a súa vida a descubrir, valorizar, Marí­a Reiche por Gustavo García Roigconservar e desentrañar os segredos dos ciclópeos deseños, misteriosos tamén, das liñas de Nasca-Perú. Roig coñeceuna sobre o terreo en 1976.

Gustavo García Roig carga sobre o seu lombo unha gran saca de experiencia que foi medrando dende a súa Arxentina natal ate a cidade da Coruña, onde reside dende hai case 20 anos; polo medio ficou unha intensa actividade profesional en Perú, dentro do sector da publicidade. Unha vida sentida con intensidade e partillada en cada un dos seu proxectos fotográficos (Puruchuco, Le Monde Habité, Esperando a los dioses en Chankillo, Líthica…), case sempre en diálogo con distintos poetas (Francisco Fernández Naval, François Davo…)

colibri copia_GustavoGarciaRoigAmosa aquí imaxes analóxicas tomadas dende avioneta hai 40 anos co seu amigo Edy Herrán – piloto e fotógrafo defensor das liñas de Nasca contra agresións especulativas de todo tipo, investigador e descubridor dalgúns dos seus xeoglifos, falecido hai dous anos. -Antigas fotografías que confronta con imaxes dixitais de vos realizados o mes pasado por el mesmo, comparación que de por si xa é aliciente dabondo para achegarse á exposición.
1976_02_06_PHOTO_00002951_3_GustavoGarciaRoig

Como sempre que unha obra de arte é sentida, honesta, chama a nosa atención sobre o autor e o seu proceso creativo. Gustavo persigue as súas luces e sombras nas rochas, buscando a comuñón coa Terra, a Pachamama da que se sinte parte. E desta vez é el mesmo que pon versos ás súas imaxes, no que pode ser un dos seus traballos máis intimistas.

Son autorretratos telúricos onde se re-visita.

Espiral mas Lineas_GustavoGarciaRoigNese coincidir de encadres, co paso dos anos e a evolución tecnolóxica, é tentador aventurar a teoría do autorretrato diacrónico, no que o autor tentaría percorrer as súas cicatrices – liñas na pel/liñas da terra- mesturando espírito xuvenil e revisión da experiencia acumulada procurando, ao cabo, a súa propia identidade: 1976_03_27_PHOTO_00003443_GustavoGarciaRoigun deseño no que recoñecerse e proxectar ao firmamento.

Un novo traballo que suma á súa mochila nómade, un esforzo máis tentando traducir ou só marabillarse diante do enigma da humanidade e a súa relación co Universo.

{Cf. Praza Pública}

Sobre o autor / a autora

Xacobe Meléndrez Fassbender

Xacobe Meléndrez Fassbender

(Galiza, 1963) Fotógrafo, criador polifacetado no contexto das artes visuais, curador de exposições e comprometido agitador sócio-eco-cultural. Leva mais de 25 anos publicando esporadicamente artigos, entrevistas, críticas, etc, em diversos meios galegos.

Sem comentários

Ainda não há comentários

Ninguém deixou um comentário para este post ainda!

ESCREVA UM COMENTÁRIO SOBRE ESTE POST

Escrever um comentário 

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios são marcados *