Mensagens de Antón Patiño

🔍Leia o artigo completo Entrevista a Antón Patiño

Entrevista a Antón Patiño

1 comentário 🕔13:00, 19.Jun 2015

- Palavra Comum: Que é para ti a arte? - Antón Patiño: Un xeito de achegarmos ao descoñecido. Cando sentes a vibración do novo, a respiración do que aínda non existe. Cando agroman impulsos vitais e creativos nunhas configuracións simbólicas inéditas. Unhas obsesións que van tomando corpo e nun momento determinado saen cara fóra… A arte para min representa unha ponte co outro lado da existencia, co ámbito nocturno e os eidos do inconsciente. Trátase dun xogo a vida e morte

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo Plenitude do baleiro en Giacometti, por Antón Patiño

Plenitude do baleiro en Giacometti, por Antón Patiño

0 comentários 🕔11:30, 21.Mai 2014

"O adeus de Giacometti" vén ser unha consigna privada que coido condensa a plenitude dende o lonxe. O traballo de madureza do escultor (o máis coñecido e característico estilo de seu) despois da súa entrega surrealista de primeira época xurde da intuición cara ao lonxe. Dende os escuros simbolismos totémicos (arcaicos volumes alegóricos) na linguaxe cifrada dos primeiros anos, pasando polo hermético traxecto horizontal das pezas de chan no momento surrealista, deica a conclusión espida

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo Furna de Fingal.  Viaxe a Escocia

Furna de Fingal. Viaxe a Escocia

0 comentários 🕔11:45, 16.Abr 2014

Unha natureza vibrante, dunha dimensión interminábel, onde o longo horizonte vai reflectir unha beleza profunda. Mar, lagoas, terra, ceo… entremesturados na dose precisa (nunha axeitada alquimia dos sentidos). Non hai un só recanto da paisaxe que non garde unha senlleira intensidade de seu. A mirada fica ateigada nas hipnóticas vibracións silandeiras inzadas dun sosego intemporal, nunha atmosfera chea de misterio. Mergullados nun mundo de sensacións pracenteiras. A mirada é sempre orixinaria en Escocia. Fala nun

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo Mirada do xordo en Bob Wilson

Mirada do xordo en Bob Wilson

0 comentários 🕔12:00, 19.Mar 2014

A linguaxe configura tamén a nosa noción da realidade. As verbas conflúen na representación do real engadindo un valor simbólico. A nosa visión do mundo fica peneirada nun certo xeito a través da linguaxe, coa denominación e apropiación simbólica do real. O pensamento estritamente visual (arredado totalmente da palabra) pode existir en opcións psicolóxicas das marxes. Coma cando Bob Wilson fixera a “Mirada do xordo” subliñando a intensidade enigmática da visualidade espida. A forza da

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo Casa Malaparte

Casa Malaparte

0 comentários 🕔13:30, 19.Fev 2014

A casa que construiu Curzio Malaparte é talvez a mellor autobiografía que puido deixar: a xeito de autorretrato arquitectónico. A elocuencia expresiva mesmo salvaxe desta casa é se cadra o seu relato máis convincente. “Ista casa son eu mesmo”: seica veu dicir o contraditorio escritor italiano. Unha personalidade volcánica que acadou no transterramento e no exilio a súa propia identidade. Unha condición humana situada nas beiras do social (desdobrada entre a sedución da polis e

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo Mestre gravador Alberto Durero

Mestre gravador Alberto Durero

0 comentários 🕔17:00, 05.Fev 2014

O raro fascinio dos gravados e debuxos de Durero vai in crescendo. Unha mirada-fiestra-imán que absorbe todas as presenzas nunha xanela compartida da percepción interior. Como se tivese inventado en tempos o dispositivo primitivo do chamado “ollo de peixe” (o grande angular do obxectivo fotográfico) ao través dalgunha lente de aumento. Unha mirada a súa que sempre está perto da ebriedade do infinito (co Norte magnético da ollada). Atopar algúns fermosos libros cos seus senlleiros

LEIA MAIS