Mensagens de Carlos L. Bernárdez

🔍Leia o artigo completo A pintura de Alfonso Sucasas: o costumismo transcendido

A pintura de Alfonso Sucasas: o costumismo transcendido

0 comentários 🕔10:30, 17.Out 2016

A vizosa obra de Alfonso Sucasas (Lalín, 1940 – Vila de Cruces, 2012) estivo marcada polas súas fondas fidelidades pictóricas configurándose como froito dunha elaboración moi meditada. Os anos setenta semellan a chave da súa evolución que poderiamos balizar entre referentes do movemento renovador da arte galega d’Os Novos, en especial Laxeiro, e os ecos da pintura de Francis Bacon que se manifestan en boa parte da figuración dos anos setenta no contexto galego e

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo Centenario do pintor Antonio Lago Rivera

Centenario do pintor Antonio Lago Rivera

0 comentários 🕔09:00, 06.Jun 2016

Cúmprense este 2015 os cen anos do nacemento de Antonio Lago Rivera (A Coruña, 1916-París, 1990). O noso pintor pertenceu a unha xeración de artistas galegos formada na posguerra que foi protagonista unha nova diáspora -a anterior fora a do exilio republicano provocado pola vítoria franquista-, esta vez dirixida cara ao centro do sistema cultural dominante, Madrid, nun período en que o espazo cultural galego no propio país ficaba reducido á mínima expresión e non

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo <em>Un pintor que sabía o que facía. Achegas á obra pictórica de Luís Seoane</em>, com entrevista ao seu autor

Un pintor que sabía o que facía. Achegas á obra pictórica de Luís Seoane, com entrevista ao seu autor

0 comentários 🕔12:00, 25.Fev 2016

NOTA DE PALAVRA COMUM: O nosso colaborador permanente, Carlos L. Bernárdez, publica em Laiovento "Un pintor que sabía o que facía. Achegas á obra pictórica de Luís Seoane". Com este motivo, publicamos um texto sobre o livro e esta entrevista co autor. "Recóllense neste volume catro ensaios dedicados a distintos aspectos da obra plástica de Luís Seoane (Bos Aires, 1910 - A Coruña, 1979). Ao longo dos diferentes estudos saliéntase como o estilo creado e desenvolvido

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo Linguaxes de vangarda: Seoane e Granell

Linguaxes de vangarda: Seoane e Granell

0 comentários 🕔16:16, 07.Jul 2015

Seoane e Granell entre Galicia e América. Unha mostra na Galería Montenegro (Vigo) Os pintores galegos Luís Seoane e Eugenio F. Granell tendo unha identidade plástica moi marcada, comparten comúns experiencias xeracionais e posicionamentos éticos e estéticos fondos. Ambos, logo dunha etapa xuvenil en Galicia, acaban exiliados por mor da Guerra Civil, comezando a conformar os seus estilos pictóricos a partir dos anos corenta, Seoane na Arxentina e Granell en diversos países do Caribe. Seoane desenvolve unha

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo Ambigüidade e melancolía: <em>Farándula</em>, unha obra prima de Arturo Souto

Ambigüidade e melancolía: Farándula, unha obra prima de Arturo Souto

0 comentários 🕔12:50, 17.Jun 2015

O pintor galego Arturo Souto Feijoo (Pontevedra, 1902-México Distrito Federal, 1964) foi un artista dunha calidade excepcional, aínda falto dun recoñecemento á altura da importancia da súa obra, que xogou un papel relevante na renovación da arte galega anterior á Guerra Civil, mais que tamén debe ser considerada no contexto internacional da época que lle tocou vivir, co que mantén unha manifesta e interesantísima ligazón. Na súa evolución, a pintura do pontevedrés tocou temas ben diversos:

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo Carlos Sobrino e o ensoño dunha Galiza ideal

Carlos Sobrino e o ensoño dunha Galiza ideal

0 comentários 🕔10:00, 26.Mai 2015

Está eiquí Carlos Sobrino. Estivo nos Museos e veu algunha esposición. Pensa coma min no tocante ó estado de París. (1) Carlos Sobrino (Pontevedra, 1885- Vigo, 1978), como Castelao, pertence á xeración nada na década dos oitenta do século XIX, que na arte galega é a de artistas como Xesús Corredoyra ou Felipe Bello e na literatura corresponde á Xeración Nós (Risco, Otero Pedrayo, Cuevillas...). Son pintores que están formados nun ambiente estético no que, con

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo Carlos Maside, Luís Seoane e a definición da arte galega

Carlos Maside, Luís Seoane e a definición da arte galega

0 comentários 🕔14:30, 04.Mar 2015

Desde os anos da Guerra Civil até os cincuenta, o panorama artístico galego empobrécese fortemente, por razóns materiais, nun momento de miseria e autarquía, mais tamén por un ambiente social e cultural que anula calquera estímulo, cunha burguesía nada interesada na innovación e apegada a modelos de ostentoso e vulgar pseudoclasicismo ou rexionalismo. A pintura galega da primeira posguerra está moi mediatizada polo pobre ambiente creado polas consecuencias da contenda, pero tamén polas limitacións que

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo Antonio Fernández, pintor de tres mundos: Brasil, Italia e Galiza

Antonio Fernández, pintor de tres mundos: Brasil, Italia e Galiza

0 comentários 🕔15:30, 07.Jan 2015

   Antonio Fernández Gómez (Goián, 1882-1970) é, desde a perspectiva da historia da arte galega, un pintor excéntrico. Nacido en Goián (Tomiño) e formado no Brasil, onde emigra en 1894 con apenas doce anos, o artista vai realizar a súa formación entre o país americano e Italia, onde chega en 1901, pasando por Nápoles e Roma e instalándose no verán de 1902 na vila de Anticoli Corrado, nos montes Abruzzi1. En Galiza a súa presenza será

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo Centenario de Mario F. Granell. Surrealismo e compromiso ético

Centenario de Mario F. Granell. Surrealismo e compromiso ético

0 comentários 🕔13:00, 03.Dez 2014

Cúmprese este ano o centenario do nacemento do pintor Mario F. Granell (A Coruña, 1914-Vigo, 1991), un artista merecente dun recoñecemento a unha traxectoria vital, ética e estética, comprometida cos valores progresistas. A evolución artística de Granell desenvolveuse fondamente condicionada polas intensas e dramáticas experiencias persoais. Iniciada na súa mocidade na Compostela republicana, a súa formación estivo marcada pola aprendizaxe co pintor Camilo Díaz Baliño. Como é ben coñecido, o seu mestre foi asasinado en agosto

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo “Galicia ten un pintor”: A obra pictórica de Manuel Colmeiro no contexto da arte galega (e II)

“Galicia ten un pintor”: A obra pictórica de Manuel Colmeiro no contexto da arte galega (e II)

0 comentários 🕔12:00, 05.Nov 2014

Conferencia do autor, non publicada previamente, sobre Manuel Colmeiro, impartida no Museo de Pontevedra o 12 de decembro de 2008. Plasticamente acentúa as fórmulas expresionistas, con influencia popular, nunha actitude que poderiamos definir como primitivista. Colmeiro utiliza a iconografía da súa terra -fundamentalmente rural, velaí obras como Campesiñas (1928, colección Familia Colmeiro) ou Labranza (1931, colección Familia Colmeiro)- e as súas tipoloxías sen unha obsesión de modernidade, modernidade coa que no seu caso se vai a

LEIA MAIS