Mensagens de Chelo Suárez

🔍Leia o artigo completo Visións

Visións

0 comentários 🕔11:00, 11.Set 2017

Tocar unha estrela coas mans, unha estrela de mar, faime sentir e pensar que toco entre as ondas o ceo, que o tacto esvaradío do peixe é frío e suave como o pálido hálito da lúa. * O río, verde e revoltoso ancián, garda intacto no seu ventre de limo o segredo do peixe... E no terso espello da superficie, o rostro feito anacos do que nel se mira. * O sol álzase, pálido marmelo, envolto en dourada resurrección. Renovado froito que alimenta enxames de rubias abellas. Derramado mel, venérote. Dende o ángulo en

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo O gato de Hilario

O gato de Hilario

0 comentários 🕔09:30, 03.Jul 2017

Hilario volveu de América máis pobre que marchara. Para disimular a súa frustración, presumía diante dos colegas de ter vivido en Brooklyn un sen fin de aventuras; ata de pertencer a unha famosa banda de gángsters alá polos dourados anos vinte. No asalto a una importante xoiería, os dividendos do roubado reportáranlle a Hilario un diamante purísimo do tamaño dun ovo de paspallás. Mais por mor dunha delación, a banda caera en mans da policía, agás

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo Emulando a Juan Eduardo Cirlot

Emulando a Juan Eduardo Cirlot

0 comentários 🕔11:15, 28.Mai 2017

Recreando ao meu admirado poeta Juan Eduardo Cirlot. Meu pranto Meu pranto é a cruz que me condena, meu pranto vai pola xustiza escrava, meu pranto é cadea que me ata, a todos os oprobios cometidos. Meu pranto é unha selva de promesas, perdida en labirinto de xacintos, meu pranto é un martelo que golpea a todos aqueles que dominan. Meu pranto é un río desbordado, que sempre vai en contra da maldade, meu pranto é unha ferida aberta, meu pranto é conciencia proclamada. Meu pranto é por fin,

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo De oficio sepultureiro

De oficio sepultureiro

0 comentários 🕔09:30, 30.Mar 2017

Sebas era sepultureiro, como o foran o seu pai, o avó, seu bisavó e máis o tataravó. Era o seu o que se di un oficio herdado, do que se queixaba a cotío, pois tíñalle xenreira a os mortos. -Por que non te dedicas a outra cousa?- dicíalle a muller, farta de oílo rosmar contra aqueles que xa non podían defenderse. -Non ten volta, é o que hai. –contestáballe Sebas, moi filosófico-. Despois de cavarlles o buraco ano

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo Poemas do libro inédito <em>Entre as sombras e a luz</em>

Poemas do libro inédito Entre as sombras e a luz

0 comentários 🕔10:00, 27.Fev 2017

Poemas do libro inédito Entre as sombras e a luz, como sentida homenaxe a Rosalía de Castro. *** Agárdame. Un día irei a ti. Cando agromen as violetas sementadas no teu peito, e de novo escoitemos o teu canto. * Que misterio me une a ti, que misterio. No silencio, na palabra; sombra. E na luz. Que misterio... * A primeira e última andoriña daquel verán deixaron sinal en ti. Aínda es seu niño. * Veño pensar en ti, nos límites dun novo paraíso rescatado á malicia da serpe. Veño buscarte no labirinto deste edén onde é

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo Cuarteto celestial (conto de inverno)

Cuarteto celestial (conto de inverno)

0 comentários 🕔10:00, 30.Jan 2017

Por decembro chegaron os músicos cos seus instrumentos de corda e vento. Eran moi novos. Tocaban entusiasmados, sen apenas descansar. E, aínda que no parecer de algúns, algo desafinaban, a maioría non se apercibiu ou non lle deron importancia. O mellor era a alegría que trouxeron consigo. As veciñas e veciños ao escoitalos sentiron que dos seus dous violíns, violonchelo e frauta doce de madeira antiga, entre chiscos de complicidade, tras de cada nota, xurdían bolboretas

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo Entre as sombras e a luz (conversa con Rosalía)

Entre as sombras e a luz (conversa con Rosalía)

0 comentários 🕔09:35, 02.Jan 2017

Escoito os teus silencios... Deles veñen a min, como un nacente, palabras e versos que en ti dormen. aaa * Entre as sombras e a luz deste quero e non quero amencer, conversamos. Envoltas nun remuíño de primavera e follas. Xílgaros polo azul sobrevoándonos. * Hoxe acode a min a túa voz. Que, remontando tempos e silencios, vén elevarme, con ás sonoras de piano e luz. * Mirando dende a fiestra a Vía Láctea sei que a noite é un silencio pleno. Un sorriso de leite derramado nun mar de abellas de ouro. De redor, como

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo Un conto de outono

Un conto de outono

0 comentários 🕔09:15, 12.Dez 2016

Os protagonistas deste conto son: un parque, a choiva, o vento; media ducia de follas caídas dun vello olmo e unha rapaza acatarrada que tose moito. A rapaza leva no colo un fular gris. Parece calcetado con néboa. Nos pés, unhas raídas botas vermellas, e as mans enterradas nos petos dun gastado chaquetón a cadros. Nun intento de entrar en calor, a moza tenta seguir o baile das follas caídas do olmo. E xira, xira, de

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo Dende o silencio

Dende o silencio

0 comentários 🕔10:00, 03.Nov 2016

Teu corpo de viola atráeme. Teño sede de ti. De te tocar... De arrincar dos teus adentros un suspiro inédito ata o de agora xamais escoitado por ninguén... De te ver núa, e despoxada de remorsos. Pel contra pel. *** Xaceremos ambos pel contra pel. Que entre os nosos corpos nin un suspiro escape. Nin sequera o aire. Baixo a luz tenue e cómplice da lúa proclamareite raíña da miña escuridade. *** Sós ti e máis eu. Si. Un leito nos agarda. De perfumadas rosas e azafráns. Aberta e núa, ofreceraste

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo As zapatillas da señora <em>Piggy</em>

As zapatillas da señora Piggy

0 comentários 🕔10:38, 26.Set 2016

Preguiceira como era, e coa que estaba caendo, tiña moi poucas ganas de saír da casa. E menos o ir de tendas, se non fose polo que lle urxía comprar unhas zapatillas e un televisor. Necesitábaas, as zapatillas. E sen a tele non podía vivir. Coa que estaba caendo, non se movería da cama en todo o día. Esa cama tan confortable, onde había pouco comera a última onza de chocolate (que precisaba repoñer), e

LEIA MAIS