Mensagens de Chelo Suárez

🔍Leia o artigo completo O que queda da choiva

O que queda da choiva

0 comentários 🕔09:00, 08.Set 2016

Baixo o trebón, protexidos pola alaranxada redondez do meu paraugas, illa de tea, bicábasme. No exterior a choiva foi a máis. Envolta no seu ledo repenicar, nas túas caricias sentín, bendita illa laranxa, que baixo o paraugas existíamos só os dous. De súpeto, cesou a treboada. Todo brillou. O sol tan necesario e inoportuno ás veces... * De madrugada, cando o vento dorme e cesa a choiva escoito no aire unha antiga canción que chora, presa dun transitor. A letra di: "Quixera ter ás para ir buscarte, pois máis aló de nós, espéranos ese

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo Cuestión de couzas

Cuestión de couzas

0 comentários 🕔11:30, 22.Ago 2016

Perdera a conta dos anos que botou pechada na casa sen querer ver a ninguén, onde se recluíu por propia vontade, unha tarde de primavera. Para ser exactos, un 16 de maio, de 1970, ás sete en punto da tarde, e brillando o sol. Afundíraselle o mundo ao redor... Entón deixou de crer no amor. Incluso colleulle xenreira ao ramo inocentes de perfumada lilas, que el lle enviaba cada mañá... O noivo, que era moi esperado

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo Entre as sombras e a luz

Entre as sombras e a luz

0 comentários 🕔12:30, 08.Ago 2016

Poemas dedicados a Rosalía de Castro. Entre as sombras e a luz escoito o seu silencio... Del veñen a min, como un nacente, versos e palabras. Entre as sombras e a luz deste quero e non quero amencer, ela máis eu conversamos... Envoltas nun remuíño de primavera e follas. Xílgaros polo azul sobrevoándonos. * De redor de ti, na máis profunda escuridade persiste toda a luz resplandecente da nosa máis xenuína flor. A flor do toxo, acendendo silencios, sempre estivo en nós. Sol preso das espiñas, luminaria das almas, compañeira

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo Despois do xuízo final

Despois do xuízo final

0 comentários 🕔12:30, 11.Jul 2016

No planeta amañecía. Era a derradeira mañá. Con moito balbordo, a apocalipse estábase a fraguar. Os anxos, coas súas túnicas da cor do lapislázuli, afinaban as trompetas por entre as nubes, dispostos, en cando Deus lles mandase, a anunciar o Xuízo Universal. Sol, lúa e estrelas, mesturáronse en caótica desorde, e nun intre, montouse no espazo a gran coreografía do Xuízo Final. Xuíz e xurado, estaban representados por unicamente Deus, que, acostumado a mandar, dispuxo sen

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo 6 poemas de <em>Corpo de mar</em>

6 poemas de Corpo de mar

0 comentários 🕔09:00, 16.Jun 2016

Namorada do mar, sentindo as suaves ou furiosas arremetidas das ondas, naceron a maior parte destes poemas. Mentres nadaba, meus eran ceo e mar. O universo enteiro. Sentíao correr polas miñas veas. Á vez lume e xeo. Estes poemas foron publicados no libro Corpo de mar, editado por Espiral Maior, que tivo un percorrido discreto desde a súa saída en 2008, e que agora ofrezo con pequenas modificacións a respecto dos orixinais. * ORIXINARIA Quizais alma nese instante esencial entre o

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo O soto

O soto

0 comentários 🕔10:30, 05.Mai 2016

A cuantiosa fortuna do meu pai pasaría íntegra ás miñas mans e, aínda que nunca pensara nela, estaba disposto a aceptala. Mais había un pero... Se quería herdalo, había unha condición. Tiña que ir vivir de inmediato á casona onde pasei a infancia. Esa mansión lúgubre, que nunca me gustou... Onde a única que demostraba certo cariño por min era miña nai. Os ollos do meu pai eran dúas liñas xeadas. Dábanme calafríos miralo... Nin

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo <em>Poemas que hoxe veñen a min como paxaros</em>

Poemas que hoxe veñen a min como paxaros

0 comentários 🕔10:00, 04.Abr 2016

Xamais esquecerei aqueles veráns no campo en familia. Nin as horas de luz, nin o recendo. Nin aquela alegría entre flores. Nin as noites de ver polos camiños, a maxia dos coleópteros. Vagalumes. Lámpadas marabillosas... Despregados diante de todos nós como unha ofrenda. * Estou a crer... Bendice Ti os meus pensamentos. As miñas ideas encamiñadas a procurar camiños xa arados. Onde todo pertenza a todos por igual: o froito, a flor. E a semente nova. * Hoxe escoito o silencio. O meu silencio. Con pasos silandeiros achégase a min. Para, apenas audible, dicir: As túas palabras soan como

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo Un conto dentro doutro conto

Un conto dentro doutro conto

0 comentários 🕔11:50, 08.Fev 2016

Cando observas a alguén que escribe algo, non se che ocorre pensar que ese alguén que escribe está a escribir un conto ou un poema. Viaxaba no autobús. Unha rapaza situada uns metros fronte a min, tomaba notas nun pequeno caderno. De cando en vez alzaba a cabeza, quedaba un cacho pensativa e volvía a escribir apresurada, coma se temese que se lle escapasen as ideas. Curioso, estirei o pescozo... A letra resulta intelixible, dada a

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo <em>Do que traen os días</em>

Do que traen os días

0 comentários 🕔12:15, 11.Jan 2016

Neste gris amencer dende as fiestras miro o mar. Inmóbil na súa inmensidade, contemplándose así mesmo. Espello de brunida calma ás veces, outras de furia alzada e sempre de soidade. Roto, o mar cósoo coas miñas bágoas. E deito a mirada nel. Na branca calma, na luz das ondas. Remexéndoas con poemas. Verso a verso. ** A preguiza pónlle veos de brétema á mañá. E os merlos que enfíaban melodías cun son abalorioso de claros cristais, enmudeceron. Ata o vento é silencio. Borrada a primavera, as árbores, entrando no verán, asumen, cegos de verdor, a seria tristeza do ciprés. En Galicia 130.000 persoas comen da

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo Entre luces e sombras

Entre luces e sombras

0 comentários 🕔12:00, 03.Dez 2015

Hoxe domingo, non ben abrín os ollos, máis aló do horizonte das persianas, o sol estábame a facer tímidas chiscadelas. Encántame madrugar e saír á rúa cando aínda ninguén a pisou. Bebín por todos os poros da pel a alma da mañá, xa que hai tempo cheguei á conclusión de que non ben amence, a mañá adquire ánima, unha alma nítida, transparente, e respira... A esa hora en que a claridade esconxura as sombras, hai

LEIA MAIS