Mensagens de Xesús González Gómez

🔍Leia o artigo completo O grupo de teatro Chévere

O grupo de teatro Chévere

0 comentários 🕔12:15, 13.Dez 2017

{Ler teatro} Se se nos dese por dividir as tendencias do teatro da modernidade, o que empeza, para nós con Heinrich von Kleist e algúns outros nomes, diriamos que existen dúas grandes tendencias. Dúas grandes tendencias que partirían, sen sabelo, da división que fixo no seu día, na Lettre à d’Alembert sur son article Genève dans le VIIeme volume de l’Enciclopèdie et particulièrement sur le projet d’établir un Théâtre de Comèdie en cette Ville, o cidadán

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo “Els límits del silenci. La censura del teatre català durant el franquisme”, de Sharon G. Feldman e Francesc Foguet

“Els límits del silenci. La censura del teatre català durant el franquisme”, de Sharon G. Feldman e Francesc Foguet

0 comentários 🕔11:35, 29.Nov 2017

{Ler teatro} Hai uns meses publicouse un interesante libro: Els límits del silenci. La censura del teatre català durant el franquisme, de Sharon G. Feldman e Francesc Foguet (Barcelona, Edicions de l’Abadia de Montserrat, 2016). Segundo os autores, o presente estudo pretende unicamente aproximarse á delimitar cales foron as marxes do editábel e do representábel no caso do teatro catalán a partir, sobre todo, dos límites do «discurso permitido». O libro, ademais dunha introdución e un colofón,

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo “As cancións que lles cantaban aos cativos”, de Raúl Dans

“As cancións que lles cantaban aos cativos”, de Raúl Dans

0 comentários 🕔16:17, 15.Nov 2017

{Ler teatro} Afirmar que Raúl Dans é un dos autores teatrais galegos máis interesantes do momento só é confirmar unha verdade máis ou menos sabida, á parte de non dicir case nada, ou moi pouca cousa: un panexírico e xa está. E constatar que a súa obra As cancións que lles cantaban aos cativos (XXIV Premio SGAE de teatro Enrique Jarciel Poncela), publicada na colección Textos de Erregueté. Revista galega de teatro, outono 2016, e da

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo Ler teatro

New Ler teatro

0 comentários 🕔10:45, 09.Out 2017

Ler teatro ten, entre a maioría dos lectores, mesmo sexan estes compulsivos, mala fama. É verdade que o teatro se escribe para ser representado, mais tamén é verdade que non todas as obras teatrais que se escriben, se publican, se representan. E se temos en conta todas as obras teatrais do pasado, que espectador pode afirmar que tivo a sorte de ver representados todos os tráxicos gregos, todas as obras de Shakespeare, de Molière, de

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo Dupla homenaxe a Antonio Gramsci e Primo Levi

Dupla homenaxe a Antonio Gramsci e Primo Levi

0 comentários 🕔10:30, 17.Jul 2017

O 27 de abril de 1937, despois de once anos nos cárceres fascistas, morría o secretario xeral do Partido Comunista de Italia, Antonio Gramsci, polo que este ano conmemórase o 80 aniversario do seu pasamento. Cincuenta anos despois, case día a día, o 11 de abril de 1987, suicidábase (?) o escritor, resistente antifascista, de orixe xudía e supervivente da Soah (estivo internado en Auschwitz durante uns 11 meses; dos 650 italianos que enviaron con

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo A guerra de España: escritores e escritura nos Estados Unidos, por Robert Sayre

A guerra de España: escritores e escritura nos Estados Unidos, por Robert Sayre

0 comentários 🕔11:00, 12.Jul 2017

Robert Sayre Revue française d’Études Americains, vol. 55, nº 1, 1993, pp. 43-55 Se está claro que os anos trinta dos escritores «comprometidos» implican dúas fases distintas, tamén o está que a guerra civil que desgarrou España entre 1936 e 1939 constitúe un dos acontecementos decisivos, senón o acontecemento-clave, na segunda fase. A primeira fase ve desenvolverse unha escrita politizada, cuxo núcleo duro será e literatura denominada «proletaria» ou «revolucionaria», baixo a influencia dun partido comunista no

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo Melancolía de esquerdas

Melancolía de esquerdas

0 comentários 🕔08:30, 25.Mai 2017

Algunha vez, nalgún lugar, Álvaro Cunqueiro escribiu que vivir nunha memoria melancólica é unha forma de vivir como outra calquera. Talvez vivir nunha memoria melancólica é unha das mellores maneiras de fuxir do erro que constitúe a nostalxia, talvez… A melancolía, malia os grandes estudos dedicados a ela: Richard Burton, Anatomía da melancolía, 3 tomos na edición española da Sociedade Española de Neuropsiquiatria, de Panofsky (Saturno e a melancolía), de Roger Bartra, etc., malia ese pequeno

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo Outra correspondencia exemplar: Theodor W. Adorno/Gershom Scholem

Outra correspondencia exemplar: Theodor W. Adorno/Gershom Scholem

0 comentários 🕔09:00, 08.Mai 2017

Hai cousa dun ano apareceu na arxentina Eterna Cadencia Editora a correspondencia entre Theodor W. Adorno e máis Gershom Scholem (Adorno & Scholem, Correspondencia 1939-1969, Buenos Aires, Eterna Cadencia Editora, 2016, edición de Asaf Angerman, tradución de Martina Fernández Polcuch e María Graciela Tellechea). Adorno e Scholem foron os dous grandes correspondentes do filósofo alemán Walter Benjamin, ademais de seren amigos –o outro gran correspondente foi Gretel Karpus, a muller de Adorno. Coñecíase a correspondencia

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo Formamos un equipo triste. Notas sobre Günther Anders e Theodor W. Adorno (II), por Christopher David

Formamos un equipo triste. Notas sobre Günther Anders e Theodor W. Adorno (II), por Christopher David

0 comentários 🕔09:15, 03.Abr 2017

PRIMEIRA PARTE Pódese ser á vez surrealista e conselleiro de Estado? Günthers Anders ▬ Theodor W. Adorno * 27 de agosto de 1963 Caro Adorno, Finalmente acho tempo para responder á carta que me escribiu hai agora dous meses1. Lamento este horríbel retraso, mais non tiña gañas de ditar o que lle estaba destinado ao mesmo tempo que outros cen e é soamente hoxe que teño tempo libre para lle escribir unha verdadeira carta. Si, talvez é bo que algunhas cousas

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo Formamos un equipo triste. Notas sobre Günther Anders e Theodor W. Adorno (I), por Christopher David

Formamos un equipo triste. Notas sobre Günther Anders e Theodor W. Adorno (I), por Christopher David

0 comentários 🕔10:45, 27.Mar 2017

Para Gabriele Althaus A vida do moralista non é divertida hoxe. Günther Anders, A Obsolescencia do home. O triste saber do que ofrezo aquí algúns fragmentos a quen é o meu amigo … Theodor W. Adorno, dedicatoria de Minima Moralia. As relacións entre Anders e Adorno situáronse, desde o inicio, baixo o signo do malentendido. Ao principio dos anos 1930, Anders, que xa publicou a súa «Contribución a unha fenomenoloxía da escoita» e un texto titulado «Spuck und Radio» ,

LEIA MAIS