Cando se pasa por tempos escuros é difícil voltar a ser unha mesma. A fama de cat power puido nun determinado momento con ela pero tamén o paso dos anos, quizáis este foi o factor principal do seu desconsolo: non volver ser xoven nunca máis (cando tiña que proclamar a consigna punk be youth) nunca xamais ter a frescura do comezo porque como ela mesma di nunha entrevista “non quero repetir o mesmo”.
E ser música supón facer xiras e xiras, por EEUU e o resto do mundo, e si, repetir nos concertos o mesmo disco de promoción e/ou as mesmas cancións máis míticas. A fama dicía e o paso dos anos. Ela estaba irrecoñecíbel, decrépita, asustada, memo tola. Pero con todo saiu desa situación de deterioro e continuou a cantar como se fora a primeira vez. Ese entusiasmo perdido fíxoa caer, caer e caer ata o mesmo inferno vital. Ninguén podía axudarlle, ela sairía soa. Podemos ve-la de novo en acción en NPR music Tiny Desk Concert. Ela que confiou en si mesma, no seu estilo, está de novo a carón dela propia. Cando todo parecía perdido, volve a escoitar aplasusos que esta vez si a reconfortan. Lembro con especial ilusión Speak for threes, unha grabación caseira na que certamente fala coas árbores, interactúa con elas e os pequenos paxaros que os habitan e todo semella ir ben, sen pensar no futuro, só na música e nas cancións é dicir no que para ela é importante. Pero a luz deixa paso as tebras, e saír supón un esforzo, grande, enorme pero necesario para escapar de tanta escuridade. Cito tamén un dos meus discos favoritos de Chan Marshall, o Myra Lee que rezuma experimentación e vangarda do ’96.
Máis de 20 anos na escena acredita a idea de que a fama pesa, e mesmo pode facer enfermar. Saír da espiral, implica trazar unha liña recta que nos leve de novo á luz. A ese lugar no que nos sentíamos ben; e ese lugar para ela é a voz, a música, a composición, para poder seguir cantando as cancións antigas sen odio e cantar as novas con motivación e sen rencor cara si.
**
Cat Power, nome artístico de Charlyn Marie Marshall, também conhecida como Chan Marshall (Atlanta, 21 de janeiro de 1972) é uma cantora e compositora americana.
Links:
https://www.youtube.com/watch?v=UUl7oD2wS18
https://youtu.be/BX2bCSoMOOc
https://www.youtube.com/watch?v=RB0GDcOrOrM
https://www.youtube.com/watch?v=RB0GDcOrOrM
https://www.youtube.com/watch?v=jky9cPe8u_w
You might also like
More from Estela Pan Vázquez
Entrevista | Diego Giráldez: “Agora mesmo a soidade é un antídoto”
Diego Giráldez (O Porriño, 1976) leva toda a súa vida profesional vinculado ao xornalismo. Dirixiu distintos xornais e revistas, e …
Entrevista | Xoán Antón Pérez-Lema: Fascismos en Europa
Xoán Antón Pérez-Lema López (A Coruña, 1966). Avogado en exercicio dende 1990, con especial experiencia en Dereito Societario, Concursal, Mercantil …