Categoria "Alberte Momán Noval"

🔍Leia o artigo completo <em>Erótica</em>, de Alberte Momán

Erótica, de Alberte Momán

0 comentários 🕔11:00, 08.Dez 2016

Continuamos aqui a (re)publicação na rede de várias obras disponibilizadas no seu momento por Arcosonline, projeto de edição digital do poeta e editor português Victor Domingos, a quem agradecemos o seu interesse e facilidades para poder publicar novamente estes trabalhos. Hoje a obra (re)publicada é Erótica, de Alberte Momán Naval, da que adiantamos aqui os quatro primeiros poemas: * do sangue nas mãos levo-te dentro porque também eu sou ferida * abraça-me aaaaa como o úbere do mundo e verás deslizar do caucho o látex

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo <em>O desexo</em>, pintura e poesía (II)

O desexo, pintura e poesía (II)

0 comentários 🕔10:15, 25.Abr 2016

Estase a realizar unha exposición colectiva dos pintores Xulio Maside, Xoán Pardiñas e Fernando Riveiro (no Pazo da Cultura de Carballo, do 7 de abril ao 8 de maio), que posteriormente irá a Malpica. Desde Caldeirón publicouse un catálogo homónimo con textos poéticos de autor@s que teñen editada alí a súa obra. A continuación, deixamos a segunda parte deste diálogo entre artes: *** XULIO MASIDE * Podo ulirvos atrapados na vosa espiral de bocas as mans confundidas nos adentros podo escoitar como renxen as vosas

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo Fin

Fin

0 comentários 🕔12:30, 29.Set 2015

Calquera que conte cunha mínima bagaxe lectora, ha recoñecer que hai lecturas que marcan. Cando neno, entendo que como todos e todas da miña idade, eu era francamente impresionable. Pasaba noites sen durmir por cousas que lía ou vía e que, moi probablemente, non chegaba a entender por completo. Moi cedo comecei a interesarme por Shopenhauer, polo que o sufrimento e o final da vida obtiveron moita preponderancia naqueles anos, transformándose en parte imprescindible da

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo Cerco literario para ovellas lectoras

Featured Cerco literario para ovellas lectoras

0 comentários 🕔10:00, 29.Abr 2015

Como adoita acontecer, as redes sociais, alén doutras consideracións, teñen a función de prender lumes pero, como se dos montes galegos se tratase, as consecuencias destes, lonxe de propoñer un debate frutífero, conseguen tan só unhas consecuencias devastadoras. Ao fío dunha entrevista realizada por César Lorenzo Gil a Rexina Vega e a polémica que esta suscitou nas redes sociais, coido que debo, ou mellor dito, non debo, pero sinto unha obriga que supera a miña

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo <em>Pousada primavera</em>, poemas de Alberte Momán

Pousada primavera, poemas de Alberte Momán

0 comentários 🕔13:40, 18.Mar 2015

Para os habitantes daquela Primavera. INTRO Oxalá todas as condenas foran unha dominical tarde dun agosto lugués despois dun copioso xantar de churrasco mixto. RELEVO As fiestras da casa mostraban Beirut. No interior, os corpos ficaban adurmiñados en calquera curruncho. O último pouso de licor café inundaba a gorxa sen querer asentarse definitivamente no estómago. O televisor falaba das obras dunha autovía que non podería existir nunca para quen non dispuxera do vehículo axeitado. Alguén deulle unha pancada para facelo calar. Un fío de luz fíxose máis intenso no centro dunha pantalla

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo A propósito de <em>Tertúlia revisitada</em>: Alberte Momán

A propósito de Tertúlia revisitada: Alberte Momán

0 comentários 🕔13:00, 25.Fev 2015

- Palavra Comum: Leste Tertúlia, de Xavier Alcalá, após ser publicada em 1985? Que aspectos destacarias da mesma? - Alberte Momán: Debo recoñecer que non lin a novela daquela e aínda é hoxe que non chegou ás miñas mans. Pola contra, teño algún coñecemento da polémica suscitada ao redor dela. - Palavra Comum: Como valoras a situação, na altura, do sistema literário galego e como a contemplas agora? - Alberte Momán: Malia que aquel tempo me cadra un pouco

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo Fragmentos de <em>A seiva calcinada</em> / <em>La linfa calcinata</em>

Fragmentos de A seiva calcinada / La linfa calcinata

0 comentários 🕔12:30, 19.Nov 2014

A seiva calcinada/La linfa calcinata, é o, por agora, último poemário de Alberte Momán, publicado por Lastura, numa edição que conta com as versões em galego, italiano e castelhano. Desde Palavra Comum agradecemos ao autor o envio de vários poemas desta obra, junto às respostas a esta entrevista que os acompanha: - Palavra Comum: Que é para ti a poesia/literatura? - Alberte Momán: A literatura é comunicación, polo tanto, unha necesidade. Na poesía en particular e na literatura

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo Paralaxe ou miopía?

Paralaxe ou miopía?

0 comentários 🕔11:00, 22.Out 2014

Contar sen contar é un recurso frecuentemente utilizado cando se pretende facer rir ou cando as intencións últimas non son de todo claras. O caso que comezarei a describir de seguido, colócase coa segunda proposición anteriormente exposta. Veño de coñecer o caso dun coñecido editor, pertencente a unha aínda máis coñecida casa editorial, que considera un valor negativo o feito de expor, de maneira franca aínda que con certo ton irónico (de todas e todos son

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo <em>Listaxes como vidas</em>

Listaxes como vidas

0 comentários 🕔13:00, 17.Set 2014

Estes días, despois de vela circular de muro en muro polos portais do facebook, chegou a min, da man de Verónica Martínez, unha petición para facer unha listaxe cos dez libros que me marcaron co seu estigma despois da súa lectura. Ela, Verónica, engadía un filtro á súa petición, libros lidos antes dos vinte anos. A miña primeira reacción ao recibir o pedido, foi a de rexeitalo sen dar máis explicacións, alén dunha negativa rotunda.

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo Do Éirí Amach a Rábade Paredes

Do Éirí Amach a Rábade Paredes

0 comentários 🕔12:00, 09.Abr 2014

A grea infame pechou xornais, ilegalizou a palabra política en calquera das canles coñecidas. Pola contra, deixou abertas moitas outras. Aquelas que definiran en tempos as máximas do antigo réxime, hoxe tristemente vixente, porque nin a república española, nin a transición bourbónica, deran conta da súa evolución imparable, sendo a devandita transición o corolario desta última. Non hai moito, falaba sobre a compilación poética dos poetas do alzamento da Pascua do 1916 irlandesa. Concluíase, naquel intercambio

LEIA MAIS